Bulgaria (Gl-Bulgaria.ogg pronunciación ) (en búlgaro: България/Balgariya), oficialmente República de Bulgaria (Gl-República de Bulgaria.ogg pronunciación ) (en búlgaro: Република България/Republika Balgariya) é un país situado ao sueste de Europa, na península dos Balcáns. Limita ao norte con Romanía, estando a maior parte da fronteira entre estes dous países conformada polo río Danubio, ao sur con Turquía e Grecia, o oeste con Macedonia do Norte e Serbia e está bañada ao leste polo Mar Negro. Foi aceptada na OTAN no ano 2004 e é membro da Unión Europea dende o 1 de xaneiro de 2007.


Artigo destacado

Sofía (en búlgaro, София) é a capital de Bulgaria, e con 1 270 450 habitantes (ano 2007) a cidade máis poboada do país e a 14ª da Unión Europea. Localízase na rexión oeste de Bulgaria, aos pés do macizo Vitosha. É o centro administrativo, cultural, económico e educativo do estado. Trátase dunha das capitais máis antigas de Europa, remontándose a súa historia até o século VIII a. C., cando os tracios estableceron un asentamento na zona. Sofía tivo varios nomes ao longo da súa existencia, e aínda hoxe se poden ver remanentes da milenaria historia da cidade a carón dos atractivos turísticos modernos...

Biografía destacada

Ivan Minchov Vazov (en búlgaro: Иван Минчов Вазов), nado en Sopot o 27 de xuño de 1850 e finado en Sofía o 22 de setembro de 1921, foi un poeta, novelista e dramaturgo búlgaro, coñecido como "o patriarca da literatura búlgara". Naceu en Sopot, localidade do val das Rosas de Bulgaria (entón parte do Imperio Otomán). As obras de Ivan Vazov transcorren en dúas épocas históricas, o renacemento búlgaro e a época trala independencia...

Sabías que...?

Pirin

Símbolos nacionais

Imaxe destacada

Os sete lagos de Rila
Vexa o artigo Sete lagos de Rila.

Artigos de calidade e bos

Artigos de calidade (1)

Artigos bos (0)

Categorías

Portal Alemaña
Portal Alemaña

Alemaña

Portal España
Portal España

España

Portal Finlandia
Portal Finlandia

Finlandia

Portal Francia
Portal Francia

Francia

Portal Ucraína
Portal Ucraína

Ucraína

Portal Israel
Portal Israel

Israel

Portal Italia
Portal Italia

Italia

Portal Rusia
Portal Rusia

Rusia

Portal Países Baixos
Portal Países Baixos

Países Baixos

Portugal
Portugal

Portugal

Índice de Portais
Índice de Portais

Outros portais