Portal:Ucraína

Lesser Coat of Arms of Ukraine.svg

Ucraína (en ucraínoУкраїна, tr. "Ukraina"[ukrɑˈjinɑ] (AFI)) é unha nación eslava situada, en liñas xerais, entre os mares Negro e Azov e o río Prípiat, entre as planicies húngaras, a foz do Danubio e o río Don. Os ríos Dniéper e Dniéster son, e sempre foron, os límites xeográficos centrais de Ucraína. A cidade de Kiev é a vella capital e o centro da vida cultural ucraína.

Ucraína confina ao sur cos mares Negro e Azov; ao suroeste con Moldavia, Romanía, Hungría e Eslovaquia; ao oeste con Polonia e Belarús; ao norte con Rusia; ao leste o límite de Ucraína atinxe case as estepas do río Volga e a rexión caucásica.

Esténdese por un territorio xeográfico de 603 700 km² e comprende un territorio etnográfico mixto de 945 000 km². Ucraína é o segundo maior país de Europa (detrás de Rusia).

A poboación actual de Ucraína sitúase en case 48 millóns de habitantes.

Artigo destacado

editar

Cernobylmb.jpg
O accidente de Chernóbil foi un accidente nuclear ocorrido o 26 de abril de 1986 na central nuclear de Chernóbil, situada na República Socialista Soviética de Ucraína (actual Ucraína). Un estoupido e un incendio lanzaron grandes cantidades de contaminación radioactiva á atmosfera, que se estendeu sobre gran parte do oeste de Rusia e Europa. Está considerado o peor accidente nunha central nuclear da historia, e foi o primeiro clasificado como de nivel 7 na escala internacional de eventos nucleares. Na batalla para conter a contaminación e para evitar unha catástrofe maior participaron ao redor de 500 000 traballadores, e esta custou uns 18 billóns de rublos, paralizando a economía soviética.

O desastre comezou durante unha proba do sistema o 26 de abril de 1986 no reactor número 4 da central de Chernóbil, próxima á cidade de Pripyat. Durante a proba houbo unha repentina subida de potencia, e, cando se intentou realizar unha parada de emerxencia, produciuse un pico máis extremo no aumento da potencia, que levou a unha serie de estoupidos. Estes estoupidos expuxeron ao grafito usado como moderador do reactor ao aire, causando que se incendiase. O lume resultante enviou unha columna de fume altamente radioactivo á atmosfera, sobre unha extensa área xeográfica, incluíndo a cidade de Pripyat. A columna percorreu grandes zonas do oeste da Unión Soviética e Europa. Dende 1986 ata o 2000, 350 400 persoas foron evacuadas e desprazadas das zonas máis contaminadas de Belarús, Rusia e Ucraína. Segundo datos oficiais post-Unión Soviética, ao redor do 60 % do po radioactivo caeu sobre Belarús.

O accidente amosou a preocupación sobre a seguridade da industria da enerxía nuclear soviética, ademais da enerxía nuclear en xeral, atrasando a súa expansión durante varios anos e forzando ao goberno soviético a ser menos reservado sobre os seus procedementos.

Cidade destacada
Divisións administrativas
Categorías
Biografía destacada

editar

Cardinal Josyp Slipyj.jpg
Yosyf Slipyi (en ucraíno: Йосиф Сліпий), de nome secular Yosyf Kobernytskyi-Dychkovskyi (en ucraíno: Йосиф Коберницький-Дичковський), nado en Zazdrist (Galicia [Imperio austrohúngaro]) o 17 de febreiro de 1892 e finado en Roma o 7 de setembro de 1984, foi un bispo católico ucraíno, arcebispo maior de Lviv e cardeal da Igrexa católica. Preso do réxime soviético dende 1945, foi finalmente liberado en 1963, grazas ás presións do Vaticano e dos Estados Unidos para participar no Concilio Vaticano II.

En 1916 doutorouse no Collegium Canisianum de Innsbruck, e o ano seguinte foi ordenado sacerdote en Lviv (Ucraína), volvendo logo a Innsbruck, e posteriormente a Roma para estudar no Pontificio Instituto Oriental e na Pontificia Universidade Gregoriana, antes de regresar a Lviv, onde en 1926 pasou a ser reitor da Academia Teolóxica de Lviv.

Ao longo da súa vida recibiu numerosos recoñecementos: en 1968, con ocasión da súa visita pastoral ao Canadá e aos Estados Unidos, foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade San Paulo de Ottawa, pola Universidade Loyola de Chicago e pola Universidade Católica de América; e foi tamén distinguido como doutor honoris causa pola Universidade Libre Ucraína, con sede en Múnic.

Imaxe destacada
Sabías que...?

editar

O tranvía de Kiev nos anos 1930.


Artigos de calidade e bos

editar

Nuvola filesystems services.svg Artigos de calidade (0)

Crystal Clear action bookmark Silver.png Artigos bos (2)

Proxectos relacionados
Portais relacionados

editar

Países de Europa
Proxectos irmáns