Juan Fernández García

político galego

Juan José Fernández García, nado en Covas (Ferrol) o 18 de agosto de 1940, é un político galego.

Juan Fernández García
Nacemento18 de agosto de 1940
Lugar de nacementoFerrol
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

É enxeñeiro naval e mariño na reserva. Traballou na E.N. Bazán (actual Navantia), entre os anos 1970 e 1983, acadando o cargo de Director de Proxectos do estaleiro. Foi presidente do OAR Ferrol de 1960 a 1994. Foi deputado no Parlamento Galego en 1989 e desempeñou o cargo de conselleiro de Industria na Xunta de Galicia polo Partido Popular. En 1995 creou un novo partido político, IF (Independientes por Ferrol), co que obtivo 5 concelleiros nas eleccións municipais e despois foi tenente de alcalde do concello de Ferrol entre os anos 2003 e 2007.

Véxase tamén Editar

Outros artigos Editar

Ligazóns externas Editar


Predecesor:
Santos Oujo Bello
  
Conselleiro de Industria e Comercio
 
1990 - 1994
Sucesor:
Antonio Couceiro