Portal:Xogos Olímpicos
Artigo destacado
Os XXV Xogos Olímpicos foron realizados en Barcelona, Cataluña, terra natal do presidente do Comité Olímpico Internacional, Juan Antonio Samaranch, entre o 25 de xullo e o 9 de agosto de 1992 coa participación de todos os países filiados ao COI, 169 estados, por primeira vez dende os Xogos de Múnic en 1972.
Dende os Xogos anteriores, en 1988, o mundo testemuñou importantes mudanzas políticas. O Apartheid foi abolido en Suráfrica, o que permitiu o retorno deste país aos Xogos, despois de 32 anos de ausencia. Coa caída do Muro de Berlín en 1989, Alemaña volveu a participar como un só estado, así como Iemen. A URSS foi dividida en quince países independentes após o colapso do comunismo que participaron baixo unha soa bandeira, a CEI, Comunidade dos Estados Independentes. As repúblicas bálticas de Estonia, Letonia e Lituania, so dominio soviético dende a II Guerra Mundial, participaron baixo a súa propia bandeira como nacións independentes, a primeira vez dende 1936. Imaxe destacada
Categorías
Biografía destacada
Paavo Nurmi, nado en Turku o 13 de xuño de 1897 e finado en Helsinqui o 2 de outubro de 1973, foi un atleta finés. Durante a década dos anos vinte, Nurmi foi considerado como o mellor fondista e mediofondista do mundo, establecendo marcas mundiais en distancias que ían entre os 1500 m e os 20 km. Coñecido como o «Finlandés voador», dominou nas probas atléticas de inicios do século XX. Estableceu 22 plusmarcas mundiais oficiais en distancias que van dos 1500 metros aos 20 quilómetros e gañou un total de nove medallas de ouro e tres de prata nos 12 eventos olímpicos nos que participou. No seu mellor momento, Nurmi defendeu exitosamente o título nas pruobas de 800 metros en diante durante 121 carreiras. Nos seus 14 anos de carreira, mantívose invicto nos eventos de campo a través e nos 10 000 metros.
Posteriormente, Paavo adestrou a corredores finlandeses, recaudou fondos para o seu país durante a Guerra de Inverno e traballou como merceiro, contratista e investidor, e obtivo unha das fortunas máis grandes do seu país. En 1952, acendeu o pebetero olímpico dos Xogos Olímpicos de Helsinqui. A súa velocidade e esquiva personalidade gañáronlle alcumes como «Finlandés pantasma», mentres que os seus logros, métodos de adestramento e estilo para correr influíron en xeracións de corredores de fondo e mediofondo. Nurmi, quen raramente corría sen un cronómetro na súa man, é acreditado como introdutor da técnica da zancada regular. Faleceu o 2 de outubro de 1973, aos 76 anos de idade. Sabías que...?
Artigos de calidade e bos
Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmáns
|