Eparquía católica ucraína de Buenos Aires

A eparquía de Santa María do Patrocinio de Buenos Aires (en latín: Eparchia Sanctae Mariae a Patrocinio Bonaërensis Ucrainorum) é unha sé da Igrexa Católica Ucraína sufragánea da arquidiocese de Buenos Aires. En 2009 tiña 166.400 bautizados.[1] Dende 2016 o seu bispo é Daniel Kozelinski Netto.

Eparquía de Santa María do Patrocinio de Buenos Aires dos Ucraínos
Eparchia Sanctae Mariae a Patrocinio Bonaërensis Ucrainorum
Datos xerais
Erixida9 de abril de 1968
LocalizaciónArxentina
Sufragánea deArquidiocese de Buenos Aires dos Latinos
Poboación
- Fieis

166.400[1]
Información
Igrexa particularIgrexa Ucraína
RitosBizantino
Xerarquía
PapaFrancisco
Arcebispo MaiorSviatoslav Shevchuk
BispoDaniel Kozelinski Netto

Territorio editar

A eparquía ten xurisdición sobre todos os fieis católicos ucraínos da Arxentina. A sé episcopal é a cidade de Buenos Aires, onde está a catedral de Santa María do Patrocinio. O territorio está organizado en 20 parroquias.

Historia editar

O 9 de abril de 1968 foi erixido o exarcado arquiepiscopal da Arxentina para os fieis ucraínos, até entón baixo xurisdición do ordinariato para os fieis de rito oriental da Arxentina.

O 24 de abril de 1978o exarcado foi elevado a eparquía coa bula Cum praeterito do papa Paulo VI.

Episcopoloxio editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Secretariado de Estado da Santa Sé (edición) (2014). Libreria Editrice Vaticana, ed. Annuario Pontificio 2014. ISBN 9788820992934. 

Véxase tamén editar