A copra[1] é a polpa seca do coco, máis ben a medula do coco (parte sólida do endosperma), partida en anacos e desecada, utilizada para a obtención do aceite de coco. O nome deriva dunha palabra en lingua malayalam, koppara que significa coco seco. A palabra copra non é o nome científico do coco (Cocos nucifera Linnaeus, Arecaceae).

Cocos a asollar, en Kerala, India.
Copra crúa
Valor nutricional por 100 g
Enerxía354 kcal (1 480 kJ)
24.23
Azucres6.23
Fibra alimentaria9
33.49
3.33 g
VitaminasCantidade
%DV
Tiamina (B1)
6%
0.066 mg
Riboflavina (B2)
2%
0.02 mg
Niacina (B3)
4%
0.54 mg
Ácido pantoteico (B5)
20%
1.014 mg
Vitamina B6
4%
0.05 mg
Vitamina C
4%
3.3 mg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
1%
14 mg
Ferro
19%
2.43 mg
Magnesio
9%
32 mg
Fósforo
16%
113 mg
Potasio
8%
356 mg
Cinc
12%
1.1 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga47
As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient

Características

editar

O aceite de coco extráese relando a copra e fervéndoa despois en auga. A copra foi desenvolvida como un produto comercial por mercadores dos mares do sur e do sur de Asia cara aos anos 1860s.

A elaboración da copra, é dicir, tirar a casca, desfacer a polpa en anacos e enxugala, normalmente realízase onde crecen os cocos. Na actualidade existen grandes plantacións onde se integran todas as operacións, mais outrora a copra era recollida por comerciantes que ían de illa en illa apañándoa polo océano Pacífico. Na actualidade o aceite de coco obtense en fábricas especializadas que extraen o aceite en extractores ou por medio de solventes: mediante extractores obtense un 60% de aceite de coco e o residuo chamado pasta de coco, é un alimento moi nutritivo para o gando vacún, principalmente leiteiro. O aceite de coco procésase para quitarlle a acidez e a cor e é usado principalmente para a fabricación de xabóns. Hidroxenado, úsase como manteiga en panadarías, chocolate, recheos de galletas e incluso en leite en po e queixos. E nunha cantidade considerábel de alimentos.

  1. Nome galego en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde, A Coruña, Deputación da Coruña, 2000

Véxase tamén

editar