Edward Likowski
Edward Likowski, nado o 26 de setembro de 1836 en Wreschen[1] (Reino de Prusia) e finado o 20 de febreiro de 1915 en Posen (Reino de Prusia), foi un eclesiástico católico latino polaco, arcebispo metropolitano de Gniezno e Poznań e primado de Polonia dende 1914 até o seu pasamento.
Edward Likowski | |
---|---|
![]() | |
Arcebispo da Igrexa Católica Latina | |
Biografía | |
Nacemento | 26 de setembro de 1836 en Wreschen, Reino de Prusia |
Pasamento | 20 de febreiro de 1915 en Posen, Reino de Prusia |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 21 de decembro de 1861 |
Consagración episcopal | 1 de maio de 1887, por Julius Dinder |
Arcebispo metropolitano de Gniezno e Poznań Primado de Polonia | |
1914 - 1915 | |
Predecesor | Florian Stablewski |
Sucesor | Edmund Dalbor |
Outros | |
![]() Escudo de Edward Likowski | |
Gratia Dei sum id quod sum (Por graza de Deus son quen son) | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
TraxectoriaEditar
O 21 de decembro de 1861 foi ordenado sacerdote da arquidiocese católica latina de Gniezno e Poznań.[1] Logo da súa ordenación, exerceu o seu ministerio como capelán e profesor de relixión durante catro anos.[1] En 1865 foi nomeado profesor de Historia da Igrexa e Dereito canónico, e ao ano seguinte obtivo da Academia de Münster o título de Doutor en Teoloxía.[1]
O 17 de marzo de 1887 foi nomeado bispo auxiliar de Gniezno e Poznań, e bispo titular de Aureliopolis in Lydia. Recibiu a ordenación episcopal o 1 de maio de 1887 de mans do arcebispo Julius Dinder.
O 13 de agosto de 1914 foi nomeado arcebispo metropolitano de arquidiocese católica latina de Gniezno e Poznań. Finou no cargo ao ano seguinte, o 20 de febreiro de 1915.
ObraEditar
- Historia unii Kościoła ruskiego z Kościołem rzymskim. Poznań. 1875.
- Dzieje kościoła unickiego na Litwie i Rusi w XVII i XIX wieku uważane głównie ze względu na przyczyny jego upadku. Poznań. 1880.
- Unia brzeska (r.1596). Poznań. 1896.
- Synody diecezji chełmińskiej obrządku wschodniego. Poznań. 1902.