Arquieparquía católica ucraína de Filadelfia

A arquieparquía de Filadelfia (en latín: Archieparchia Philadelphiensis Ucrainorum) é unha sé metropolitana católica ucraína. En 2010 tiña 14.980 bautizados. O seu arcebispo actual é Stefan Soroka.

Arquieparquía de Filadelfia
Archieparchia Philadelphiensis Ucrainorum
Datos xerais
Erixida28 de maio de 1913
LocalizaciónEstados Unidos
SufragáneasChicago, Parma, Stamford
Estatísticas
Poboación
- Fieis

14.980
Parroquias66
Información
Igrexa particularIgrexa Católica Ucraína
RitosRito bizantino
Xerarquía
PapaFrancisco
Arcebispo MaiorSviatoslav Shevchuk
ArcebispoStefan Soroka
Outros datos
Ukrainian Catholic Archeparchy of Philadelphia map.png

TerritorioEditar

A eparquía abrangue os distrito federal de Washington, D.C., e os estados de Virxinia, Maryland e Nova Jersey, e a parte oriental do de Pensilvania, até os condados de Potter, Clinton, Centre, Mifflin, Huntingdon e Fulton. A sé arquidiocesana é a cidade de Filadelfia, onde está a catedral da Inmaculada Concepción. O territorio está organizado en 66 parroquias.

HistoriaEditar

O 28 de maio de 1913 o papa Pío X erixiu un ordinariato para os fieis de rito oriental nos Estados Unidos.

O 8 de maio de 1924 o ordinariato foi elevado a exarcado apostólico.

O 10 de xullo de 1958 o exarcado apostólico foi elevado ao rango de arquieparquía metropolitana, e tomou o nome actual.

O 14 de xullo de 1961 cedeu os territorios ao oeste de Ohio e dos ríos Missouri e Mississippi para erixir a eparquía de San Nicolao de Chicago.

O 5 de decembro de 1983 cedeu os territorios dos estados de Ohio, Kentucky, Tennessee, Mississippi, Alabama, Xeorxia, a Florida, Carolina do Norte e do Sur, Virxinia Occidental e a parte occidental de Pensilvania para erixir a eparquía de San Xosafat de Parma.

EpiscopoloxioEditar

NotasEditar

  1. Blazejowskyj, Dmytro (1990). Hierarchy of the Kyivan Church (861-1990). Roma: Editiones Universitatis Catholicae Ucrainorum S. Clementi Papae. p. 354. OCLC 22834909. 

Véxase taménEditar