Código de Dereito Canónico
O Código de Dereito Canónico (en latín Codex Iuris Canonici, abreviado como "CIC" nas citas bibliográficas) é o conxunto ordenado das normas xurídicas (dereito canónico) que regulan a organización da Igrexa Católica de rito latino, a súa xerarquía de goberno, os dereitos e obrigas dos fieis, os sacramentos e as sancións que se establecen pola conculcación desas normas.
Historia
editarCódigo de 1917
editarAté 1917, a Igrexa Católica estaba dirixida por un conxunto disperso e sen codificar de normas xurídicas espirituais e temporais coñecido como Corpus Iuris Canonici. O Concilio Vaticano I referiuse á necesidade dunha compilación na que foran agrupadas e ordenadas ditas normas, eliminando as que xa non estiveran vixentes e codificando as válidas con orde e claridade.
En 1904, Pío X creou unha comisión para redactar dito Código, e logo dunha ducia de anos de traballo, foi Bieito XV quen promulgou o Código o 27 de maio de 1917, que entrou en vigor o 19 de maio de 1918. O Código de 1917 é coñecido, xa que logo, como Código pío-beneditino.
Código de 1983
editarCoa convocatoria do Concilio Vaticano II polo papa Xoán XXIII, anunciouse a reforma do Código, atrasada até a súa finalización. Logo da morte do papa e do final do concilio, Paulo VI creou a comisión encargada da súa reforma en 1964.
O código mantivo a súa natureza distinta para as igrexas de rito latino e as Igrexas católicas orientais, como no de 1917. Os decretos conciliares modificaran parte do Código de 1917, e os primeiros traballos dirixíronse á adaptación e derogación dos canons afectados. Consultouse a todos os bispos e a outros eclesiásticos, así como a todas as Facultades de dereito canónico. Realizáronse dous proxectos en 1977 e 1980, que foron estudados por canonistas, bispos, cardeais e superiores relixiosos. Coas diferentes reflexións redactouse o borrador de 1982.
O 25 de xaneiro de 1983, coa constitución apostólica Sacrae disciplinae leges, Xoán Paulo II promulgou o novo Código, que entrou en vigor o 27 de novembro de dito ano, e creou o novo órgano para a interpretación do texto, a Pontificia Comisión para a interpretación auténtica do Código de Dereito Canónico, coas mesmas funcións que tiña a anterior comisión de interpretación.
En 1988, mediante a constitución apostólica Pastor Bonus, a comisión foi transformada no Pontificio Consello para os Textos Lexislativos, con competencias mais amplas.[1]
Paralelamente, coa convocatoria do Concilio Vaticano II comezouse cunha nova codificación do dereito eclesiástico oriental, rematada en 1991 coa promulgación do Código dos Canons das Igrexas Orientais. Este código completou a codificación na Igrexa católica, ao estar en vigor para as Igrexas católicas orientais.
Malia existir moitas traducións do CIC, tan só o texto orixinal latino é considerado legal.
Modificacións
editarEn 1998 Xoán Paulo II emitiu o motu proprio Ad Tuendam Fidem, que emendou dous canons (o 750 e o 1371) do CIC, que aumentou as normas para que fosen respectadas as verdades doutrinais propostas de xeito definitivo polo Maxisterio da Igrexa e actualizou as penas canónicas relacionadas.[2]
O 15 de decembro de 2009 Bieito XVI emitiu o motu proprio Omnium in Mentem, que modificou cinco canons (1008, 1009, 1086, 1117 e 1124) para deixar máis claro que, daqueles que reciben o sacramento da orde, tan só os bispos e sacerdotes poden actuar in persona Christi, non así os diáconos.
Contidos
editarLibro I: Normas xerais
editarLibro II: O Pobo de Deus
editarLibro III: A función de ensinar da Igrexa
editarLibro IV: A función de santificar da Igrexa
editarEsta parte trata das normas referentes aos sete sacramentos, dos sacramentais (como os exorcismos ou as procesións), da liturxia das horas, dos enterros relixiosos, do culto aos santos e veneración das súas reliquias e das festas e lugares sagrados.
Libro V: Os bens temporais da Igrexa
editarEste libro define o dereito en canto ás propiedades da Igrexa como institución:
A Igrexa Católica, por dereito nativo, independentemente do poder civil, pode adquirir, conservar, administrar e alienar bens temporais para acadar os fins que lle son proprios. Os fins proprios son principalmente os seguintes: soster o culto divino, sustentar con dignidade ao clero e aos outros ministros, exercer obras do sagrado apostolado e de caridade, especialmente en favor dos necesitados.[3]
Libro VI: As sancións na Igrexa
editarLibro VII: Os procesos
editarNotas e referencias
editar- ↑ Pontificio Consiglio per i Testi Legislativi (en italiano)
- ↑ "sejam acrescentadas normas, pelas quais expressamente se imponha o dever de observar as verdades propostas de modo definitivo pelo Magistério da Igreja, referindo também as sanções canónicas concernentes à mesma matéria" [1]
- ↑ Cân. 1254 — § 1. A Igreja Católica, por direito originário, independentemente do poder civil, pode adquirir, conservar, administrar e alienar bens temporais para prosseguir os fins que lhe são próprios.
§ 2. Os fins próprios são principalmente os seguintes: ordenar o culto divino, providenciar à honesta sustentação do clero e dos outros ministros, exercer obras do sagrado apostolado e de caridade, especialmente em favor dos necessitados [2]
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Codex Iuris Canonici, texto oficial en latín, e traducións oficiais ao portugués e castelán