Maldivas

país de Asia

A República das Maldivas (en maldivano: ދިވެހި ޖުމްހުރިޔަ, Dhivehi Jumhuriya) é un país de Asia constituído por 1 196 illas, das cales están 203 habitadas, situadas a aproximadamente 450 km ao sur do Decan. A súa superficie é de 302 km². As illas reagrúpanse en 26 atois cada un co nome dunha ou dúas letras do alfabeto maldivano (escritura Taana). Atópase ao suroeste de Sri Lanka e a India, a uns 750 km. do continente asiático. A cadea de atois esténdese desde atol Ihavandhippolhu no norte ata o atol Addu no sur (a través do Ecuador).

Modelo:Xeografía políticaMaldivas
ދިވެހިރާއްޖޭގެ ޖުމުހޫރިއްޔާ (dv)
ދިވެހިރާއްޖެ (dv) Editar o valor en Wikidata

HimnoGaumii salaam (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Lema«Ochr Heulog Bywyd» Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 4°11′N 73°31′L / 4.18, 73.51
CapitalMalé Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación436.330 (2017) Editar o valor en Wikidata (1.464,19 hab./km²)
Lingua oficiallingua maldivana Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie298 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoVillingili (en) Traducir (2,4 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoOcéano Índico (0 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Cronoloxía
26 de xullo de 1965Independencia
11 de novembro de 1968República Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Presidente das Maldivas (pt) Traducir Editar o valor en WikidataMohamed Muizzu (pt) Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoPeople's Majlis (en) Traducir , (Escano: 85) Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal5.405.557.162 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
MoedaRupia maldívia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.mv Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+960 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia119, 102 e 118 Editar o valor en Wikidata
Código de paísMV Editar o valor en Wikidata

Sitio webvisitmaldives.com Editar o valor en Wikidata
BNE: XX453141

Compoñendo un territorio que abarca aproximadamente 90,000 kilometros cadrados (34,749 sq mi), incluíndo o mar, a superficie terrestre de todas as illas comprende 298 kilometros cadrados (115 sq mi), Maldivas é unha dos estado soberanos e o país asiático máis pequeno así como un dos países de maioría musulmá máis pequenos por superficie terrestre e, con preto de 557.751 habitantes, o 2º país menos poboado de Asia. Malé é a capital e a cidade máis poboada, chamada tradicionalmente a "Illa do Rei" onde as antigas dinastías reais gobernaban pola súa localización central.[1]

O arquipélago das Maldivas está situado na Dorsal Chagos–Laquedivas, unha vasta cadea montañosa submarina no océano Índico, isto tamén forma unha ecorrexión terrestre, xunto co Arquipélago de Chagos e Laquedivas. Cunha elevación media do nivel do chan de 1´5 m. sobre o nivel do mar,[2] e cunha elevación natural máis alta de só 2,4 metros, é o país máis baixo do mundo. (Ten en conta que algunhas fontes indican que o punto máis alto, o monte Villingili, ten 5,1 metros)[2]

No século XII o islam chegou ao arquipélago das Maldivas, que se consolidou como sultanato, desenvolvendo fortes lazos comerciais e culturais con Asia e África . A partir de mediados do século XVI, a rexión pasou baixo a crecente influencia das potencias coloniais europeas, e as Maldivas converteuse nun protectorado británico en 1887. A independencia do Reino Unido chegou en 1965, e en 1968 estableceuse unha república presidencial cun Majlis do Pobo elixido. Nas décadas posteriores víron inestabilidade política, esforzos de reforma democrática,[3] e os retos ambientais que supón o cambio climático e aumento do nivel do mar.[4]

Historia

editar

A historia antiga de Maldivas é escura. Segundo a lenda maldivana, un príncipe cingalés chamado Koimale encallou coa súa esposa, filla do rei de Sri Lanka, nunha lagoa de Maldivas e dominou a rexión como o primeiro sultán.

Pasando os séculos, as illas foron visitadas e influenciadas por mariñeiros dos países do mar Arábigo e dos litorais do océano Índico. Os piratas de Mopla provenientes da costa Malabar, actualmente o Estado de Kerala na India, arrasaron as illas. No século XVI, os portugueses subxugaron e dominaron as illas por quince anos (1558 - 1573) antes de ser expulsados polo heroe nacional e despois sultán, Muhammad Thakurufaanu Al-Azam.

O país foi gobernado como un sultanato islámico independente na maior parte da súa historia entre 1153 e 1968. Foi un protectorado británico desde 1887 ata o 25 de xullo de 1965. En 1953, por un breve tempo, implantouse unha república pero o sultanato reimpúxose. Os maldivanos seguían o budismo antes de que se convertesen ao islam; esta conversión é explicada nunha controvertida historia mitolóxica sobre un demo chamado Rannamaari.

A independencia do Reino Unido obtívose en 1965, seguindo o sultanato por 3 anos máis. O 11 de novembro de 1968 foi abolido e substituído por unha república.

