Liubomyr Huzar

Arcebispo e cardeal ucraíno

Liubomyr Huzar (en ucraíno: Любомир Гузар), nado en Lviv o 26 de febreiro de 1933 e finado o 31 de maio de 2017, foi un arcebispo e cardeal ucraíno, arcebispo maior da Igrexa Católica Bizantina Ucraína entre 2001 e 2011.

Любомир Гузар
Liubomyr Huzar
Arcebispo Maior da Igrexa Católica Bizantina Ucraína
Biografía
Nacemento26 de febreiro de 1933 en Lviv, Ucraína
Pasamento31 de maio de 2017 (85 anos)
Ordes
Ordenación sacerdotal30 de marzo de 1958, por Ambrosii Senyshyn
Consagración episcopal2 de abril de 1977, por Yosyf Slipyi
Creado cardeal21 de febreiro de 2001, por Xoán Paulo II
Elixido patriarca25 de xaneiro de 2001
Arcebispo maior de Kíiv-Galicia
Cardeal-Presbítero de Santa Sofia a Via Boccea
2001 - 2011
PredecesorMyroslav Ivan Liubachivskyi
SucesorSviatoslav Shevchuk
Outros

Escudo de Liubomyr Huzar
Наша надія в Господі
Ficha en catholic-hierarchy.org

Traxectoria editar

Liubomyr Huzar, fillo de Yaroslav e Rotyslava, de apelido de solteira Demezuk, naceu en Lviv o 26 de febreiro de 1933, onde cursou a súa educación básica.[1][2][3] Durante a segunda guerra mundial a familia tivo que deixar Ucraína, e inicialmente trasladouse a Austria, continuando Liubomyr os seus estudos en Salzburgo.[3][1] En 1949 emigrou cos seus pais aos Estados Unidos.[2][3][1] Estudou Filosofía no Seminario Católico Ucraíno de San Basilio até 1954 e Teoloxía na Universidade Católica de América.[2][3][4][1]

Foi ordenado sacerdote da exarcado apostólico de Stamford o 30 de marzo de 1958 polo seu bispo, Ambrosii Senyshyn.[3][4][1] Inicialmente traballou como profesor no seminario de Stamford, exercendo o seu ministerio en Kerhonkson, Soyuzivka e Ellenville.[4][1] Ao mesmo tempo ampliou os seus estudos no eido filosófico na Universidade de Fordham, graduándose en 1967.[4] En 1969 marchou a Roma onde se doutorou en Teoloxía pola Pontificia Universidade Urbaniana, cunha tese baixo a dirección de Janez Vodopivec co título "Andrej Sheptycky, Metropolitan of Halych 1900-1944: a pioneer of Ecumenism".[5][3][4][1]

En 1972 entrou no mosteiro de San Teodoro dos estuditas en Grottaferrata,[3][4] e o 24 de xuño de 1973 profesou como membro da orde dos Monxes Estuditas Ucraínos.[1] O 2 de abril de 1977 foi ordenado bispo por Yosyf Slipyi no mosteiro estudita de Castel Gandolfo.[4][3][1] A consagración foi realizada en segredo por mor das sospeitas de Slipyi de que a Santa Sé estaba a evitar calquera enfrontamento coas autoridades soviéticas, e Slipyi decidiu asegurar o futuro da Igrexa ucraína coa consagración de tres bispos.[3][6]

O mesmo Slipyi nomeouno en 1978 arquimandrita do mosteiro de San Teodoro e responsable dos mosteiros estuditas fóra de Italia.[3][4][1] Por outra banda, entre 1973 e 1984 foi profesor da Pontificia Universidade Urbaniana.[3][4]

O 22 de febreiro de 1996 foi nomeado bispo titular de Nisa in Lycia, e o 2 de abril seguinte foi nomeado exarca arquiepiscopal de Kíiv-Vyshhorod.[3] Porén, ao pouco tempo, o 14 de outubro foi nomeado bispo auxiliar de Lviv, onde estaba a sé arquiepiscopal.[3][4][1]

O 25 de xaneiro de 2001 o Sínodo da Igrexa Católica Ucraína elixiuno como arcebispo maior de Lviv, e confirmado polo papa Xoán Paulo II ao día seguinte.[3][4][1] O mesmo papa creouno cardeal o 21 de febreiro seguinte, co título de Cardeal-Presbítero de Santa Sofia a Via Boccea.[3][4][1]

O 29 de agosto de 2005 a sé arquiepiscopal maior foi trasladada a Kíiv, tomando entón o título de “Arcebispo Maior de Kíiv-Galicia”.[3][4] Renunciou ao goberno da Igrexa ucraína o 10 de febreiro de 2011.[3][4] Logo da súa renuncia continuou a súa actividade como figura pública.[3]

Obra editar

  • Andrej Sheptycky, Metropolitan of Halych 1900-1944: a pioneer of Ecumenism [Andrej Sheptycky, metropolitano de Halych 1900-1944: un pioneiro do ecumenismo] (en inglés). Roma: Pontificia Universidade Urbaniana. 1972. 
  • Ecumenical mission of the Eastern Catholic Churches in the vision of Metropolitan Sheptycky [Misión ecuménica das igrexas católicas orientais na visión do metropolitano Sheptycky] (en inglés). Roma: Pontificia Universidade Urbaniana. 1975. 
  • У пошуках гармонії U poshukakh harmonii [En busca da harmonía] (en ucraíno). Lviv: Інститут історії церкви. 2001. 
  • Проповіді Блаженнішого Любомира, Верховного Архиєпископа Києво-Галицького Propovidi Blazhennishoho Liubomyra, Verkhovnoho Arkhyiepyskopa Kyievo-Halytskoho [Sermóns de Súa Beatitude Liubomyr, Arcebispo Maior de Kíiv-Halych] (en ucraíno). Lviv: Друкарські куншти. 2006. 

Premios e distincións editar

Foi nomeado doutor honoris causa en Letras Humanísticas pola Universidade Católica de América en 2007.[7][8]

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 Adinolfi, Mario (2005). Il conclave: storia, regole e protagonisti dell'elezione più misteriosa del mondo (en italiano). HALLEY Editrice. pp. 163–164. ISBN 9788875890711. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Ivan Katchanovski, Zenon E. Kohut, Bohdan Y. Nebesio, Myroslav Yurkevich (2013). Historical Dictionary of Ukraine. Scarecrow Press. pp. 230–231. ISBN 9780810878471. 
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 3,12 3,13 3,14 3,15 3,16 3,17 Leído por Sviatoslav Shevchuk no funeral de Liubomyr Huzar, preparado por Borys Gudziak. "Patriarch Lubomyr Husar – a true moral authority". Information Resource of Ukrainian Greek Catholic Church (news.ugcc.ua) (en inglés). 6 de xuño de 2017. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2020. Consultado o 6/11/2018. 
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 4,12 4,13 "UGCC marks 55th anniversary of priestly ordination of Archbishop emeritus Lubomy Husar". 1 de abril de 2013. 
  5. Husar, Lubomyr (1972). Andrej Sheptycky, Metropolitan of Halych 1900-1944: a pioneer of Ecumenism. Pontificia Universidade Urbaniana. 
  6. Os outros dos bispos consagrados canda el foron Ivan Khoma e Stepan Chmil.
  7. "Catholic University Mourns the Passing of Cardinal Lubomyr Husar". The Catholic University of America (en inglés). 2 de xuño de 2017. Cardinal Husar was a University alumnus and the recipient of an honorary degree in 2007. Catholic University bestowed upon Cardinal Husar the Doctor of Humane Letters, honoris causa, describing him as “an example to all Christians called to place their trust in the Lord.” 
  8. "Honorary Degrees Conferred by The Catholic University of America" (PDF). The Catholic University of America (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12/08/2018. Consultado o 30/11/2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Yosafat Bulhak
(Como último metropolita de Kíiv antes da supresión forzada da Igrexa Católica Ucraína nos territorios do Imperio Ruso no Sínodo de Polotsk)
 Exarca arquiepiscopal de Kíiv-Vyshhorod 
1996
Sucesor:
Mykhailo Koltun
Predecesor:
Myroslav Ivan Liubachivskyi
 Arcebispo de Lviv dos Ucraínos 
20012004
Sucesor:
Ihor Vozniak
Predecesor:
Myroslav Ivan Liubachivskyi
 Arcebispo Maior de Lviv 
20012005
Sucesor:
(Traslado da sé a Kíiv)
Predecesor:
Vasylii Ihor Medvit
 Arcebispo de Kíiv dos Ucraínos 
20042011
Sucesor:
Sviatoslav Shevchuk
Predecesor:
(Traslado da sé dende Lviv)
 Arcebispo Maior de Kíiv-Galicia 
20052011
Sucesor:
Sviatoslav Shevchuk
Predecesor:
Myroslav Ivan Liubachivskyi
 Cardeal-Presbítero de Santa Sofia a Via Boccea 
2001 - actualidade
Sucesor:
(no cargo)