Nauru[1] (/nɑːˈr/[2] ou /ˈnr/;[3] nauruano: Naoero), oficialmente República de Nauru (nauruano: Repubrikin Naoero) e antes coñecida como Pleasant Island, é un país insular e un microestado en Oceanía, no Pacífico Central que comprende unha soa illa xusto ao sur do ecuador. O seu veciño máis próximo é a illa Banaba en Kiribati, a 300 km (190 mi) ao leste.[4] Atópase máis ao noroeste de Tuvalu, 1 300 km (810 mi) ao nordeste das Illas Salomón,[5] ao leste-nordeste de Papúa Nova Guinea, ao sueste dos Estados Federados de Micronesia e ao sur das Illas Marshall. Con só unha área de 21 km2 (8,1 sq mi), Nauru é o terceiro país máis pequeno do mundo por detrás da Cidade do Vaticano e Mónaco, converténdoa na república máis pequena así como na nación insular máis pequena. A súa poboación duns 10.000 habitantes é a segunda máis pequena do mundo (sen incluír colonias nin territorios de ultramar), despois da Cidade do Vaticano.

Modelo:Xeografía políticaNauru
Ripublik Naoero (na)
Naoero (na) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoNauru Bwiema Editar o valor em Wikidata

Lema«God's will first» Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 0°31′39″S 166°56′06″L / -0.5275, 166.935Coordenadas: 0°31′39″S 166°56′06″L / -0.5275, 166.935
CapitalYaren Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Aiwo
Anabar (pt) Traducir
Anetan (pt) Traducir
Anibare (pt) Traducir
Baiti (pt) Traducir
Boe (pt) Traducir
Buada (pt) Traducir
Ewa (pt) Traducir
Ijuw (pt) Traducir
Meneng (pt) Traducir
Nibok (pt) Traducir
Uaboe (pt) Traducir
Yaren
distritos de Nauru (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación13.650 (2017) Editar o valor em Wikidata (650 hab./km²)
Lingua oficialLingua nauruana
lingua inglesa (De facto) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie21 km² Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoJanor (pt) Traducir (70 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoOcéano Pacífico (0 m) Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación31 de xaneiro de 1968 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Presidente Editar o valor em WikidataDavid Adeang (2023–) Editar o valor em Wikidata
Órgano executivoCabinet of Nauru (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Presidente Editar o valor em WikidataRuss Kun Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoParlamento de Nauru (pt) Traducir , (Escano: 19) Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal145.536.603 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
MoedaDólar australiano Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.nr Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+674 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia111, 110 e 112 Editar o valor em Wikidata
Código de paísNR Editar o valor em Wikidata

Facebook: republicofnauru Twitter: Republic_Nauru Editar o valor em Wikidata

É un atol de forma oval, elevado, escarpado na súa beira mariña e con areosas praias intercaladas con montículos coralinos na súa beira interior, e cunha superficie de 21 km². Habitada por persoas de Micronesia cara ao ano 1000 AEC, Nauru foi anexionada e reclamada como colonia polo Imperio Alemán a finais do século XIX. Despois da primeira guerra mundial, Nauru converteuse nun mandato da Liga de Nacións administrado por Australia, Nova Zelandia e o Reino Unido. Durante a segunda guerra mundial, Nauru foi ocupada polas tropas xaponesas, e foi obviado polo avance aliado polo Pacífico. Despois de rematar a guerra, o país entrou en Tutela das Nacións Unidas. Nauru conseguiu a súa independencia en 1968 e converteuse en membro da Comunidade do Pacífico (PC) en 1969.

Gran parte da súa prosperidade debeuse á explotación dos depósitos de fosfato que se atopaban na illa e cuxo orixe é disputado: poderían ser depósitos de guano acumulados durante miles de anos ou poderían ser de orixe mariña. O fosfato utilízase como fertilizante e a maioría do producido na illa foi exportado cara a Australia durante máis dun século, aínda que a costa de danar seriamente o medio ambiente da illa. Coa extinción das reservas de fosfato na década de 1990, Nauru fai fronte a un futuro económico pouco claro. Parte da riqueza obtida coa explotación deste recurso foi colocada como fideicomiso para o futuro. Tras acumular ata 2.000 millóns de dólares estadounidenses, a mala calidade dos investimentos escollidos e a súa utilización para completar orzamentos deficitarios ano tras ano fixo minguar os aforros e en 2004 o restante foi vendido para cancelar a súa débeda externa. Para obter ingresos, Nauru converteuse brevemente nun paraíso fiscal e nun centro ilegal de branqueo de capitais.[6] De 2001 a 2008, e de novo a partir de 2012, aceptou axuda do Goberno australiano a cambio de acoller o Nauru Regional Processing Centre, unha controvertida instalación de detención de inmigración offshore australiana. Como resultado da gran dependencia de Australia, algunhas fontes identificaron Nauru como un estado cliente de Australia.[7][8][9] O estado soberano é membro das Nacións Unidas, da Commonwealth de Nacións e da Grupo de Estados de África, Caribe e Pacífico.

Historia editar

Os acontecementos anteriores a súa colonización a finais do século XIX son pouco coñecidos por falta de fontes escritas e a case ausencia de datos arqueolóxicos. Os feitos posteriores son estreitamente vinculados á historia da súa única riqueza: o fosfato.

 
Nauruanos e as súas casas tradicionais en Arenibek en 1896.

Probablemente poboada inicialmente por melanesianos e micronesios, sufriu unha segunda onda de migración con poboadores orixinarios do litoral chinés pasando pola Filipinas ao redor do ano 1200 adC. A illa foi descuberta para os europeos polo capitán británico John Fearn. Foi colonizada e pasou a estar baixo o poder de varios países, Alemaña en 1888, Australia en 1920, o Xapón entre 1940 e 1945 e de novo Australia en 1947 tras a segunda guerra mundial. Nauru logrou a súa independencia de Australia en 1968 e logrou ser aceptada como membro da Organización das Nacións Unidas en 1999 .

A partir de 1903 o xacemento de fosfato da illa foi explotado por varias compañías coloniais ou estatais. Este fosfato constituíu case a única fonte de recursos da illa durante pouco menos dun século e asegurou aos nauruanos un nivel de vida moi elevado durante varias décadas. O esgotamento das reservas engadido ás malas políticas económicas levaron a Nauru á quebra e á inestabilidade política a partir dos anos 1990. Tratando de diversificar as fontes de recursos, Nauru intentou aumentar os seus ingresos pola vía do branqueo de diñeiro, a venda de pasaportes e a venda dos seus votos nas organizacións internacionais. A chegada o 2004 dunha novo goberno e dunha nova política económica pareceu levar unha mellor transparencia ás finanzas do estado nauruano.

 
Casa e piraguas en 1896.
 
Nauru baixo o ataque de avións B-24 Liberator.

Durante a segunda guerra mundial, as forzas xaponesas ocuparon a illa o 26 de agosto de 1942.[10] O campo de aviación construído polo exército xaponés foi bombardeado polos aliados en marzo de 1943, impedindo o abastecemento de víveres. Os xaponeses deportaron 1.200 nauruanos para traballar nas Illas Chuuk, onde faleceron 463 deles.[11] A illa foi liberada o 13 de setembro de 1945 cando o buque de guerra australiano HMAS Diamantina arribou á illa e as forzas xaponesas rendéronse. A British Phosphate Commission realizou as xestións oportunas para poder repatriar aos nauruanos de Chuuk, que foron trasladados a Nauru polo transporte BPC "Trienza" en xaneiro de 1946.[12]

En 1947, un tratado foi aprobado polas Nacións Unidas, e Australia, Nova Zelandia e o Reino Unido fixéronse outra vez coa illa. Nauru fíxose autónomo en xaneiro de 1966, e logo dunha convención constitucional de dous anos, fíxose independente en 1968, baixo a presidencia do fundador Hammer DeRoburt. En 1967, a xente de Nauru comprou os activos da British Phosphate Commission, e en xuño de 1970, o control pasou a mans da local Corporación de Fosfato de Nauru Os ingresos xerados pola explotación de fosfato deron aos nauruanos un nivel de vida dos máis altos do Pacífico.

En 1989, o país estableceu un preito contra Australia no Tribunal Internacional de Xustiza sobre as accións de Australia durante a súa administración de Nauru, en particular, o fracaso de Australia de remediar o dano ambiental causado pola minería de fosfato. O asunto rematou cun acordo para rehabilitar as zonas mineiras.[13] A diminución de reservas de fosfato conduciu á crise económica en Nauru, e unha inestabilidade política crecente desde mediados dos anos 80. Nauru sufriu 17 cambios na administración entre 1989 e 2003.

Cronoloxía editar

Esta liña do tempo retrata o que pasou despois do descubrimento europeo.

 
Desde 1800 ata o 2000, esta liña do tempo relata os acontecementos máis importantes (en francés).

Política editar

O parlamento de 18 membros é elixido cada tres anos. O parlamento elixe un presidente entre os seus membros, quen designa un gabinete de entre cinco e seis ministros. O presidente é ao mesmo tempo o xefe do estado e do goberno. Existe un sistema multipartidista aínda que con poucas diferenzas nas súas organizacións. Os principais partidos son o Partido Democrático e o Partido Reformista.

Entre 1999 e 2004 houbo unha serie de votos desaprobatorios ao goberno que produciron eleccións que levaron de forma alterna a René Harris e a Bernard Dowiyogo á presidencia. Dowiyogo morreu sendo presidente o 18 de marzo de 2003 en Washington DC tras unha cirurxía do corazón. Ludwig Scotty foi elixido presidente o 29 de maio de 2003 e aínda que se pensou que terminarían os anos de inestabilidade, en agosto de 2003 houbo outra moción de confianza perdida polo goberno. Harris logrou novamente suficiente apoio para regresar á presidencia, na que estaría ata 2004, cando Scotty gañou as eleccións.

O 19 de decembro de 2007, Marcus Stephen converteuse en novo presidente tras unha moción de censura presentada contra Ludwig Scotty. Scotty dimitiu en 2011 e Freddie Pitcher accedeu á presidencia. Unha semana despois, Sprent Dabwido presentou unha moción de censura que saíu adiante, e el mesmo converteuse en presidente.[14] Despois das eleccións parlamentarias de 2013, Baron Waqa pasou a ser o novo presidente de Nauru,[15] ata que perdeu o seu escano nas eleccións parlamentarias de 2019, tras as cales foi elixido presidente Lionel Aingimea.[16]

Artigo principal: Lista de presidentes de Nauru.

Organización territorial editar

 

Nauru ten 14 distritos:

Xeografía editar

Nauru é unha pequena illa de fosfato rodeada dun arrecife que queda exposto coa marea baixa ao oeste do Océano Pacífico, ao sur das Illas Marshall, A maior parte da poboación vive nun estreito cinto costeiro. Unha planicie central cobre aproximadamente o 45% do territorio e elévase 65 m sobre o nivel do mar. Posúe unha pequena lagoa ao suroeste da illa chamada Lagoa de Buada.

A extracción intensiva de fosfato por parte de empresas inglesas afectou grandemente o ecosistema de Nauru, deixando o 90% da parte central de Nauru como unha planicie non cultivable, ademais de limitar os recursos actuais da illa. Por outra parte, e aínda que, segundo o goberno de Nauru, o 80% do territorio estea "ben elevado", non cabe dúbida de que a súa existencia corre grandes riscos, ao igual que a doutros atois, co cambio climático e a futura elevación do nivel do mar.

 
Unha imaxe aérea de Nauru en 2002 do Programa de Medida Atmosférica De radiación do Ministerio de Enerxía estadounidense. A vexetación rexenerada cobre o 63 % de terra que foi extraída.

Debido á súa proximidade co ecuador o seu clima é cálido e húmido, estendéndose a estación de choivas desde novembro ata febreiro. A dispoñibilidade de auga é limitada, polo tanto, os poboadores dependen do uso de tanques para recoller a auga e da desalinización.

Nauru era unha de tres grandes illas de fosfato no océano Pacífico (as demais son Banaba (Illa Ocean) en Kiribati e Makatea na Polinesia francesa); con todo, as reservas de fosfato case están esgotadas, logo de devastar o 80% da illa, deixando un terreo estéril de pináculos de calcaria dentados de ata 15 m de altitude. A minería tamén tivo un impacto sobre a vida marítima que se viu reducida nun 40%.

Hai só sesenta especies rexistradas de traqueófitas na illa, ningunha das cales é endémica. A actividade humana, tivo serias repercusións sobre a vida local. Non hai mamíferos propios na illa, pero se aves, ademais de insectos e moluscos. Especies como ratas polinesias, gatos, cans, porcos e polos foron introducidos recentemente na illa.

Hidrografía, clima e chans editar

No suroeste da illa atópase a lagoa de Buada. O clima de Nauru é predominantemente tropical, con constantes choivas e monzóns entre os meses de novembro e febreiro. A falta de auga potable e a extensa actividade mineira de fosfato durante 90 anos, derivaron que os chans centrais da illa queden parcialmente inservibles para o cultivo e gandería dalgunhas especies, no bordo da illa cultívase: coco, manga e améndoa.

Vexetación editar

 
Puntas de coral sobre a praia.

A vexetación tropical é frecuente sobre o litoral e ao redor da lagoa de Buada pero relativamente ausente no centro da illa en consecuencia da explotación mineira.

Hai algunhas especies endémicas en Nauru cuxa supervivencia está comprometida pola destrución do seu hábitat por parte da explotación mineira, a contaminación) e pola introdución de especies invasorias (cans, gatos, galiñas, rata polinésicas etc.)

O medio ambiente mariño (en particular o cinto de coral que rodea a illa) foi degradado polas desestimacións vinculadas á explotación de fosfato e á urbanización. Ultimamente se teñen detectado casos de perda de vitalidade na barreira de coral circundante, como branqueo de corais. O goberno da illa, que recoñeceu estes feitos perante as Nacións Unidas, lembra que calquera oscilación da temperatura superficie do mar afectará irremisiblemente a poboación de coral, que vive preto do seu límite de tolerancia á calor, entre 25 e 29 graos centígrados.

Economía editar

 
Depositos de fosfato cerca á lagoa Buada.
Artigo principal: Economía de Nauru.

A economía de Nauru baséase nos xacementos de fosfatos, que ocupan boa parte da illa. A súa explotación iniciouna a principios do século XX a British Phospate Corporation, que en 1967 vendeu ao país os seus dereitos por 20 millóns de dólares australianos, 3 anos máis tarde, en 1970 creouse a Nauru Phospate Corporation, para xestionar tales recursos. O febril ritmo de crecemento nas últimas décadas, con máis de seis millóns de toneladas extraídas desde 1935, esgotaron rapidamente os xacementos, o cal unido á baixa demanda internacional e o aumento dos custos de produción fixo que o goberno inicie unha política urxente de diversificación da economía.

Os fosfatos deron a Nauru unha renda per cápita que a situou no limiar do mundo desenvolvido, ademais dunhas condicións de vida excelentes sen parangón en ningún outro lugar do mundo, xa que non existían nin o desemprego, nin os impostos e os servizos sociais eran totalmente gratuítos. Con todo, hoxe a rehabilitación dos campos de extracción de fosfato e a substitución dos ingresos producidos pola venda do mesmo son serios problemas a longo prazo. O goberno intentou cubrir o déficit fiscal a través da obtención de préstamos.

Outra fonte de ingresos eran os alugueres cobrados en Nauru House, unha das máis altas edificacións en Melbourne a cal foi construída coas ganancias obtidas a través da venda dos fosfatos. Desafortunadamente, os malos manexos e a corrupción nos anos noventa levárono á ruína. Os grandes ingresos obtidos pola extracción de fosfatos desperdiciáronse. En novembro de 2004, nun esforzo por pagar aos acredores de Nauru, vendéronse os activos que a nación posuía en Melbourne, incluíndo Nauru House, pola suma de 150 millóns de dólares.

 
Fábrica de refinado do fosfato, actualmente en ruínas.

Co fin de potenciar a súa economía, Nauru converteuse nun paraíso fiscal na década dos 90. Por entón, calquera podía establecer unha conta menor a 25.000$ sen tan sequera visitar a illa ou ter algún rexistro da súa identidade. A mafia rusa aproveitou ese escenario para o seu propio beneficio; coa política do silencio bancario os gánster rusos trasladaron ao redor de 70 mil millóns de dólares en activos, segundo unha estimación do Banco Central da Federación Rusa. Tal situación provocou que a FATF identificase a Nauru como un dos 15 países non cooperativos na loita contra o lavado de diñeiro. A situación cambiou, con todo, a partir de outubro de 2005, cando se aprobou unha lei pola cal eliminábase a posibilidade do branqueo de diñeiro. Tras esta lei, aprobada grazas á presión da FATF, Nauru foi borrado da lista de países non cooperativos.

 
Nauru House en Melbourne.

Nauru actualmente está implicado nun preito australiano contra os Estados Unidos sobre un acordo fracasado. Segundo dise, os representantes dos Estados Unidos ofreceron mil millóns de dólares para a recuperación económica da illa. No cambio, Nauru promulgou a lexislación que limita a eficacia de lavado de diñeiro de ultramar e a evasión fiscal. Simultaneamente, estableceron unha embaixada Nauruana na China (en realidade funcionando no control dos Estados Unidos), axudando á deserción de científicos norcoreanos e funcionarios a través da fronteira. Supostamente saíu gañando Kyong Won-ha, o científico segundo dise responsable da maior parte do programa nuclear de Pyongyang. Esta iniciativa foi chamada Operation Weasel ("Operación doniña").

Cando as noticias deste acordo despois de que Nauru fose levado a cabo coa lexislación necesaria e os preliminares da embaixada (que con xustiza debuxou a sospeita da China como foi provisto de persoal completamente por habitantes do oeste), os Estados Unidos responderon que os axentes que fixeron o trato con Nauru nunca tiveron a autoridade para facer tal contrato, e Nauru aínda non recibiu a axuda prometida. O caso de Nauru contra os Estados Unidos é un dos xuízos aínda pendentes, pero favorece á nación da illa sobre a superpotencia.

Demografía editar

Nauru ten unha poboación de 13.048 habitantes (2005), dos cales un 58% eran de Nauru, un 28% eran doutras illas do Pacífico, un 8% eran chineses e un 8% europeos. O idioma oficial é o nauruano. O inglés tamén se fala e é a linguaxe do comercio e o goberno. A relixión maioritaria é o cristianismo, que se divide en protestante (66%) e católica (33%).

O crecemento anual da poboación estímase nun 2,7%. Para o ano 2015, estímase que a poboación alcance os 17.000 habitantes, cun crecemento anual levemente menor, dun 2,2%. A mortalidade infantil alcanza a 25 por cada 100 menores, e elévase a 30 por cada 1.000 menores de 5 anos. A cantidade de médicos por persoa ascende a 157 por cada 100.000 persoas (1995).

A taxa de alfabetización alcanza un 95%, sendo dun 93% entre os homes e un 96% entre as mulleres. A taxa de inscrición escolar primaria alcanza un 98%, un 99% para os homes e un 97% para as mulleres (2000).

