Igrexa católica latina
A Igrexa católica latina, ou Igrexa católica de rito latino, é a maior igrexa particular autónoma da Igrexa católica. Trátase dunha igrexa particular das 23 que existen, englobándose as 22 restantes baixo a denominación de Igrexas católicas orientais.
Igrexa Latina Ecclesia Latina | |
---|---|
Historia | |
Fundación | Século I en provincia romana de África |
Motivo | Extensión do cristianismo nas áreas de lingua latina do Imperio Romano |
Escisións | Protestantismo, anglicanismo |
Parte de | Igrexa Católica |
Goberno | |
Tipo de goberno | Episcopal |
Estrutura | Estruturada en dioceses (en 2009, 630 arquidioceses e 2.167 dioceses) |
Clasificación | |
Grupo | Catolicismo |
Orientación | Cristianismo occidental |
Demografía e cultura | |
Fieis | máis de 1 000 000 000 |
Países | Todos, agás Eritrea (Igrexa Católica Etíope); sen estrutura en países sen liberdade relixiosa |
Linguas litúrxicas | Latín, demais linguas vernáculas |
Ritos litúrxicos | Romano, ambrosiano, mozárabe, bracarense, cartuxo |
Outros datos | |
Sede central | Roma |
Páxina web | vatican.va |
A Igrexa Latina xurdiu inicialmente na provincia romana de África, para despois estenderse a Roma e ás partes de lingua latina do Imperio Romano (Europa occidental e o norte de África). Nestas areas, dende a antigüidade clásica até o Renacemento, a lingua latina foi o principal idioma da educación e da cultura. Os diferentes ritos litúrxicos latinos que desenvolvéronse nesta área tamén empregan ou empregaron esta lingua.
Historia
editarA Igrexa Latina é herdeira da Igrexa de Roma e das Igrexas baixo o patriarcado romano. A nivel territorial, a súa xurisdición comprendía aproximadamente o Imperio Romano de Occidente, mentres que os outros catro patriarcados (Alexandría, Antioquía, Constantinopla e Xerusalén) estendíanse polo Imperio Romano de Oriente.
A Igrexa de Roma, nos primeiros tempos, celebraba a liturxia en grego. No século II tendeu á latinización do seu culto, estendéndoa tamén ao Norte de África. No século IV, baixo o papa San Dámaso I, o latín xa estaba plenamente afianzado na liturxia.
Xerarquía, estrutura e demografía
editarXerarquía
editarA maior autoridade da Igrexa latina é o Papa, bispo de Roma. Como sucesor de San Pedro, o Papa é tamén a máxima autoridade da Igrexa universal. En 2013 foi elixido como Papa o até entón arcebispo de Bos Aires, Jorge Mario Bergoglio, que tomou o nome de "Francisco".
Dentro de cadansúa diocese a autoridade recae no correspondente ordinario, polo xeral un bispo, que tan só é responsable ante o Papa. As dioceses agrúpanse normalmente en provincias eclesiásticas, nas que o bispo dunha delas ten o título de arcebispo metropolitano, cunha autoridade moi limitada sobre as outras dioceses, que coñécense como sés sufragáneas.
Estrutura
editarA Igrexa Católica Latina, como parte da Igrexa católica, estrutúrase en dioceses, as igrexas locais gobernadas por un bispo que, nas igrexas católicas orientais, reciben o nome de eparquías.
Os bispos das dioceses dun país organízanse normalmente como unha conferencia episcopal. En ditas conferencias episcopais adoitan estar representados tan só os bispos da Igrexa Latina, aínda que en ocasións os bispos latinos e orientais están nunha mesma conferencia, como no caso de Etiopía.
Demografía
editarCoa excepción de Eritrea, onde todos os católicos están atendidos pola Igrexa católica eritrea[1][2], a Igrexa latina ten presenza teórica en tódolos países do mundo, contando máis de 1.100 millóns de fieis.[3] Nalgúns países, como Corea do Norte, non ten presenza estable e estrutura xerárquica no país, mais conta con fieis que son atendidos dende a arquidiocese de Seúl. Noutros países, como Arabia Saudita, en teoría o catolicismo non pode ser practicado, mais permítese a presenza de traballadores cristiáns que son atendidos dende a vigairía apostólica de Arabia meridional.[4]
Características
editarLiturxia
editar- Artigo principal: Ritos litúrxicos latinos.
O entón Cardeal Joseph Ratzinger, falando o 24 de outubro de 1988 sobre os ritos litúrxicos católicos dicía:
Teñen existido dende sempre varias formas do rito latino, e foron desaparecendo lentamente como resultado da unificación das diferentes partes de Europa. Antes do Concilio existían, a carón do rito romano, o rito ambrosiano, o rito mozárabe de Toledo, o rito de Braga, o rito cartuxo, o rito carmelita e o máis coñecido deles, o rito dominico, e seica aínda outrosritos dos que non teño coñecemento.[5]
Hoxe o rito latino máis común é o rito romano, pero tamén empréganse o rito ambrosiano, o rito mozárabe e outras variacións do romano como o uso anglicano ou a forma extraordinaria do rito romano.
Segundo o canon 926 do CIC, os sacerdotes da Igrexa Latina só poden empregar pan ácimo na celebración da Eucaristía,[6] mentres que na maioría das igrexas orientais emprégase pan fermentado.[7]
Disciplina
editarComo Igrexas plenamente católicas (en comuñón coa Santa Sé), as diferentes Igrexas particulares non teñen diferenzas doutrinais. Porén, existen entre as diferentes Igrexas unha serie de diferenzas en materias disciplinarias. Estas disciplinas non se consideran de orixe divino e, xa que logo, existe a hipotética posibilidade de que sexan sometidas a cambios, aínda que moitas delas teñen existido dende hai séculos. Algunhas das características disciplinarias da Igrexa Latina son as seguintes:
- A Igrexa Latina ríxese polo Código de Dereito Canónico, promulgado por Xoán Paulo II en 1983, mentres que as igrexas católicas orientais ríxense polo Código dos Canons das Igrexas Orientais.
- O celibato é obrigatorio para os sacerdotes da Igrexa Católica Latina.[8] Ao tratarse dunha norma disciplinar (non doutrinal), permítense algunhas excepcións nos casos de varóns casados que, logo de exercer labores pastorais noutras denominacións cristiás, únense á Igrexa, como no caso dos cregos anglicanos que uníronse aos ordinariatos persoais.[9] Isto contrasta coa disciplina da maioría das igrexas católicas orientais, nas que pódense ordenar como sacerdotes (nunca como bispos) homes casados.
- Na Igrexa Latina, a diferenza da práctica nas igrexas católicas orientais, a Eucaristía está reservada para aqueles que teñen uso de razón, e comézase a dar aos rapaces logo da primeira comuñón.[10]
Notas
editar- ↑ Catholic Dioceses in Eritrea, (en inglés).
- ↑ Catholic Church in Eritrea, (en inglés).
- ↑ How many Roman Catholics are there in the world?, BBC, (en inglés)
- ↑ Apostolic Vicariate of Northern Arabia, (en inglés).
- ↑ Address on 24 October 1998 for the tenth anniversary of the motu proprio Ecclesia Dei (en inglés)
- ↑ CIC, canon 926 (en castelán).
- ↑ Na Igrexa Católica Armenia tamén emprégase pan ácimo.
- ↑ CIC, canon 277 §1 (en castelán)
- ↑ Anglicanorum coetibus, VI §§1-2
- ↑ 1244 First Holy Communion. Having become a child of God clothed with the wedding garment, the neophyte is admitted "to the marriage supper of the Lamb" and receives the food of the new life, the body and blood of Christ. The Eastern Churches maintain a lively awareness of the unity of Christian initiation by giving Holy Communion to all the newly baptized and confirmed, even little children, recalling the Lord's words: "Let the children come to me, do not hinder them." The Latin Church, which reserves admission to Holy Communion to those who have attained the age of reason, expresses the orientation of Baptism to the Eucharist by having the newly baptized child brought to the altar for the praying of the Our Father. (Catecismo da Igrexa Católica, (en inglés)).
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial da Santa Sé (en portugués) (en castelán)