O aceite de coco, ou de copra, é un aceite vexetal, coñecido tamén como manteiga de coco. Trátase dunha substancia graxa que contén cerca do 90 % de ácidos saturados extraídos mediante prensado da polpa ou a carne dos cocos (froito do coqueiro: Cocos nucifera). Emprégase moito na industria da cosmética (para a elaboración de xabóns e cremas) e tamén pode verse nas gastronomías dalgúns países asiáticos. Este produto constitúe o 7 % do total da accións de Filipinas (o maior exportador deste produto). O aceite de coco atópase de xeito líquido a partir dos 25 °C de temperatura. Por debaixo desa temperatura tende a solidificarse con maior intensidade a máis baixa temperatura. As propiedades do aceite de coco non se alteran ao pasar do estado sólido a líquido nin viceversa. A súa coloración é branca en estado sólido e transparente lixeiramente amarelenta en estado líquido. A súa acidez está por debaixo do 2 %.[1]

Aceite de coco.

Historia editar

O aceite de coco, polas súas magníficas propiedades, á súa vez beneficiosas para o organismo do ser humano e pola súa estabilidade a altas temperaturas, usouse masivamente durante anos na industria alimentaria, en especial na bolería industrial e nas comidas prefabricadas. A produción do aceite de coco adoita provir de países que utilizan agricultura ecolóxica nos seus cultivos e tratamento manual das colleitas. Por iso, normalmente ten un prezo superior ao doutros cultivos de vexetais dos cales se obteñen aceite.

Durante a segunda guerra mundial, o exército xaponés ocupou Filipinas e outras illas do Pacífico Sur, onde se levaron a cabo moitas batallas sanguentas. O fornecemento de aceite de coco que no seu momento foi abundante, reduciuse drasticamente. Aínda que o aceite de coco fora moi popular tanto na cociña como ingrediente agregado a moitos produtos alimentarios, a continua ocupación do exército interrompeu o fornecemento durante anos a medida que a guerra se alongaba lentamente.

Os fabricantes comezaron a desenvolver fontes alternativas de aceite para cociñar e así naceu o aceite poliinsaturado. Cando a guerra terminou, xa había moito diñeiro vinculado na promoción destes aceites vexetais poliinsaturados. A finais da década de 1950, a opinión pública opúxose completamente ás graxas saturadas, tales como a manteiga (e o aceite de coco). Culpáronse erroneamente polo aumento do colesterol nas persoas, e o colesterol converteuse no inimigo malo, o culpable responsable do aumento de enfermidades cardíacas.

Emprego editar

Saúde editar

Emprégase fundamentalmente como humectante (en forma de xabróns) e actúa sobre a pel como unha camada protectora axudando a reter a humidade. Actúa como un aceite suave e sedoso moi recomendado para a pel irritada e inflamada e tamén se recomenda para aquelas persoas que teñen unha pel sensible. É un excelente acondicionador sen enxaugadura para o cabelo se é aplicado en pequenas cantidades nas puntas, co cabelo limpo, e nunca sobre o coiro cabeludo, xa que este produce os seus propios aceites.

Cosmético editar

Este aceite foi utilizado desde tempos remotos polas mulleres da Polinesia, Filipinas etc., como un gran produto de beleza que lles axudou a coidar o seu cabelo e a súa pel.

É un aceite que forma parte da formulación de produtos cosméticos, sobre todo, produtos para o coidado do cabelo, xabróns, cremas para beizos e cremas hidratantes.

O aceite de coco virxe é o aliado perfecto para coidar o noso cabelo xa que nos axudará a que luza realmente fermoso e saudable. É un gran protector do cabelo proporcionándolle nutrientes, brillo e gran suavidade polo que é ideal para o coidado do cabelo seco e danado. Tamén favorece o crecemento do pelo e manteno libre de caspa.

O aceite de coco tamén nos pode axudar a coidar a nosa pel, só temos que ser constantes no uso para gozar dos seus moitos beneficios. Entre as súas múltiples cualidades están: reter a humidade da pel manténdoa hidratada, tonificar e suavizar a pel, empregado pola noite prevén engurras, polas súas propiedades antioxidantes prevén a aparición das manchas da idade, tamén nos pode axudar a facer desaparecer as xa existentes, refrescar a nosa pel logo dunha exposición ao sol...

Culinario editar

Emprégase nos produtos de bolaría e na elaboración de aperitivos (xunto co aceite de palma). Só o aceite virxe extra é moi san para a saúde, ideal para regular o nivel de colesterol. A manteiga de coco, ao ser un ácido graxo de cadea mediana, non produce danos para a saúde se se consome moderadamente. Tamén se emprega, en países asiáticos, para pratos de fritada denominados gorem (Indonesia, Filipinas, Ecuador etcétera).

Industrial editar

Emprégase como un compoñente para a produción de biodiésel.

O aceite de coco é un ingrediente base para a manufactura de xabón. O xabón feito con aceite de coco tende a ser duro, aínda que tamén retén máis auga que aqueles feitos con outros aceites e en consecuencia os rendementos ao producilo son maiores. É máis soluble en augas duras e augas salobres que outros xabóns, permitindo así que forme burbullas máis facilmente.[2] Un xabón de aceite de coco é claro cando está fundido e dun branco brillante cando solidifica.[3]

Emprégase tamén na elaboración de coberturas de chocolate para xeados e na produción de resinas para a industria química.

Composición de ácidos graxos editar

Notas editar

  1. http://www.aceitedecoco.org/composicion-y-propiedades-del-aceite-de-coco/
  2. Alsberg, CL; Taylor AE (1928). The Fats and Oils – A General Overview (Fats and Oils Studies No. 1). Stanford University Press. p. 86. ISBN 0-8047-0330-2. 
  3. Browning, M (2003). 300 Handcrafted Soaps – Great Melt & Pour Projects. Sterling Publishing. p. 9. ISBN 978-1-4027-0797-1. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar