Asociación Internacional de Federacións de Atletismo

(Redirección desde «IAAF»)

A Asociación Internacional de Federacións de Atletismo (en inglés, International Association of Athletics Federations, ou IAAF) é o órgano de goberno do atletismo a nivel mundial.

Asociación Internacional de Federacións de Atletismo
DeporteAtletismo
NomeWorld Athletics (WA)
Fundación17 de xuño de 1912
ÁmbitoMundial
SedeBandeira de Mónaco Mónaco
Socios214 federacións nacionais
Presidente Sebastian Coe
Na rede
https://www.iaaf.org/home
Facebook: WorldAthletics Twitter: WorldAthletics Instagram: worldathletics Youtube: UCQk7fWv15ChjMJLCRVmtApw TikTok: worldathletics Editar o valor em Wikidata

Historia editar

A IAAF foi fundada o 17 de xuño de 1912, baixo o nome de Federación Internacional de Atletismo Amateur (en inglés, International Amateur Athletics Federation), por representantes de 17 federacións nacionais de atletismo, no seu primeiro congreso celebrado en Estocolmo (Suecia).[1]

En 1982 e anos posteriores, a IAAF acometeu varios cambios nas súas regras internas que permiten que os atletas poidan recibir compensacións económicas pola súa participación en competicións atléticas. Porén, a pesar diso, a IAAF mantivo a palabra "amateur" no seu nome até o congreso celebrado en 2001, polo o que o seu nome pasou de ser Federación Internacional de Atletismo Afeccionado ao actual Asociación Internacional de Federacións de Atletismo.

Desde outubro de 1993 a sede central da IAAF encóntrase en Mónaco.

Funcións editar

Entre as súas funcións, ademais da organización de eventos deportivos, encóntranse a estandarización de métodos para medir o tempo nas probas cronometradas, así como o mantemento e recoñecemento de récords do mundo de atletismo nas súas diferentes categorías.

Competicións organizadas pola IAAF editar

A IAAF organiza numerosas competicións en cada unha das súas especialidades ou disciplinas. As máis importantes son:

Organización editar

A estrutura xerárquica da Asociación está conformada polo Presidente e os Vicepresidentes, o Congreso, o Comité Executivo, o Consello e os Comités Técnicos.

Federacións continentais editar

A IAAF conta, desde 2015, coa afiliación de 214 federacións nacionais,[2] repartidas en seis organismos continentais:

Nome Sigla Sede Nº de
federacións
Páx. web
Confederación Africana de Atletismo (CAA) Dakar,   Senegal 54 [1]
Asociación Asiática de Atletismo (AAA) Singapur,   Singapur 45 [2]
Asociación Europea de Atletismo (EAA) Lausana,   Suíza 51 [3]
Asociación de Atletismo de Norteamérica, Centroamérica e o Caribe (NACAC) San Xoán,   Porto Rico 31 [4]
Asociación de Atletismo de Oceanía (OAA) Hermit Park,   Australia 20 [5]
Confederación Suramericana de Atletismo (ConSudAtle) Manaus,   Brasil 13 [6]Arquivado 23 de xullo de 2020 en Wayback Machine.

Presidentes editar

Período Nome País
1 19121946 Sigfried Edström   Suecia
2 19461976 David Burghley   Reino Unido
3 19761981 Adriaan Paulen   Países Baixos
4 19811999 Primo Nebiolo   Italia
5 19992015 Lamine Diack   Senegal
6 2015 Sebastian Coe   Reino Unido

Federacións nacionais editar

África (CAA) Asia (AAA) Europa (EAA) América do Norte (NACAC) Oceanía (OAA) América do Sur (ConSudAtle)

  Alxeria
  Angola
  Benín
  Botswana
  Burkina Faso
  Burundi
  Camerún
  Cabo Verde
  República Centroafricana
  Chad
  Cimbabue
  Comores
  República do Congo
  R.D. do Congo
  Costa do Marfil
  Exipto
  Eritrea
  Etiopía
  Gabón
  Gambia
  Ghana
  Guinea
  Guinea-Bissau
  Guinea Ecuatorial
  Kenya
  Lesoto
  Liberia
  Libia
  Madagascar
  Malaui
  Malí
  Marrocos
  Mauricio
  Mauritania
  Mozambique
  Namibia
  Níxer
  Nixeria
  Ruanda
  San Tomé e Príncipe
  Senegal
  Seychelles
  Serra Leoa
  Somalia
  Suráfrica
  Sudán
  Sudán do Sur
  Eswatini
  Tanzania
  Togo
  Tunisia
  Uganda
  Djibuti
  Zambia

  Afganistán
  Arabia Saudita
  Bahrain
  Bangladesh
  Brunei
  Bután
  Camboxa
  China
  Corea do Sur
  Corea do Norte
  Emiratos Árabes Unidos
  Filipinas
  Hong Kong
  India
  Indonesia
  Irán
  Iraq
  Xapón
  Xordania
  Casaquistán
  Kirguizistán
  Kuwait
  Laos
  Líbano
  Macau
  Malaisia
  Maldivas
  Mongolia
  Myanmar
  Nepal
  Omán
  Paquistán
  Palestina
  Qatar
  Singapur
  Siria
  Sri Lanka
  Tailandia
  Taiwán
  Taxiquistán
  Timor Leste
  Turkmenistán
  Uzbekistán
  Vietnam
  Iemen

  Albania
  Alemaña
  Andorra
  Armenia
  Austria
  Acerbaixán
  Bélxica
  Belarús
  Bosnia e Hercegovina
  Bulgaria
  Chipre
  Croacia
  Dinamarca
  Eslovaquia
  Eslovenia
  España ([7])
  Estonia
  Finlandia
  Francia
  Xeorxia
  Xibraltar
  Grecia
  Hungría
  Irlanda
  Islandia
  Israel
  Kosovo
  Italia
  Letonia
  Liechtenstein
  Lituania
  Luxemburgo
  Macedonia do Norte
  Malta
  Moldavia
  Mónaco
  Noruega
  Países Baixos
  Polonia
  Portugal
  Reino Unido
  República Checa
  Romanía
  Rusia[3][4]
  San Marino
  Serbia
  Suecia
  Suíza
  Turquía
  Ucraína

  Anguila
  Antiga e Barbuda
  Aruba
  Bahamas
  Barbados
  Belize
  Bermudas
  Illas Caimán
  Canadá
  Córsega
  Cuba
  República Dominicana ([8])
  Dominica
  O Salvador
  Estados Unidos ([9])
  Granada
  Guatemala ([10])
  Haití
  Honduras
  Illas Virxes Británicas
  Illas Virxes Estadounidenses
  Xamaica
  México ([11])
  Montserrat
  Nicaragua
  Porto Rico ([12])
  Saint Kitts e Nevis
  San Vicente e as Granadinas
  Santa Lucía
  Trinidad e Tobago
  Turks e Caicos

  Australia
  Illas Cook
  Fidxi
  Guam
  Kiribati
  Illas Marianas do Norte
  Illas Marshall
  Micronesia
  Nauru
  Illa Norfolk
  Nova Zelandia
  Palau
  Papúa Nova Guinea
  Polinesia Francesa
  Illas Salomón
  Samoa
  Samoa Americana
  Tonga
  Tuvalu
  Vanuatu

  Arxentina ([13])
  Bolivia ([14])
  Brasil
  Chile ([15])
  Colombia ([16])
  Ecuador ([17])
  Güiana
  Panamá
  Paraguai ([18])
  Perú ([19])
  Suriname
  Uruguai ([20])
  Venezuela ([21])

Notas editar

  1. «History - Introduction.» Consultada o 27 de agosto de 2018.
  2. "IAAF NATIONAL MEMBER FEDERATIONS". Consultado o 27 de agosto de 2018. 
  3. A Federación Rusa de Atletismo foi suspendida provisionalmente como membro da entidade por resolución da IAAF do 15 de novembro de 2015.
  4. Mundo Deportivo: «Rusia, suspendida por la IAAF».

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar