Siarhiej Hajek

Siarhiej Hajek[nota 1] (en belaruso Сяргей Гаек), nado como Jan Gajek o 8 de febreiro de 1949 en Łyszkowice, no condado de Łowicz[1] (dende 1999 parte do voivodato da Pequena Polonia, Polonia) é un sacerdote católico polaco, visitador apostólico para os grecocatólicos no territorio de Belarús.

Сяргей Гаек
Siarhiej Hajek
Archim Gajek.jpg
Arquimandrita da Igrexa católica bizantina belarusa
Biografía
Nacemento8 de febreiro de 1949 en Łyszkowice, Polonia
Ordes
Orde relixiosaCongregación dos Padres Marianos (dende o 1967)
Visitador apostólico para os grecocatólicos belarusos en Belarús
1994 - actualidade

TraxectoriaEditar

Naceu nunha familia católica latina de Łyszkowice, na Polonia central, e fixo os estudos básicos no mesmo lugar.

En agosto de 1967 Hajek uniuse á Congregación dos Padres Marianos. Entre 1967 e 1974 estudou na Universidade Católica de Lublin. A finais da década dos sesenta, comezou a participar en actividades do clero belaruso no exilio. Tivo contacto co centro cultural e relixioso belaruso en Londres, incluíndo co bispo Časlaŭ Sipovič e co sacerdote Robert Tamushanski. En 1973 foi ordenado sacerdote e exerceu durante varios anos na parroquia de Głuchołazy.

Durante os dous anos seguintes estudou na Facultade de Teoloxía da Universidade Católica de Lublin, e posteriormente foi enviado a Roma, onde estudou no Pontificio Instituto Oriental entre 1978 e 1983. En novembro de 1983 Hajek doutorouse e volveu a Polonia, traballando até 1999 na Universidade Católica de Lublin.

Visitador apostólico en BelarúsEditar

En 1994 o papa Xoán Paulo II nomeouno visitador apostólico para os grecocatólicos en Belarús. En 1996 Hajek foi nomeado arquimandrita e membro correspondente da Pontificia Academia de María. En 1997 converteuse en asesor da Congregación para as Igrexas Orientais, e en 2014 foi confirmado en dito cargo por Francisco.[2]

Obra escritaEditar

  • Il mistero della chiesa nel pensiero di Pavel N. Evdokimov (en italiano). Ponficium Institute Orientale. 1983. OCLC 493921469. 
  • Chrześcijańska wiara w Jedynego Boga w postawie ludzkiej (en polaco). TN KUL. 1991. OCLC 749541345. 
  • Unia Brzeska z perspektywy czterech stuleci. Teologia w dialogu (en polaco) 8. Xunto con Stanisław Nabywaniec. Red. Wydawnictw KUL. 1998. ISBN 9788322806005. OCLC 40674808. 

FotografíasEditar

NotasEditar

Notas
  1. Tamén como (Jan) Sergiusz Gajek.
Referencias
  1. Г. П. Пашкоў (editor xefe); et al. (2001). Белорусская Энциклопедия имени Петруся Бровки, ed. Энцыклапедыя гісторыі Беларусі: Пузыны — Усая (Tomo 6, parte 1). pp. 585–586. ISBN 9785857000731.  (en belaruso).
  2. Radio Vaticano (20-02-2014-02). "Pope Francis reconfirms leadership of Congregation for Oriental Churches, Council for Christian Unity". Arquivado dende o orixinal o 14-07-2014. Consultado o 04-07-2014.  (en inglés).

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar