Sviatoslav Shevchuk
Sviatoslav Shevchuk (en ucraíno: Святослав Шевчук), nado en Stryi, RSS de Ucraína o 5 de maio de 1970, é un eclesiástico católico ucraíno que dende o 25 de marzo de 2011 é o arcebispo maior de Kíiv-Galicia e arcebispo metropolita de Kíiv e, xa que logo, cabeza da Igrexa católica bizantina ucraína.
Святослав Шевчук Sviatoslav Shevchuk | |
---|---|
![]() | |
Arcebispo Maior da Igrexa católica bizantina ucraína | |
Biografía | |
Nacemento | 5 de maio de 1970 en Stryi, Ucraína |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 26 de xuño de 1994, por Myroslav Ivan Liubachivskyi |
Consagración episcopal | 7 de abril de 2009, por Ihor Vozniak |
Arcebispo Maior de Kíiv-Galicia | |
2011 - actualidade | |
Predecesor | Liubomyr Huzar |
Outros | |
![]() Escudo de Sviatoslav Shevchuk | |
Гдь просвѣщенїє моє и спаситель мой | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
TraxectoriaEditar
Primeiros anosEditar
Sviatoslav Shevchuk foi ordenado sacerdote o 26 de xuño de 1994, logo de estudar no seminario clandestino ucraíno entre 1983 e 1989. Entre 2002 e 2005 traballou como secretario xefe do Arcebispo Maior Liubomyr Huzar.[1] En 2006 obtivo un doutoramento en teoloxía pola Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino, e foi reitor do seminario de Lviv.[2]
Bispo auxiliar e administrador de Buenos AiresEditar
O 14 de xaneiro de 2009 foi nomeado bispo auxiliar da eparquía de Buenos Aires e consagrado bispo o 7 de abril do mesmo ano polo arcebispo Ihor Vozniak. O 10 de abril de 2010 foi nomeado administrador apostólico da mesma diocese.[3] Ademais de ucraíno, coñece o castelán, polaco, ruso, inglés, italiano, grego, latín e eslavo antigo.
Arcebispo Maior de Kíiv-GaliciaEditar
O 23 de marzo de 2011 foi elixido Arcebispo Maior da Igrexa Católica Bizantina Ucraína logo da renuncia de Liubomyr Huzar. Esta decisión foi confirmada polo papa Bieito XVI o 25 de marzo de 2011.[4][5]
O 29 de marzo de 2011 o Arcebispo Maior Shevchuk dixo nunha conferencia de prensa en Kíiv que ía visitar ao Santo Pai e que o Sínodo dos Bispos da ICBU preparara unha serie de propostas ao papa, entre elas a posibilidade de elevar á Igrexa Ucraína ao rango de patriarcado.[6] O 12 de xuño de 2012 Sviatoslav Shevchuk foi nomeado membro do Consello Pontificio para a Promoción da Unidade dos Cristiáns.[7]
O 1 de outubro de 2017 celebrou a Divina Liturxia en Minsk nun templo greco-católico belaruso; foi primeira vez dende a supresión da Unión que o metropolita de Kíiv celebraba no territorio de Belarús.
NotasEditar
- ↑ "УНІАН: Главою УГКЦ став єпископ Святослав (Шевчук)" (en ucraíno). Consultado o 7 de agosto de 2013.
- ↑ "Consagración episcopal de Mons. Sviatoslav Shevchuk" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 7 de agosto de 2013.
- ↑ "Bishop Sviatoslav Shevchuk (Catholic-Hierarchy)" (en inglés). Consultado o 7 de agosto de 2013.
- ↑ "Argentinian Bishop Sviatoslav Shevchuk became new head of Ukrainian Greek Catholic Church" (en inglés). Consultado o 7 de agosto de 2013.
- ↑ "Conferma all'elezione dell'Arcivescovo Maggiore di Kyiv-Halyc (Ucraina)" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2012. Consultado o 7 de agosto de 2013.
- ↑ "Major Archbishop Sviatoslav to ask Pope to grant Ukrainian Greek Catholic Church status of patriarchate – Ukrainian news. Interfax-Ukraine" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2012. Consultado o 7 de agosto de 2013.
- ↑ "NOMINA DI MEMBRI E CONSULTORI DEL PONTIFICIO CONSIGLIO PER LA PROMOZIONE DELL’UNITÀ DEI CRISTIANI" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2012. Consultado o 7 de agosto de 2013.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Páxina oficial de Sviatoslav Shevchuk en Facebook
- Páxina oficial de Sviatoslav Shevchuk en VK
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Mykhail Mykytsei (Bispo) |
Administrador apostólico de Santa María do Patrocinio en Bos Aires 10 de abril de 2010 - 25 de marzo de 2011 |
Sucesor: Daniel Kozelinski Netto |
Predecesor: Liubomyr Huzar |
Arcebispo Maior de Kíiv-Galicia 25 de marzo de 2011 - actualidade |
Sucesor: (No cargo) |
Predecesor: Liubomyr Huzar |
Arcebispo de Kíiv 25 de marzo de 2011 - actualidade |
Sucesor: (No cargo) |