Borys Gudziak, nado o 24 de novembro de 1960 en Syracuse (Estados Unidos de América), é un eclesiástico greco-católico ucraíno-estadounidense, dende 2019 metropolita de Filadelfia.

Modelo:BiografíaBorys Gudziak

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de novembro de 1960 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Syracuse, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Arcebispo católico
18 de febreiro de 2019 –
← Stefan Soroka
Bispo diocesano
19 de xaneiro de 2013 – 18 de febreiro de 2019
← el mesmo
Bispo titular
21 de xullo de 2012 – 19 de xaneiro de 2013
← Dimitrios Salachas (pt) TraducirManuel Nin →
Apostolic exarch (en) Traducir
21 de xullo de 2012 – 19 de xaneiro de 2013
← Michel Hrynchyshyn (en) Traducirel mesmo →
Bispo católico oriental
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoUkrainian Americans (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica e Igrexa católica bizantina ucraína Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Syracuse
Pontificio Instituto Oriental
Pontificia Universidade Urbaniana
Universidade Harvard
Christian Brothers Academy (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (2012–), sacerdote católico (1998–), diácono (1998–), teólogo, presbítero greco-católico, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Harvard Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónSviatoslav Shevchuk Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Facebook: borys.gudziak Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Naceu nunha familia de inmigrantes ucraínos en Syracuse. Graduouse pola Universidade de Syracuse en Filosofía e Bioloxía en 1980, e posteriormente continuou os seus estudos na Pontificia Universidade Urbaniana de Roma, graduándose en Teoloxía en 1983. No mesmo ano comezou os estudos de doutoramento nun programa interdepartamental de Historia cultural bizantina e eslava na Universidade Harvard, doutorándose en 1992 coa tese "Crisis and Reform: The Kyivan Metropolitanate, the Patriarchate of Constantinople, and the Genesis of the Union of Brest", publicada polo Harvard Ukrainian Research Institute en 1998.

En 1992 trasladouse a Lviv, onde fundou o Instituto de Historia Eclesiástica, do que foi o primeiro director até outubro de 2002. En 1993 foi nomeado presidente da Comisión para a Renovación da Academia Teolóxica de Lviv polo arcebispo maior Myroslav Ivan Liubachivskyi, e entre 1995 e 2000 foi reitor da devandita Academia, e posteriormente reitor até 2002. En 2002 pasou a ser reitor da Universidade Católica Ucraína, e posteriormente o seu presidente. Foi ordenado sacerdote o 26 de novembro de 1998 na catedral de San Xurxo de Lviv polo bispo Sofron Mudryi e incardinado na arquieparquía de Lviv. É autor de máis de 50 estudos sobre historia eclesiástica, formación teolóxica, e diferentes aspectos culturais.

O 21 de xullo de 2012 foi nomeado polo papa Bieito XVI exarca apostólico de Francia e bispo titular de Carcabia. Recibiu a consagración episcopal o 26 de agosto de mans do arcebispo maior Sviatoslav Shevchuk, e tivo como co-consagrantes principais ao arcebispo de Lviv Ihor Vozniak e ao exarca apostólico de Gran Bretaña Hlib Lonchyna.[1] Tomou posesión da sé nunha divina liturxia o 2 de decembro do mesmo ano. Coa elevación da sé ao rango de eparquía, Gudziak pasou a ser o bispo de San Vladimiro Magno de París, con xurisdición sobre os fieis da Igrexa católica ucraína de Francia, Bélxica, os Países Baixos, Luxemburgo e Suíza.

O 18 de febreiro de 2019 foi nomeado arcebispo metropolita de Filadelfia.[2] Como administrador apostólico da eparquía de San Vladimiro Magno de París foi nomeado no mesmo día Hlib Lonchyna.[2]

  • Ukrainian Religious Life During the First Five Years of Independence [A vida relixiosa ucraína durante os primeiros cinco anos de independencia]. 1997. 
  • Crisis and reform: the Kyivan Metropolitanate, the Patriarchate of Constantinople, and the genesis of the Union of Brest [Crise e reforma: o metropolitanato de Kiev, o patriarcado de Constantinopla, e a xénese da Unión de Brest]. 1998. 
  • Начало обичноє. Проповіді (Nachalo obychnoie. Propovidi) [Comezar é complicado. Sermóns]. 2008. 

Premios e distincións

editar

En 2006 recibiu o Premio Antonovych.[3] En maio de 2018 foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade de Syracuse.[4] En agosto de 2018 recibiu o premio Vasyl Stus.[5]

  1. "Владика Борис (Ґудзяк), Єпарх Паризький" Vladyka Borys Gudziak, Yeparkh Paryzkyi. Катедра Святого Володимира Великого в Парижі (Katedra Sviatoho Volodymyra Velykoho v Paryzhi) (en ucraíno). Arquivado dende o orixinal o 23/09/2018. Consultado o 23/09/2018. 26 серпня 2012 року, в архитедральному соборі Святого Юра у Львові відбулася архиєрейська хіротонія отця Бориса Ґудзяка, яку очолив Блаженніший Святослав (Шевчук), Глава УГКЦ, а спів святителями стали архиєпископ Ігор (Возьняк), митрополит Львівський та єпископ Гліб (Лончина), апостольський екзарх для українців-католиків у Великобританії. 
  2. 2,0 2,1 "Nomina dell’Arcivescovo Metropolita di Philadelphia degli Ucraini (U.S.A.)". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en italiano) (Sala Stampa della Santa Sede) (B0137). 18 de febreiro de 2019. Il Papa ha nominato Arcivescovo Metropolita di Philadelphia degli Ucraini (U.S.A.) S.E. Mons. Borys Gudziak trasferendolo dall’Eparchia di Saint Vladimir-Le-Grand de Paris degli Ucraini (Francia) [...] Il Santo Padre ha nominato Amministratore Apostolico sede vacante dell’Eparchia di Saint Vladimir-Le-Grand de Paris degli Ucraini (Francia) S.E. Mons. Kyr Hlyb Borys Sviatoslav Lonchyna [...] 
  3. "Подяка Бориса Гудзяка за благословення Антоновичів" Podiaka Borysa Hudziaka za blahoslovennia Antonovichiv [Agradecemento de Borys Gudziak pola distinción Antonovych]. ZIK.ua (en ucraíno). 21 de maio de 2007. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2018. Consultado o 20/09/2018. 
  4. "Honorary Degree Recipient Bishop Borys Gudziak, President of Ukrainian Catholic Church, to Give May 8 Lecture" [O distinguido como honoris causa Borys Gudziak, presidente da Igrexa católica ucraína, dará unha lección maxistral o 8 de maio]. Syracuse University News (en inglés). 3 de maio de 2018. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2018. Consultado o 20/09/2018. 
  5. "Bishop of UGCC Borys Gidziak nominated for Vasyl Stus Award". Religious Information Service of Ukraine (en inglés). 27 de agosto de 2018. Consultado o 24/09/2018. Bishop of the Ukrainian Greek Catholic Church and President of the Ukrainian Catholic University Borys (Gudziak) became the winner of this year's Vasyl Stus Award [...]