Usain Bolt
Usain Bolt, nado o 21 de agosto de 1986, en Trelawny, é un atleta xamaicano, especializado en velocidade.
Usain Bolt | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Usain St. Leo Bolt |
Nacemento | 21 de agosto de 1986 |
Lugar de nacemento | Sherwood Content |
Nacionalidade | Xamaica |
Ocupación | atleta, corredor, futbolista e deportista |
Premios | Commander of the Order of Distinction, Member of the Order of Jamaica, Bislett medal, L'Équipe Champion of Champions, Laureus World Sports Awards de Atleta masculino do ano e Best International Athlete ESPY Award |
Na rede | |
http://usainbolt.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria deportiva Editar
Cadro de medallas | |||
---|---|---|---|
Atletismo | |||
Xogos Olímpicos | |||
Ouro | Pequín 2008 | 100 m | |
Ouro | Pequín 2008 | 200 m | |
Ouro | Pequín 2008 | 4x100 m | |
Campionato do Mundo de Atletismo | |||
Prata | Osaca 2007 | 200 m | |
Prata | Osaca 2007 | 4x100 m | |
Ouro | Berlín 2009 | 100 m | |
Ouro | Berlín 2009 | 200 m |
Estudado e criado en Xamaica, comezou a súa carreira atlética de primeira liña cando conseguiu unha medalla de ouro nos 200 m no Mundial de atletismo júnior (ademais de dúas pratas nos relevos curtos e longos), que se celebrou previsamente nesa illa en 2002. Nos mundiais xuvenís de 2003 obtivo o seu primeiro ouro, nos 200 m, cunha marca de 20,40s. En 2004 converteuse no primeiro atleta júnior en baixar dos 20 segundos nunha proba de 200 m (19,93s).
Na preparación dos Xogos de Pequín, Bolt foi batendo distintas marcas (en 2007 a marca xamaicana de 200 metros) e obtendo distintas vitorias internacionais. O seu resultado máis destacado foi a medalla de prata nos 200 metros que conseguiu nos mundial de Osaca, en 2007, por detrás de Tyson Gay. O 31 de maio de 2008 conseguía bater en Nova York o récord mundial dos 100 metros,[1] que ata daquela posuíra o seu compatriota Asafa Powell, estabelecendo a nova marca de 9,72s.
Nos Xogos Olímpicos de Pequín do 2008 logrou as marcas mundiais de 100 e 200 metros, con 9,69 e 19,30 segundos respectivamente. A marca dos 100 metros volveuna rebaixar no mundial de Berlín de 2009, cun tempo de 9,58s, así como a de 200 metros, que deixou en 19,19s.
Notas Editar
- ↑ "Bolt sets 100m world record at Reebok Grand Prix". ESPN.com (en inglés). 2008-06-01. Consultado o 2022-02-03.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- Ficha do atleta Arquivado 20 de outubro de 2012 en Wayback Machine. na web da IAAF.