Cosmética
estudo e aplicación de tratamentos de beleza
A cosmética[1] é unha área da ciencia farmacéutica e das ciencias químicas e bioquímicas dedicada á pescuda, desenvolvemento, elaboración, produción, comercialización e aplicación de produtos cosméticos. Estuda os recursos de tratamento e embelecemento natural baseado no uso de produtos e substancias denominados xenericamente como cosméticos de aplicación externa e superficial.
Características
editarOs produtos cosméticos empréganse para o tratamento da pel, cabelo e unllas e tamén o tratamento de pés, mans, aplicación de unllas artificiais, peiteados, lavado de cabelo, aplicacións cosméticas, eliminación de pelos, relaxamento capilar, así como permanentes, perrucas e deseño de cellas.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cosmética.