Arquidiocese católica latina de Buenos Aires
A arquidiocese de Buenos Aires (en latín: Archidiœcesis bonaerensis) é unha sé metropolitana da Igrexa Católica Latina. En 2012 tiña 2 671 000 bautizados sobre unha poboación total de 2 917 000 habitantes. O seu ordinario, dende 2013, é Mario Aurelio Poli.
Arquidiocese de Buenos Aires Archidiœcesis bonaerensis | |
---|---|
![]() | |
Datos xerais | |
Erixida | 6 de abril de 1620 |
Localización | Arxentina |
Sufragáneas | Avellaneda-Lanús, Gregorio de Laferrère, Lomas de Zamora, Merlo-Moreno, Morón, Quilmes, San Sarbelio en Buenos Aires, San Isidro, San Justo, San Martín, San Miguel, Santa María do Patrocinio en Buenos Aires |
Estatísticas | |
Poboación - Fieis - Total | 2 671 000 (91,6%) 2 917 000 |
Información | |
Ritos | Romano |
Xerarquía | |
Papa | Francisco |
Arcebispo metropolitano | Mario Aurelio Poli |
Outros datos | |
Páxina web | www.arzbaires.org.ar |
Territorio editar
A arquidiocese abrangue a illa Martín García e a cidade de Buenos Aires, onde está a catedral da Santísima Trindade.
O territorio ten unha extensión de 203 km² e está subdividido en 186 parroquias, agrupadas en 20 vigairías.
Historia editar
A diocese de Buenos Aires foi erixida o 6 de abril de 1620, en territorios da diocese de Paraguai. Orixinariamente era sufragánea da arquidiocese de La Plata.
En 1830 cedeu parte do seu territorio para erixir a vigairía apostólica de Montevideo. Cedeu territorio novamente o 13 de xuño de 1859 para erixir a diocese de Paraná.
O 5 de marzo de 1865 foi elevada ao rango de arquidiocese metropolitana coa bula Immutabili do papa Pío IX.
O 15 de febreiro de 1897 cedeu parte do seu territorio para erixir a diocese de La Plata. Cedeu territorio novamente o 20 de abril de 1934 para erixir a diocese de Viedma.
O 29 de xaneiro de 1936 Pío XI recoñeceu á arquidiocese de Buenos Aires como sé primada da Arxentina.
O 13 de marzo de 2013 o cardeal Jorge Mario Bergoglio foi elixido papa, co nome de "Francisco".
Episcopoloxio editar
- Bispos de Buenos Aires
- Pedro Carranza Salinas (30 de marzo de 1620 - 29 de febreiro de 1632, finado)
- Cristóbal de Aresti Martínez de Aguilar (3 de decembro de 1635 - 1641, finado)
- Cristóbal de la Mancha y Velazco (31 de agosto de 1641 - 4 de xullo de 1673, finado)
- Antonio de Azcona Imberto (9 de maio de 1676 - 19 de febreiro de 1700, finado)
- Gabriel de Arregui (23 de xuño de 1712 - 14 de xaneiro de 1716, nomeado bispo de Cuzco)
- Pedro de Fajardo (22 de maio de 1713 - 16 de decembro de 1729, finado)
- Juan de Arregui (22 de novembro de 1730 - 19 de decembro de 1736, finado)
- José de Peralta Barrionuevo y Rocha Benavídez (19 de maio de 1738 - 14 de xuño de 1746, nomeado bispo da Paz)
- Cayetano Marcellano y Agramont (23 de xaneiro de 1749 - 23 de maio de 1757, nomeado bispo de Trujillo)
- José Antonio Basurco y Herrera (2 de abril de 1757 - 5 de febreiro de 1761, finado)
- Manuel Antonio de la Torre (14 de xuño de 1762 - 20 de outubro de 1776, finado)
- Sebastián Malvar Pinto (19 de outubro de 1777 - 15 de decembro de 1783, nomeado arcebispo de Santiago de Compostela)
- Manuel Azamor y Ramírez (27 de xaneiro de 1785 - 2 de outubro de 1796, finado)
- Pedro Inocencio Bejarano (3 de xullo de 1797 - 23 de febreiro de 1801, nomeado bispo de Sigüenza)
- Benito Lué y Riega (9 de agosto de 1802 - 22 de marzo de 1812, finado)
- Mariano Medrano y Cabrera (7 de outubro de 1829 - 7 de abril de 1851, finado)
- Arcebispos metropolitanos de Buenos Aires
- Mariano José de Escalada Bustillo y Zeballos (23 de xuño de 1854 - 28 de xullo de 1870, finado)
- Federico León Aneiros (25 de xullo de 1873 - 3 de setembro de 1894, finado)
- Vladislas Castellano (12 de setembro de 1895 - 6 de febreiro de 1900, finado)
- Mariano Antonio Espinosa (24 de agosto de 1900 - 8 de abril de 1923, finado)
- José María Bottaro y Hers (9 de setembro de 1926 - 20 de xullo de 1932, renuncia)
- Santiago Luis Copello (20 de setembro de 1932 - 25 de marzo de 1959, renuncia)
- Fermín Emilio Lafitte (25 de marzo de 1959 - 8 de agosto de 1959, finado)
- Antonio Caggiano (15 de agosto de 1959 - 22 de abril de 1975, retirado)
- Juan Carlos Aramburu (22 de abril de 1975 - 10 de xullo de 1990, retirado)
- Antonio Quarracino (10 de xullo de 1990 - 28 de febreiro de 1998, finado)
- Jorge Mario Bergoglio (28 de febreiro de 1998 - 13 de marzo de 2013, elixido papa e bispo de Roma)
- Mario Aurelio Poli (28 de marzo de 2013 - actualidade)