Igrexa particular

Unha Igrexa particular é, no dereito canónico católico, unha comunidade eclesiástica encabezada por un bispo, ou por outra persoa recoñecida canonicamente como o seu equivalente.

Clasificación

editar

Existen dous tipos de Igrexas particulares:

  1. Igrexas particulares locais, como as dioceses (a forma máis común deste tipo de igrexa particular) ou as abadías territoriais, as vigairías apostólicas ou as prefecturas apostólicas.[1]
  2. Igrexas particulares autónomas, tamén coñecidas como "Igrexas sui iuris". Son os conxuntos de igrexas particulares locais que comparten unha tradición litúrxica, teolóxica e canónica específica e común. A miúdo son chamadas "igrexas ou ritos particulares".[2] A maior destas Igrexas é a Igrexa católica latina, e coñécese colectivamente ás outras como igrexas católicas orientais. As maiores delas están dirixidas por un bispo que ten o título de patriarca ou arcebispo maior.

Igrexas particulares autónomas

editar

Existen 23 Igrexas autónomas, unha occidental e 22 orientais, unha distinción máis histórica que xeográfica. O termo sui iuris significa que teñen as súas propias leis. Malia manter as mesmas crenzas e a mesma fe, diferéncianse nas súas tradicións, na súa disciplina e no seu dereito canónico. As 23 están en comuñón coa Santa Sé, en Roma.

Para este tipo de igrexa particular, o Código de Dereito Canónico de 1983 empresa a expresión de "Igrexa ritual autónoma" (en latín, Ecclesia ritualis sui iuris). O Código dos Canons das Igrexas Orientais abrevia esta frase a "Igrexa autónoma" (en latín, Ecclesia sui iuris).

Lista das igrexas particulares autónomas

editar

A continuación amósase unha lista das igrexas particulares autónomas. No caso das columnas de Primado e Titular amósase o máis alto xerarca de cada igrexa. No caso do Papa, cómpre sinalar que non só exerce os deberes papais respecto á Igrexa universal, senón que tamén exerce os deberes patriarcais respecto á Igrexa latina e respecto a algunhas igrexas particulares con rango menor que o de arcebispal maior. Os datos numéricos de fieis correspóndense cos do Annuario Pontificio de 2013, agás se especifique outro ano.

Igrexa Fieis Tradición Primado Titular
Igrexa albanesa 3.558 (2010) Bizantina Administrador apostólico de Albania Meridional Hil Kabashi
Igrexa armenia 566.015 Armenia Patriarca de Cilicia Rafael Pedro XXI
Igrexa belarusa 7.000 (Belarús, est.)
2.000 (Exterior, est.)
Bizantina Visitador apostólico para os greco-católicos en Belarús Siarhiej Hajek
Igrexa búlgara 10.000 Bizantina Exarca apostólico de Sofía Hristo Proykov
Igrexa caldea 536.525 Caldea Patriarca de Babilonia Luís Rafael I
Igrexa copta 165.923 Alexandrina Patriarca de Alexandría dos Coptos Abraham Isaac
Igrexa de Croacia, Serbia e Montenegro 43.400 Bizantina Bispo de Križevci Nikola Kekić
Igrexa eslovaca 233.386 Bizantina Arcebispo metropolitano de Prešov Vacante
Igrexa etíope 227.078 Alexandrina Arcebispo metropolitano de Adís Abeba Berhaneyesus Souraphiel
Igrexa greco-melquita 1 651 500 Bizantina Patriarca de Antioquía e todo Oriente, de Alexandría e de Xerusalén Xosé I
Igrexa grega 6.025 Bizantina Exarca apostólico de Grecia Manuel Nin
Igrexa húngara 327.200 Bizantina Metropolita de Hajdúdorog Péter Fülöp Kocsis
Igrexa italo-albanesa 61.814 Bizantina Bispo de Lungro Donato Oliverio
Igrexa latina (n.d.) Latina Papa Francisco
Igrexa macedonia 14.937 Bizantina Exarca apostólico de Macedonia Kiro Stojanov
Igrexa maronita 3 381 733 Antioquense Patriarca de Antioquía Bixara Pedro
Igrexa romanesa 535.171 Bizantina Arcebispo maior de Făgăraş e Alba Iulia Lucian Mureșan
Igrexa rusa (sen datos) Bizantina Ordinario para os fies orientais en Rusia Joseph Werth
Igrexa rutena 486.627 Bizantina Bispo de Mukačeve
Arcebispo de Pittsburgh
Milan Šašik
Igrexa siríaca 266.461 Antioquense Patriarca de Antioquía Ignacio Xosé I
Igrexa siro-malabar 3 893 334 Caldea Arcebispo maior de Ernakulam-Angamaly George Alencherry
Igrexa siro-malankar 438.387 Antioquense Trivandrum Baselios Cleemis
Igrexa ucraína 4 345 599 Bizantina Arcebispo maior de Kíiv-Galicia Sviatoslav Shevchuk

Igrexas particulares locais

editar

Cada diocese (termo latino) ou eparquía (termo oriental) é tamén unha igrexa particular, unha igrexa local, aínda que non ten a autonomía das anteriores. O CIC de 1983, que trata tan só da Igrexa latina e, por tanto, dunha soa "igrexa particular autónoma", emprega o termo de "igrexa particular" no sentido de "igrexa local".

A forma común destas igrexas locais, cada unha encabezada por un bispo, chámase "diocese" na Igrexa latina e "eparquía" en cada unha das igrexas orientais". A finais de 2011, o número total destas era de 2.834.[3]

Significación teolóxica

editar

A diferenza doutras "familias" ou "federacións" de Igrexas formadas mediante o recoñecemento mutuo de diferentes grupos eclesiásticos, a Igrexa católica considérase unha única Igrexa ("un Corpo") composto de moitas Igrexas particulares. Cada unha destas igrexas particulares non é considerada como unha sección ou división, senón que teolóxicamente considérase a propia Igrexa católica, na súa totalidade, nun territorio ou comunidade particular: "nas que e en base as que constitúese a Igrexa católica unha e única".[4]

  1. Can. 368 — Ecclesiae particulares, in quibus una et unica Ecclesia catholica exsistit, sunt imprimis dioeceses, quibus nisi aliud constet, assimilantur praelatura territorialis et abbatia territorialis, vicariatus apostolicus et praefectura apostolica necnon administratio apostolica stabiliter erecta., Código de Dereito Canónico, versión en castelán
  2. Orientalium Ecclesiarum, 2
  3. Annuario Pontificio. 2012. p. 1142. ISBN 978-88-209-8722-0. 
  4. Lumen Gentium, 23