Igrexa católica bizantina ucraína

(Redirixido desde "Igrexa Católica Bizantina Ucraína")

A Igrexa católica bizantina ucraína, ou Igrexa greco-católica ucraína (en ucraíno: Українська Греко-Католицька Церква, Ukrainska Hreko-Katolytska Tserkva), é a maior Igrexa particular oriental da Igrexa católica. O primado da Igrexa é o arcebispo maior de Kiev-Galicia e toda a Rus. A Igrexa é unha das sucesoras da aceptación do cristianismo polo gran príncipe Vladímir o Grande de Kiev, en 988. A Igrexa tense estendido coa diáspora ucraína, e a día de hoxe ten uns 40 xerarcas nunha ducia de países en catro continentes, incluíndo outros tres bispos metropolitanos en Polonia, Estados Unidos e Canadá. Dende marzo de 2011 o arcebispo maior é Sviatoslav Shevchuk. Dentro da propia Ucraína, o catolicismo é unha confesión minoritaria, a segunda a distancia da maioría ortodoxa. En canto ao número de fieis, a Igrexa católica ucraína é a terceira igrexa do país, logo da Igrexa ortodoxa ucraína do patriarcado de Moscova e da Igrexa ortodoxa ucraína do patriarcado de Kiev.

Igrexa greco-católica ucraína
Українська Греко-Католицька Церква
(Ukrainska Hreko-Katolytska Tserkva)
Historia
Fundación 988 (implantación do cristianismo en Ucraína)
1595 (Unión de Brest)
Motivo Volta á comuñón coa Santa Sé da Igrexa rutena
Separada de Igrexa ortodoxa
Parte de Igrexa católica
Goberno
Tipo de goberno Episcopal
Papa Francisco
Arcebispo maior Sviatoslav Shevchuk
Estrutura Estruturada en 30 dioceses
Clasificación
Grupo Catolicismo
Orientación Cristianismo oriental
Demografía e cultura
Fieis máis de 4 200 000
Países Ucraína, Polonia, América do Norte, América do Sur, Europa
Linguas litúrxicas Eslavo eclesiástico, ucraíno e demais linguas vernáculas
Ritos litúrxicos Bizantino
Outros datos
Sede central Kiev
Páxina web ugcc.org.ua

Índice

OrganizaciónEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Gudziak, Borys (2001). Ukrainian Research Institute, Harvard University, ed. Crisis and Reform: The Kyivan Metropolitanate, the Patriarchate of Constantinople, and the Genesis of the Union of Brest (en inglés). Harvard University. ISBN 9780916458928. 
  • Likowski, Edward (1907). Unia brzeska (r. 1596.) (en polaco). Skład Główny w Księgarni Gebethnera i Wollfa. 

Ligazóns externasEditar