Abrir o menú principal

Ricky Rubio

baloncestista español

Ricard "Ricky" Rubio Vives, nado o 21 de outubro de 1990 en Barcelona, é un xogador profesional español de baloncesto que xoga nos Phoenix Suns da National Basketball Association (NBA).

Ricky Rubio
Ricky Rubio Utah (cropped).jpg
Phoenix Suns – No. 11
Base
Información persoal
Nacemento 21 de outubro de 1990 (29 anos)
Cataluña El Masnou, Cataluña
Nacionalidade España España
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)
Peso oficial 86 kg (190 lb)
Información da carreira
NBA Draft 2009 / Rolda: 1 / Elección: 5

Por Minnesota Timberwolves

Carreira dende 2005
Historial de equipos
Joventut Badalona (2005–2009)
Barcelona (2009–2011)
Minnesota Timberwolves (2011–2017)
Utah Jazz (2017–2019)
Phoenix Suns (2019–presente)
Premios e galardóns
Estrela emerxente da Euroliga (2010)
1º Equipo de Rookies NBA (2012)
Información en nba.com

Traxectoria profesionalEditar

EspañaEditar

 
Camiseta asinada de Ricky Rubio (2009)

Rubio debutou na Liga ACB na tempada 2005-06 co DKV Joventut. Ese ano gañou o EuroChallenge co equipo. Liderou a ACB en roubos de balón na tempada 2006-07. Nesa mesma tempada, gañou o premio ao xogador revelación da liga. Rubio ademais foi o mellor xogador novo do ano da FIBA en 2007, 2008 e 2009, que premia ao mellor xogador do ano de 22 anos ou menos.[1] Fixo o seu debut na Euroliga o 24 de outubro de 2006. Gañou a Eurocup co Joventut en 2008. Foi elixido coma o mellor base da ACB en 2008 e 2010.

Na tempada 2008-09 foi elixido coma o mellor xogador defensivo da liga, e ao remate desa tempada, declarouse elixible para o Draft da NBA de 2009.[2][3] Nese ano, fichou polo FC Barcelona, onde estivo dous anos.

NBAEditar

O 1 de xuño de 2011, anunciouse que Rubio e Minnesota chegaron a un acordo para que o xogador chegase aos Timberwolves na tempada 2011-12.

O 17 de xuño de 2011, Rubio fixo unha rolda de prensa na que anunciou a súa fichaxe polos Minnesota Timberwolves.[4] Rubio debutou con Minnesota o 26 de decembro de 2011 no Target Center, que rexistrou un cheo absoluto, primeiro cheo no pavillón dende a tempada 2007-08. Nese partido, Rubio fixo 6 puntos, 5 rebotes e 6 asistencias na derrota por 104-100 contra os Oklahoma City Thunder.[5]

O 30 de xuño de 2017, Rubio foi traspasado ós Utah Jazz a cambio dunha elección da segunda rolda do Draft de 2018.[6]

O 8 de xullo de 2019, Rubio asinou un contrato de tres anos e 51 millóns de dólares cos Phoenix Suns.[7]

NotasEditar

Véxase taménEditar