Xamaica nos Xogos Olímpicos

Xamaica participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1948 e enviou atletas para competir en cada edición dos Xogos de Verán dende entón. En 1960, os deportistas xamaicanos competiron como parte da Federación das Indias Occidentais. Xamaica tamén participou nos Xogos Olímpicos de Inverno dende 1988, acadando o equipo de bobsleigh de Xamaica certa sona.

Xamaica nos Xogos Olímpicos

Código COI JAM
Comité nacional Asociación Olímpica de Xamaica
www.joa.org.jm (en inglés)
Medalleiro
Ouro
26
Prata
36
Bronce
25
Total
87

Os atletas de Xamaica gañaron un total de 87 medallas, gañadas todas elas agás unha na categoría de atletismo, e todas menos tres son de probas individuais e competicións de velocidade.

O Comité olímpico nacional de Xamaica é a Asociación Olímpica de Xamaica, que foi fundada no ano 1936.

Táboas coas medallas editar

Medallas nos Xogos de Verán editar

Xogos Ouro Prata Bronce Total Posto
  Londres 1948 1 2 0 3 20
  Helsinqui 1952 2 3 0 5 13
  Melbourne 1956 0 0 0 0
  Roma 1960 como parte da Federación das Indias Occidentais 39
  Toquio 1964 0 0 0 0 -
  Cidade de México 1968 0 1 0 1 39
  Múnic 1972 0 0 1 1 43
  Montreal 1976 1 1 0 2 21
  Moscova 1980 0 0 3 3 34
  Os Ánxeles 1984 0 1 2 3 28
  Seúl 1988 0 2 0 2 34
  Barcelona 1992 0 3 1 4 38
  Atlanta 1996 1 3 2 6 39
  Sydney 2000 0 6 3 9 54
  Atenas 2004 2 1 2 5 35
  Pequín 2008 5 4 2 11 15
  Londres 2012 4 5 3 12 18
  Río de Xaneiro 2016 6 3 2 11 16
  Toquio 2020 4 1 4 9 21
  París 2024 Evento futuro
  Os Ánxeles 2028
Total 26 36 25 87 38

Medallas por deporte editar

Deporte Ouro Prata Bronce Total
  Atletismo 26 36 24 86
  Ciclismo 0 0 1 1
Total 26 36 25 87

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar