Kiro Stojanov
Kiro Stojanov (en macedonio: Киро Стојанов), nado en Radovo (R.S. de Macedonia) o 9 de abril de 1959, é un eclesiástico católico, bispo de Skopje dende 2005 e da Asunción da Virxe María en Strumica-Skopje dende 2018.
Киро Стојанов (Kiro Stojanov) | |
---|---|
![]() | |
Bispo da Igrexa católica | |
Biografía | |
Nacemento | 9 de abril de 1959 en Radovo, República Socialista de Macedonia |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 6 de abril de 1986, por Miroslav Stefan Marusyn |
Consagración episcopal | 1 de maio de 1999 |
Bispo de Skopje e da Asunción da Virxe María en Strumica-Skopje | |
2005 (Skopje) / 2018 (Strumica-Skopje) - actualidade | |
Predecesor | Joakim Herbut |
Outros | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
TraxectoriaEditar
Naceu en Radovo, entón na R.S. de Macedonia, parte da República Federal Socialista de Iugoslavia, o 9 de abril de 1959. O 6 de abril de 1986 foi ordenado sacerdote.
O 4 de xaneiro de 1999 foi nomeado bispo auxiliar de Skopje e bispo titular de Centuriones. Recibiu a consagración episcopal o 1 de maio de mans do arcebispo Miroslav Stefan Marusyn, secretario da Congregación para as Igrexas Orientais, e tivo como co-consagrantes ao arcebispo de Skopje-Prizren Joakim Herbut e ao bispo de Križevci Slavomir Miklovš.
O 20 de xullo de 2005 foi nomeado bispo de Skopje e exarca apostólico de Macedonia.
O 31 de maio de 2018 o exaercado apostólico foi elevado ao rango de eparquía, e Stojanov pasou a ser o seu primeiro bispo.