O 26 de decembro de 2004, as illas foron devastadas por un tsunami, que seguiu ao terremoto do océano Índico de 2004, que produciu ondas de 1.2 a 1.5 metros de alto e alagou o país case por completo. Polo menos 75 persoas morreron, incluíndo seis estranxeiros, e a infraestrutura destruíuse por completo en 13 illas habitadas e 29 das illas turísticas.

Política

editar

Maldivas é unha república presidencialista, é dicir, onde o presidente é xefe de estado e goberno. O presidente é elixido por cinco anos, por voto segredo do parlamento e ratificado despois por un referendo.

O poder lexislativo corresponde ao parlamento unicameral, a Majlis de Maldivas, composta por cincuenta membros, corenta e dous elixidos por sufraxio universal e oito nomeados polo presidente. Renóvase cada cinco anos.

Ata 2005 Maldivas tiña un sistema unipartidista dominado polo Dhivehi Rayyithunge Party. Ese ano legalizáronse os partidos políticos, sendo o Partido Demócrata de Maldivas o principal referente opositor.

Subdivisións

editar
 

As Maldivas teñen 26 atois naturais, divididos en 20 atois administrativos.

Atois administrativos:

Xeografía

editar
 
Illas Maldivas

A uns 700 km ó sur oeste de Sri Lanka, está formado por 20 atois con máis de mil illas de coral. As Maldivas manteñen a marca de ser o país máis plano no mundo, cunha altitude máxima de só 2,4 metros na illa Vilingili, no atol Addu. O 80% da súa superficie está a menos de 1 m de altura. O nivel do mar supón un perigo para o país, cun ascenso medio de 4,8 mm/ano.[5]

Un tsunami no océano Índico causado polo terremoto do 26 de decembro de 2004, causou que un sector das Maldivas fose cuberto polo mar, deixou a moitas persoas sen fogar, matou 82 persoas e outras 26 desapareceron. Despois do desastre, os cartógrafos están planeando redebuxar o mapa das illas devastadas polas alteracións provocadas polo tsunami. O pobo e o goberno están preocupados de que eventualmente o país sexa borrado do mapa.

 
Imaxe satélital de Maldivas.

As Maldivas posúen un clima tropical moderado pola presenza do océano Índico, que determina unha temperatura case constante ao longo do ano. Moi raras veces a temperatura descende por baixo de 25 graos.

O clima de Maldivas está determinado polo sistema de monzóns típico de certas rexións tropicais e ecuatoriais. Existen dous períodos importantes: a estación do monzón "seco" de inverno (iruvai) que sopra desde o nordés desde novembro a marzo, que é a época máis fresca; e a estación do monzón húmido de verán (hulhangu) que sopra do suroeste desde maio a novembro. Esta última caracterízase por ventos máis violentos, e maior precipitación. Nos períodos intermedios de mediados de abril e de fins de novembro as condicións meteorolóxicas son moi benignas e as augas posúen a súa máxima claridade.

A humidade é claramente inferior durante o monzón de inverno.

Economía

editar
Artigo principal: Economía das Maldivas.

A economía das Maldivas foi por moitos séculos totalmente dependente da pesca e doutros produtos mariños, e aínda hoxe segue sendo a principal ocupación da poboación. Este feito significou tamén que o goberno lle dese unha prioridade especial ao desenvolvemento do sector pesqueiro. Porén, as illas reciben 600 000 turistas cada ano.[5]

Ademais da pesca, outra actividade que creceu durante os últimos anos é o turismo. O seu desenvolvemento creou directa e indirectamente emprego e xerou oportunidades noutras áreas laborais, como son as industrias. Na actualidade, o turismo é responsable do maior ingreso de moeda estranxeira no país, contribuíndo cun 20 % do PNB. Con 86 centros turísticos en operación, no ano 2000 alcanzouse a cifra de 467.174 turistas estranxeiros.

A pesca desenvolveuse nos últimos tempos de forma considerable. En 1974 mecanizouse o bote tradicional de pesca e tres anos despois instalouse unha planta de envasado de peixe na illa de Felivaru. Ademais, en 1979 creouse un Comité que asesora ao goberno sobre temas de pesca e mesmo se incluíron temas relacionados coa pesca no currículo escolar. Grazas a este desenvolvemento e ao establecemento da Zona Económica Exclusiva de Maldivas, a industria pesqueira contribúe con máis do 15 % no PIB.

A agricultura esta limitada pola escaseza de terras cultivables, hai pequenas plantacións de palmeiras cocoteiras, papaia e árbore do pan. O coco representa o principal recurso agrícola, elaborándose tecidos coa súa fibra e elaborando copra. É tan importante o coco que o valor dunha illa se determina polo número de palmeiras cocoteiras que posúe o cal é controlado anualmente en forma rigorosa polo Xefe da illa. Nas illas máis grandes hai algunhas plantacións de froita e verdura, que sofren pola escaseza de auga e a alcalinidade do terreo. Existen algúns experimentos en curso con cultivos hidropónicos.

Demografía

editar
 
Evolución da poboación entre 1961 e 2003 (cifras da FAO, de 2005 en miles de habitantes).

