Maceo Baston

baloncestista estadounidense

Maceo Demond Baston, nado o 29 de maio de 1976 en Corsicana, Texas, é un ex-xogador estadounidense de baloncesto profesional.

Modelo:BiografíaMaceo Baston

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de maio de 1976 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Corsicana, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Míchigan
H. Grady Spruce High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura206 cm Editar o valor en Wikidata
Peso104 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1998 Editar o valor en Wikidata - 2011 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla-pivote Editar o valor en Wikidata
Convocado porChicago Bulls Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1994–1998 Michigan Wolverines
1998–2000 Quad City Thunder
2000–2001 RB Montecatini Terme
2001–2003 Club Joventut de Badalona
2003–2003 Toronto Raptors
2003–2006 Maccabi Tel Aviv B.C.
2006–2007 Indiana Pacers
2007–2008 Toronto Raptors
2008–2009 Indiana Pacers
2010–2010 BC Budivelnik
2010–2010 Obradoiro Clube de Amigos do Baloncesto
2010–2011 Bnei HaSharon

Traxectoria

editar

Baston foi seleccionado na 58ª posición do Draft da NBA de 1998 polos Chicago Bulls, pero non chegou a xogar con eles, así que comezou a xogar coma profesional nos Quad City Thunder da Continental Basketball Association (CBA), onde foi elixido para xogar o All-Star no ano 2000.[1]

O 28 de xullo de 2006, Baston asinou cos Indiana Pacers un contrato de dous anos e 1.8 millóns de dólares, sendo o segundo deles opcional para o xogador. Xogou 47 partidos cos Pacers nos que acadou 3 puntos por encontro. O 11 de xullo de 2007, Baston aceptou unha oferta dos Toronto Raptors por dúas tempadas e 3.8 millóns de dólares.[2] Os Pacers decidiron non igualar a oferta, e Baston converteuse en xogador dos Raptors.[3] O 9 de xullo de 2008, os Pacers ficharon de novo a Baston, nun traspaso que tamén incluíu a Jermaine O'Neal e T.J. Ford.

O 9 de setembro de 2010, anunciouse a súa fichaxe polo Obradoiro CAB da Liga LEB Ouro.[4] Tras participar en tan só dous partidos, o 14 de outubro de 2010, o Obradoiro decidiu rescindir o contrato do xogador.[5]

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar