Aleksandar Đorđević
Aleksandar "Saša" Đorđević (en serbio cirílico: Александар Ђорђевић Саша, transcrito habitualmente como Sasha Djordjevic), nado o 26 de agosto de 1967 en Belgrado, Iugoslavia (actual Serbia) é un ex-xogador e adestrador profesional de baloncesto serbio. Está considerado un dos trinta e cinco mellores xogadores da historia da Euroliga. Cunha altura de 1,88 metros xogaba na posición de base. Actualmente traballa como adestrador do Fenerbahçe Beko.
![]() | |
Fenerbahçe Beko | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 26 de agosto de 1967 (55 anos)![]() |
Altura | 1,88 m (6 ft 2 in) |
Peso oficial | 91 kg (200 lb) |
Posición | Adestrador |
Información da carreira | |
Canteira | Radnicki/Partizan |
Internacional | ![]() |
Historial de equipos | |
Partizan (1983–1992) Olimpia Milano (1992–1994) Fortitudo Bologna (1994–1996) Portland Trail Blazers (1996) FC Barcelona (1997–1999) Real Madrid (1999–2002) Scavolini Pesaro (2002-2005) Olimpia Milano (1995) |
TraxectoriaEditar
Base titular da selección de baloncesto de Iugoslavia dos anos 1990, participou activamente na consecución de importantes éxitos internacionais como a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 1996 de Atlanta, a medalla de ouro no Mundobasket de Grecia de 1998, e tres medallas de ouro en tres edicións do Eurobasket.
Chegou a xogar en Portland Trail Blazers da NBA na tempada 1996-97, aínda que o seu paso polo equipo foi breve xa que só xogou 8 partidos (61 minutos en total) nos que fixo unha media de 3,1 puntos por encontro. Tras o seu retiro como xogador profesional, iniciou a súa carreira como adestrador no club italiano Armani Jeans de Milán. En maio de 2003 obtén a nacionalidade española por carta de natureza outorgada polo consello de ministros.
EquiposEditar
- Partizan (1983–1992)
- Olimpia Milano (1992–1994)
- Fortitudo Bologna (1994–1996)
- Portland Trail Blazers (1996)
- FC Barcelona (1997–1999)
- Real Madrid (1999–2002)
- Scavolini Pesaro (2002-2005)
- Olimpia Milano (1995)
PalmarésEditar
Títulos internacionais de SelecciónEditar
- 1 Medalla de Prata nos Xogos Olímpicos de 1996.
- 1 Medalla de Ouro no Mundobasket de Grecia'1998.
- 3 Medallas de Ouro no Eurobasket de Roma'1991, Atenas'1995 e Barcelona'1997.
- 1 Medalla de Bronce no Eurobasket de Atenas 1987.
- 1 Medalla de Ouro no Mundobasket Júnior de Bormio'1987.
- 1 Medalla de Ouro no Eurobasket Júnior de Gmunden'1986.
- 1 Medalla de Ouro no Eurobasket Xuvenil de Rousse'1985.
Títulos internacionais de ClubEditar
- 1 Euroliga: 1991-1992, co Partizan Belgrado.
- 1 vez subcampión da Euroliga: 1996-1997, co FC Barcelona.
- 3 Copa Korać: 1988-1989 (Partizan Belgrado), 1992-1993 (Phillips Milan] e 1998-1999 (FC Barcelona).
Títulos nacionais de ClubEditar
- En Iugoslavia:
- 3 Ligas de Iugoslavia: 1986-1987, 1990-1991 e 1991-1992, co Partizan Belgrado.
- 2 Copas de Iugoslavia: 1988-1989 e 1991-1992, co Partizan Belgrado.
- En España:
- 3 Liga ACB: 1996-1997 e 1998-1999 co FC Barcelona, e 1999-2000 co Real Madrid.
- 1 vez subcampión da Liga ACB: 2000-2001, co Real Madrid.
- 1 vez subcampión da Copa do Rei: 2000-2001, co Real Madrid.
Distincións individuaisEditar
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Ficha en acb.com
- Estatísticas na NBA Arquivado 15 de setembro de 2010 en Wayback Machine.