As Maldivas comprenden un grupo de ao redor de 1.900 illas no océano Índico. Probablemente os seus primeiros poboadores procederon do sur da India e foron falantes indo-europeos de Sri Lanka, durante os séculos V e IV a.C..

No século XII, chegaron ás illas navegantes desde África do leste e países arábigos. Na actualidade, a identidade étnica das Maldivas é unha conxunción desas culturas, reforzada pola relixión e o idioma.

Orixinariamente budistas, os cingaleses foron convertidos ao sunnismo a mediados do século XII. O islam é a relixión oficial.

No ano 2007, Maldivas tiña unha poboación de 369.000 habitantes. A esperanza de vida é de 64 anos. O 97.2% da poboación está alfabetizada. A media de fillos por muller é de 4.78, unha das taxas máis elevadas do mundo, o cal está provocando un crecemento de poboación nunca visto na historia do país e isto vai levar á destrución dos seus bosques e recursos naturais.

O idioma oficial é o dhivehi (a escritura é chamada thaana), un idioma indoeuropeo relacionado co cingalés, o idioma oficial de Sri Lanka. O sistema de escritura thaana é de dereita a esquerda. O inglés é amplamente utilizado para o comercio e de xeito crecente, é un medio de ensino nas escolas gobernamentais.

Cidades

editar

Segundo os datos do censo de marzo de 2006, as principais poboacións son:

Cultura

editar

As Maldivas son un país musulmán rigoroso. O islam é a única relixión legal. Está prohibido introducir :

  • obxectos doutras relixións sexa cal sexa a súa natureza (insignias, libros, estatuas, e inclusive souvenirs da India ou de Ceilán, por exemplo).
  • alcohol, carne de porco etc.
  • revistas ou obxectos eróticos.

Como o país non pode prescindir da contribución económica do turismo, estes obxectos, cando son detectados na aduana do aeroporto de Malé, son metidos en consigna e devoltos á saída.

Os hoteis, situados nas illas onde non poden servir aos habitantes do país, serven alcohol sen restrición. Practicamente o único lugar onde o turista non musulmán pode contactar coa poboación local é na pequena capital, Malé. Nas outras illas, aplícase unha segregación estrita.

Turismo

editar
 
Capital das Maldivas, Malé.
 
Peixes e anemones nas Maldivas.

Maldivas é famosa pola beleza e rareza do seu mundo subacuático. A diversidade das cores azul e turquesa das súas augas e a abundancia e a variedade da vida subacuática fascinan os amantes do mergullo. A visibilidade submarina que ás veces chega a ser de ata 50 metros, sumado á calidez das augas fai moi pracenteira a práctica de actividades subacuáticas.

Maldivas é chamada 'o último paraíso sobre a terra' e en efecto posúe un conxunto de atributos de ilusión: illas tropicais virxes con palmeiras, praias con areas de brancura inmaculada e lagoas de augas turquesa.

Moitos dos complexos de vacacións posúen escolas de mergullo profesionais que cobren as necesidades de novatos e expertos. Ademais é moi común que os hoteis posúan arrecifes coralinos pouco profundos a escasos metros da praia, que son adecuados para persoas que practican mergullo e onde tamén é posible practicar a fotografía subacuática.

Unha serie de sitios sobre o lado leste do atol ao norte de Malé posúen moi boas condicións para a práctica do surf, deporte que está comezando a desenvolverse nesa zona.

Nas Maldivas tamén é posible realizar avistaxe embarcado de baleas e golfiños. Máis de vinte especies foron identificadas nas augas do arquipélago.

O desenvolvemento do turismo fomentou o crecemento total da economía do país e creou oportunidades directas e indirectas de emprego e de renda noutras industrias relacionadas. Hoxe, o turismo é a maior vía de ingreso de moeda estranxeira do país, contribuíndo ó vinte por cento do PIB. Cos recursos turísticos de oitenta e seis complexos turísticos en funcionamento, o ano 2006 rexistrou 601.923 chegadas turísticas.

Referencias
  1. "Male | Geography, Facts, & Points of Interest". Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2021. Consultado o 11 de xuño de 2020. 
  2. 2,0 2,1 Henley, Jon (11 de novembro de 2008). "The last days of paradise". The Guardian (London). Arquivado dende o orixinal o 4 de setembro de 2013. Consultado o 12 de maio de 2010. [As Maldivas] ostenta o récord do país co menor punto álxido da terra: en ningunha das illas de Maldivas o nivel natural do chan supera os 5.1 m. A maior parte da masa terrestre das [Maldivas], que suma aproximadamente unha quinta parte do Gran Londres, é moito máis baixa [...], cunha media duns 1,5 m. 
  3. "Maldives – Country report – Freedom in the World – 2015". 21 de xaneiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2016. Consultado o 19 de xuño de 2016. 
  4. National Adaptation Program of Action: Republic of Maldives (PDF) (Informe). Ministry of Environment, Energy and Water. 2007. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xaneiro de 2021. Consultado o 24 de febreiro de 2019. 
  5. 5,0 5,1 "Jewels of the Maldives". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-02-15. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar