Xogos Olímpicos de 1896

primeira edición dos Xogos Olímpicos da era moderna

Os Xogos Olímpicos de 1896 (en grego: Θερινοί Ολυμπιακοί Αγώνες 1896; Therinoí Olympiakoí Agónes 1896) foron os primeiros Xogos da era moderna e foron realizados en Atenas (Grecia), berce dos xogos da antigüidade, entre os días 6 e 15 de abril de 1896, coa participación de 241 atletas, todos homes, representando catorce países, grazas ao empeño visionario do francés Pierre de Frédy, o Barón de Coubertin, idealizador do renacemento dos xogos existentes na Grecia antiga, mentor do movemento olímpico e fundador do Comité Olímpico Internacional.

Modelo:Competición deportivaXogos Olímpicos de 1896
Editar o valor em Wikidata
Imaxe
Nome oficialSpiller vun der I. Olympiad Editar o valor em Wikidata
TipoXogos Olímpicos de Verán Editar o valor em Wikidata
Número de participantes14
241 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
Eventos olímpicos43 Editar o valor em Wikidata
LocalizaciónAtenas (Município de Atenas (pt) Traducir)
Estádio Panathinaiko (pt) Traducir (Município de Atenas (pt) Traducir) Editar o valor em Wikidata
PaísReino de Grecia Editar o valor em Wikidata
Intervalo de tempo6 de abril de 1896 – 15 de abril de 1896 Editar o valor em Wikidata
Número de edición1  (1896) Editar o valor em Wikidata
Aberto oficialmente porXurxo I de Grecia Editar o valor em Wikidata
Competición
Resultado Editar o valor em WikidataCarl Schuhmann
Outro
Páxina web oficialolympics.com… Editar o valor em Wikidata

← sen valor Editar o valor em Wikidata
1900 Editar o valor em Wikidata

Sen ningunha experiencia na organización de semellante evento, os organizadores dos primeiros xogos case arruínan a propia competición, por mor da diversidade de datas, pois os gregos utilizaban entón o antigo calendario xuliano paralelo ó convencional usado pola civilización occidental, facendo que existise unha diferenza de doce días entre ambos, o que atrapallou a inauguración dos Xogos e a chegada dos atletas dos diversos puntos do planeta.

A cerimonia de inauguración acabou acontecendo nun domingo de Pascua, co discurso de apertura proferido diante de cen mil espectadores polo propio Xurxo I, de Grecia, após a inauguración dunha estatua –que existe aínda hoxe– na entrada do estadio Panathinaikos, principal palco das competicións e unha marabilla arquitectónica toda de mármore, en homenaxe ó rico financeiro ateniense Georgius Averoff, responsable da restauración e modernización do estadio e financiador da organización do evento, o que impediu a súa cancelación antes mesmo de iniciado, debido ás penosas condicións do erario real grego.

Países participantes

Os países representados polos seus atletas en Atenas e que se converteron nos pioneiros na participación dos Xogos Olímpicos foron: Alemaña (dezanove atletas), Australia (1), Austria (3), Chile (1), Dinamarca (3), Exipto (1), Estados Unidos(14), Francia (13), Hungría (7), Italia (1), Reino Unido (10), Suecia (1), Suíza (3) e a anfitrioa Grecia con 168 atletas.[1]

As nove modalidades deportivas disputadas foron: atletismo, ciclismo, esgrima, ximnasia, halterofilia, loita, natación, tenis e tiro.

Modalidades disputadas

editar

Cadro de medallas

editar
 
A medalla de prata distribuída ós vencedores en Atenas

Abaixo, o Cadro de medallas oficial dos Xogos Olímpicos de 1896, por estados, de acordo co Comité Olímpico Internacional (COI). Nótese que o uso de medallas de ouro, prata e bronce polo COI, existe só para facilitar a tabulación de medallas e igualalas ás dos Xogos Olímpicos posteriores, pois na época, as medallas de ouro aínda non eran dadas ós vencedores e os terceiros nin medalla recibían.

Cadro de Medallas  
Posición País                   Total
1   Estados Unidos 11 7 2 20
2   Grecia 10 17 19 46
3   Alemaña 6 5 2 13
4   Francia 5 4 2 11
5   Reino Unido 2 3 2 7
6   Hungría 2 1 3 6
7   Austria 2 1 2 5
8   Australia 2 0 0 2
9   Dinamarca 1 2 3 6
10   Suíza 1 2 0 3

Obs: equipos mixtos formados por atletas de varios países xuntos, o que estaba permitido na época, gañaron unha medalla de ouro, unha de prata e unha de bronce no tenis.

  1. Dous dos atletas que son actualmente contados como gregos, representaban á entón cidade autónoma de Esmirna. Alén diso, non se sabe a identidade de 68 dos atletas gregos, debido ó feito de seren moitos cidadáns que participaron en eventos sen haber un cadastro adecuado. Alén destes estados, Bélxica e Rusia tamén estiveron representadas nas cerimonias dos Xogos de 1896 mais os seus atletas nunca chegaron a competir.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar