Federación das Indias Occidentais nos Xogos Olímpicos

A Federación das Indias Occidentais competiu nos Xogos Olímpicos baixo o nome de Antillas na edición de 1960 celebrada en Roma, Italia. Trece deportistas, todos eles homes, participaron en trece probas en cinco deportes.[1] O país só participou neses Xogos, xa que Xamaica e Trinidad e Tobago competiron independentemente de novo en 1964, e Barbados empezou a competir nos Xogos de 1968. O equipo gañou dúas medallas de bronce, as dúas en probas de atletismo.

Federación das Indias Occidentais nos Xogos Olímpicos

Código COI BWI
Comité nacional Asociación Olímpica das Indias Occidentais
Medalleiro
Ouro
0
Prata
0
Bronce
2
Total
2

Táboas coas medallas

editar

Medallas nos Xogos de Verán

editar
Xogos Deportes Ouro Prata Bronce Total Posto
  Roma 1960 13 0 0 2 2 39
Total 0 0 2 2 138

Medallas por deporte

editar
Deporte Ouro Prata Bronce Total
  Atletismo 0 0 2 2
Total 0 0 0 2
  1. Sports Reference (ed.). "West Indies Federation at the 1960 Rome Summer Games". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2020. Consultado o 29 de xuño de 2015. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar