Lucian Mureșan, nado en Ferneziu o 23 de maio de 1931, é un eclesiástico grecocatólico romanés, cardeal e arcebispo maior de Făgăraș e Alba Iulia dende 1994.

Modelo:BiografíaLucian Mureșan

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de maio de 1931 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
Firiza, Romanía (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cardeal
18 de febreiro de 2012 –
Major Archbishop of Alba Iulia and Fagaras (en) Traducir
4 de xullo de 1994 –
← Alexandru Todea (pt) Traducir
Bispo grego católico romanés
27 de maio de 1990 –
Bispo diocesano
14 de marzo de 1990 –
← Alexandru Rusu (en) TraducirIoan Șișeștean (en) Traducir →
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica bizantina romanesa Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico (1964–) Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónAlexandru Todea (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Traxectoria

editar

Naceu o 23 de maio de 1931 en Ferneziu, entón no Reino de Romanía. O 19 de decembro de 1964, xa co país baixo dominio comunista, foi ordenado sacerdote da diocese de Maramureș.

O 14 de marzo de 1990 foi nomeado bispo de Maramureș, e o 27 de maio do mesmo ano foi consagrado bispo polo arcebispo Alexandru Todea.

O 4 de xullo de 1994 foi nomeado arcebispo de Făgăraș e Alba Iulia. Coa elevación da sé ao rango de arquidiocese maior por Bieito XVI o 16 de decembro de 2005 pasou a ser o arcebispo maior da Igrexa católica bizantina romanesa. O mesmo papa creouno cardeal no consistorio do 18 de febreiro de 2012, coa sé titular de Sant'Atanasio.