Nate Davis
Nate Davis, nado en Columbia (Carolina do Sur), o 20 de outubro de 1953, foi un xogador de baloncesto estadounidense, que xogaba na posición de ala.
Nate Davis | |
---|---|
Posición | Ala |
Altura | 1,94 m (6 ft 4 in) |
Peso oficial | 85 kg (196 lb) |
Nacemento | 25 de outubro de 1953 (69 anos)![]() |
Carreira | |
Tempadas | 1985–2002 |
Canteira | South Carolina (1972−1976) |
Equipo(s) | |
Askatuak Egin (1978-1979) Miñón Valladolid (1979-1982) Obradoiro (1982-1983) OAR Ferrol (1983-1986) | |
Estatísticas (ACB) | |
Puntos | 2 104 (29,2 pp) |
Rebotes | 415 (5,8 pp) |
Asistencias | 40 (0,6 pp) |
Premios | |
Máximo anotador da Liga Española (1980) Máximo anotador da ACB (1984 e 1985) |
Traxectoria Editar
Xogou catro tempadas cos South Carolina Gamecocks da Universidade de Carolina do Sur, anotando 1.345 puntos[1].
Foi elixido na posición 101 do Draft da NBA de 1977 por Chicago Bulls[2], pero non chegou a firmar contrato[3], pasando un ano sen xogar até que José Antonio Gasca o trouxo á liga española co propósito de substituír no Askatuak a un xogador histórico da entidade, Essie Hollis[4]. Malia ir sendo o mellor anotador da liga, non chegou a finalizar a tempada por mor dunhas declaracións a un periódico local nas que criticaba a Gasca, sendo apartado do equipo.[5].
En 1979 fichou polo Miñón Valladolid, e na súa primeira temporada, con Vicente Sanjuán como adestrador, foi o máximo anotador da liga con 29,7 puntos por partido[4], Formou unha gran parella xunto co base Carmelo Cabrera, e eran habituais os alley-oops entre eles, até que a FIBA decidiu prohibilos[6].
Tras probar sen éxito en 1982 nas Ligas de Verán da NBA, regresou a España coa tempada xa comezada, fichando polo Obradoiro CAB para substituír o lesionado Chuck Verdever, pero chegou falto de ritmo, facendo unha tempada discreta[7].
Na tempada seguinte a liga transformouse na ACB, e Davis acabou fichando polo OAR Ferrol, acabando como máximo anotador da liga con 27,8 puntos por partido na súa primeira tempada e repetindo na seguinte con 29,8 puntos[8]. Ma tempada 1985-86, tras 16 partidos disputados, estaba de novo encabezando a lista de máximos anotadores con 29,6 puntos por partido[9], até que nun encontro disputado en Santa Coloma de Gramenet fracturouse a clavícula. En parte por mor da lesión e en parte para marchar canda a súa muller, que contraera o VIH tras unha transfusión de sangue logo do seu segundo parto, marchou de regreso aos EUA, deixando o baloncesto e arruinándose na procura dun tratamento para ela[4].
En novembro de 2013 regresou a Ferrol, recibindo unha homenaxe no Pavillón da Malata[10].
Equipos Editar
Club | País | Tempada(s) |
---|---|---|
South Carolina University | Estados Unidos | 1972−1975 |
Askatuak Egin | España | 1978−1979 |
Miñón Valladolid | España | 1979−1982 |
Obradoiro CAB | Galicia | 1982−1983 |
OAR Ferrol | Galicia | 1983−1986 |
Logros individuais Editar
Foi máximo anotador da Liga española co Miñón Valladolid con 654 puntos (29.73 por partido) na tempada 1979-80, máximo anotador da Liga ACB co OAR Ferrol con 789 puntos na tempada 1983-84 e máximo anotador da Liga ACB co Clesa Ferrol con 840 puntos na tempada 1984-85.
Notas Editar
- ↑ "100 Years of Gamecock Basketball" Arquivado 03 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine., en grfx.cstv.com (en inglés).
- ↑ 1977 NBA Draft, en thedraftreview.com (en inglés).
- ↑ "Nate Davis transactions", en prosportstransactions.com (en inglés).
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Nate Davis: El Extraterrestre" Arquivado 03 de decembro de 2010 en Wayback Machine., artigo en ACB.com (en castelán).
- ↑ "Davis, apartado del Askatuak", artigo en El País, 18 de marzo de 1979 (en castelán).
- ↑ Reglamento de baloncesto comentado.
- ↑ "Aquella temporada en la élite" Arquivado 03 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine., artigo en El Correo Gallego, 22 de xuño de 2009 (en castelán).
- ↑ ACB Máximos Anotadores Arquivado 25 de maio de 2011 en Wayback Machine., en ACB.com (en castelán).
- ↑ Estadísticas de Davis en ACB Arquivado 03 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine., en ACB.com (en castelán).
- ↑ "Nate Davis, cuando el baloncesto era la leche", artigo en Marca, 18 de novembro de 2013 (en castelán).
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- ACB.comArquivado 03 de decembro de 2010 en Wayback Machine.
- "Yo vi jugar a Nate Davis", programa de Informe Robinson, 26 de decembro de 2013 (en castelán).