Ivan Khoma[1] (en ucraíno: Іван Хома), nado en Khyriv (rexión de Lviv, Ucraína) o 27 de novembro de 1923[2][3] e finado en Roma o 3 de febreiro de 2006, foi un eclesiástico católico ucraíno, bispo de Przemyśl, Sambor e Sanok entre 1977 e 1991, e reitor da Universidade Católica Ucraína entre 1985 e 2001.

Modelo:BiografíaIvan Khoma
Biografía
Nacemento27 de novembro de 1923 Editar o valor en Wikidata
Khyriv, Ucraína (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte3 de febreiro de 2006 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Bispo titular
22 de febreiro de 1996 –
Diocese: Patara (en) Traducir
Bispo diocesano
2 de abril de 1977 – 16 de xuño de 1991
← Volodymyr Sterniuk (en) TraducirJan Martyniak →
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónPontificia Universidade Urbaniana Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoChurch‘s ministry (en) Traducir e historia do cristianismo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbispo católico (1977–), sacerdote católico (1949–), profesor universitario, historiador da igrexa Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónYosyf Slipyi Editar o valor en Wikidata

Find a Grave: 61433027 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Durante a guerra marchou a Italia, estudando a partir de 1946 no Pontificio Colexio de San Xosafat, e posteriormente doutorouse en Teoloxía pola Pontificia Universidade Urbaniana.[3]

O 29 de xuño de 1949 foi ordenado sacerdote da eparquía de Przemyśl[2] por Ivan Buchko, de quen pasou a ser secretario.[3]

Foi tamén secretario de Yosyf Slipyi,[3] e o 2 de abril de 1977,[2] en Roma, foi ordenado bispo de Przemyśl, Sambor e Sanok, polo arcebispo maior de Lviv Yosyf Slipyi; a consagración fíxose sen aprobación papal, e aínda que Slipyi non a precisaba, causou malestar na Curia.

Renunciou á sé o 16 de xuño de 1991, e o 22 de febreiro de 1996 foi nomeado bispo titular de Patara por Xoán Paulo II e Procurador en Roma do Arcebispo Maior de Lviv.[2] Entre 1965 e 1999 ensinou Historia da Igrexa na Universidade Católica Ucraína, da que foi reitor entre 1985 e 2001.

Finou en Roma, o 3 de febreiro de 2006.[4]

  • Нарис історії Вселенської Церкви. 1990. 
  • Josyf Slipyj. La Casa di Matriona. 
  1. Tamén citado como Ivan Choma e Iwan Choma.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Secretaría de Estado (2000). Libreria Editrice Vaticana, ed. Annuario Pontificio (en italiano). Cidade do Vaticano. p. 1011. ISBN 978-88-209-6200-5. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Книга пам'яті. 1944-2004: До 60-річчя польсько-українських кривавих подій на Закерзонні (en ucraíno). Сполом. 2004. p. 116. ISBN 9666652315. 
  4. Congregación para as Igrexas Orientais, ed. (2006). "Servizio Informazioni Chiese Orientali". Cidade do Vaticano: 211. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Yosafat Kotsylovskyi
(bispo, 1917 - 1947)
Vasyl Hrynyk
(vigairo xeral, 1947 - 1977)
 Bispo de Przemyśl, Sambor e Sanok 
1977 - 1991
Sucesor:
Jan Martyniak