Igrexa católica bizantina ucraína

Igrexa particular católica de rito bizantino

A Igrexa católica bizantina ucraína, ou Igrexa greco-católica ucraína (en ucraíno: Українська греко-католицька церква, Ukrainska hreko-katolytska tserkva), é a maior Igrexa particular oriental da Igrexa católica. O primado da Igrexa é o arcebispo maior de Kíiv-Galicia e toda a Rus. A Igrexa é unha das sucesoras da aceptación do cristianismo polo gran príncipe Vladímir o Grande de Kíiv, en 988. A Igrexa tense estendido coa diáspora ucraína, e a día de hoxe ten uns 40 xerarcas nunha ducia de países en catro continentes, incluíndo outros tres bispos metropolitanos en Polonia, os Estados Unidos e o Canadá. Dende marzo de 2011 o arcebispo maior é Sviatoslav Shevchuk. Dentro da propia Ucraína, o catolicismo é unha confesión minoritaria, a segunda a distancia da maioría ortodoxa. En canto ao número de fieis, a Igrexa católica ucraína é a terceira igrexa do país, logo da Igrexa ortodoxa ucraína do patriarcado de Moscova e da Igrexa ortodoxa ucraína do patriarcado de Kíiv.

Igrexa greco-católica ucraína
Українська греко-католицька церква
(Ukrainska hreko-katolytska tserkva)
Historia
Fundación988 (implantación do cristianismo en Ucraína)
1595 (Unión de Brest)
MotivoVolta á comuñón coa Santa Sé da Igrexa rutena
Separada deIgrexa ortodoxa
Parte deIgrexa católica
Goberno
Tipo de gobernoEpiscopal
PapaLeón XIV
Arcebispo maiorSviatoslav Shevchuk
EstruturaEstruturada en 30 dioceses
Clasificación
GrupoCatolicismo
OrientaciónCristianismo oriental
Demografía e cultura
Fieismáis de 4 200 000
PaísesUcraína, Polonia, América do Norte, América do Sur, Europa
Linguas litúrxicasEslavo eclesiástico, ucraíno e demais linguas vernáculas
Ritos litúrxicosBizantino
Outros datos
Sede centralKíiv
Páxina webugcc.org.ua

Estrutura

editar
 
Igrexa greco-católica ucraína de San Xoán Bautista de Otava, Canadá.

A Igrexa moveu a súa sede central de Lviv a Kíiv o 21 de agosto de 2005. O título da cabeza da Igrexa cambiouse de arcebispo maior de Lviv a arcebispo maior de Kíiv-Galicia. A día de hoxe, as xurisdicións territoriais da Igrexa son as seguintes:

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Gudziak, Borys (2001). Ukrainian Research Institute, Harvard University, ed. Crisis and Reform: The Kyivan Metropolitanate, the Patriarchate of Constantinople, and the Genesis of the Union of Brest (en inglés). Harvard University. ISBN 9780916458928. 
  • Likowski, Edward (1907). Unia brzeska (r. 1596.) (en polaco). Skład Główny w Księgarni Gebethnera i Wollfa. 

Ligazóns externas

editar