Mario Aurelio Poli

Arcebispo católico arxentino

Mario Aurelio Poli, nado o 29 de novembro de 1947 en Buenos Aires, é un cardeal e arcebispo católico latino arxentino.

Mario Aurelio Poli
Cardeal da Igrexa católica
Biografía
Nacemento29 de novembro de 1947 en Buenos Aires
Ordes
Ordenación sacerdotal25 de novembro de 1978, por Juan Carlos Aramburu
Consagración episcopal20 de abril de 2002, por Jorge Mario Bergoglio
Creado cardeal22 de febreiro de 2014, por Francisco
Arcebispo metropolitano de Buenos Aires
Ordinario para os fieis de rito oriental na Arxentina
Cardeal-presbítero de San Roberto Bellarmino
2013 - actualidade
PredecesorJorge Mario Bergoglio
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Traxectoria editar

Naceu en Buenos Aires o 29 de novembro de 1947. Foi ordenado sacerdote o 25 de novembro de 1978 polo arcebispo de Buenos Aires, Juan Carlos Aramburu.

O 8 de febreiro de 2002 foi nomeado bispo auxiliar de Buenos Aires e bispo titular de Abidda. Recibiu a consagración episcopal o 20 de abril de 2002 de mans do arcebispo de Buenos Aires Jorge Mario Bergoglio.

O 24 de xuño de 2008 o papa Bieito XVI nomeouno bispo de Santa Rosa.

Logo do conclave de 2013, onde Bergoglio foi elixido papa, o 28 de marzo foi nomeado arcebispo de Buenos Aires, e o 4 de maio nomeado tamén ordinario para os fieis de rito oriental na Arxentina.

O 19 de febreiro de 2014 o papa Francisco nomeouno como membro da Congregación para as Igrexas Orientais.[1] O 22 de febreiro de 2014 o papa Francisco creouno cardeal co título de cardeal-presbítero de San Roberto Bellarmino.

Notas editar

  1. "Conferme e nomine nella Congregazione per le Chiese Orientali". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en italiano) (Sala Stampa della Santa Sede) (B0120). 19 de febreiro de 2014. Il Santo Padre Francesco [...] ha nominato Membri [...] Mario Aurelio Poli. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Rinaldo Fidel Brédice
 Bispo de Santa Rosa 
2008 - 2013
Sucesor:
Raúl Martín
Predecesor:
Jorge Mario Bergoglio
 Arcebispo metropolitano de Buenos Aires 
2013 - actualidade
Sucesor:
(no cargo)
Predecesor:
Jorge Mario Bergoglio
 Ordinario para os fieis de rito oriental da Arxentina 
2013 - actualidade
Sucesor:
(no cargo)
Predecesor:
Jorge Mario Bergoglio
 Cardeal-presbítero de San Roberto Bellarmino 
2014 - actualidade
Sucesor:
(no cargo)