Cultura editar

 
A gran final de fútbol australiano.

A cultura de Nauru conserva algunhas das tradicións das tribos orixinarias da illa, pero é patente a introdución de influencias occidentais, que desprazaron en gran medida ás primeiras.

Os nauruanos descenden dos polinesios e micronesios, quen crían na deusa Eijebong e o espírito da terra chamado Buitani. Dous das doce tribos orixinais extinguíronse no século XX: na actualidade, o 26 de outubro celébrase o día de Angam, que celebra a recuperación da poboación de Nauru logo das guerras mundiais, que reduciron á poboación indíxena a menos de 1500 habitantes. Algunhas tradicións, en relación por exemplo coa música, a arte e a pesca, mantéñense vixentes entre os habitantes, pero o desprazamento da súa cultura por tradicións foráneas é palpable.

Non hai noticias diarias, senón que hai publicacións cada quince días e boletíns. Hai unha estación de televisión, Nauru Television (NTV), que televisa programas desde Nova Zelandia, e unha estación estatal de radio non comercial, Radio Nauru, que emite programas de Radio Australia e a BBC. Ambas son de titularidade estatal.

O deporte máis popular é o fútbol australiano. Hai unha liga nacional con sete equipos e todos os partidos xóganse no único estadio da illa, o Linkbelt Oval. Outros deportes populares son o softbol, o crícket, o golf, a vela, o tenis e o fútbol.

Festas
Data Nome en galego
1 de xaneiro Ano novo
31 de xaneiro Festa da Independencia
17 de maio Día da constitución
25 de setembro National Youth Day
26 de outubro Angam Day
1 de novembro Todos os santos
25 de decembro Nadal
26 de decembro Boxing Day

Notas editar

  1. Definición de nauruano no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. "Nauru Pronunciation in English". Cambridge English Dictionary. Cambridge University Press. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2015. Consultado o 16 de febreiro de 2015. 
  3. "Nauru – Definition, pictures, pronunciation and usage notes". Oxford Advanced Learner's Dictionary. Oxford University Press. Arquivado dende o orixinal o 2 de xaneiro de 2015. Consultado o 2 de xaneiro de 2015. 
  4. "Nauru and Ocean Island". II(8) Pacific Islands Monthly. 15 de marzo de 1932. Consultado o 26 de setembro de 2021. 
  5. "Yaren | district, Nauru". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2 de setembro de 2019. 
  6. Hitt, Jack (10 de decembro de 2000). "The Billion-Dollar Shack". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2018. Consultado o 29 de xaneiro de 2018. 
  7. "Pacific correspondent Mike Field". Radio New Zealand. 18 de xuño de 2015. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2015. Consultado o 8 de decembro de 2015. 
  8. "Nauru's former chief justice predicts legal break down". Special Broadcasting Service. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2015. Consultado o 8 de decembro de 2015. 
  9. Ben Doherty (28 de outubro de 2015). "This is Abyan's story, and it is Australia's story". The Guardian. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2017. Consultado o 12 de decembro de 2016. 
  10. Lundstrom, John B., The First Team and the Guadalcanal Campaign, Naval Institute Press, 1994, p. 175.
  11. "Nauru: A Middle Ground During World War II - April 3, 2000". web.archive.org. 2012-02-08. Archived from the original on 08 de febreiro de 2012. Consultado o 2020-04-06. 
  12. Garrett, J (1996). Island Exiles (en inglés). ABC. ISBN 0-7333-0485-0. 
  13. "Certain Phosphate Lands in Nauru (Nauru v. Australia)". Tribunal Internacional de Xustiza. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2018. Consultado o 14 de maio de 2018. 
  14. "Cronoloxía de Nauru" (en inglés). Consultado o 14 de maio de 2018. 
  15. "Baron Waqa, elixido novo presidente de Nauru" (en inglés). 11 de xuño de 2013. Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2018. Consultado o 14 de maio de 2018. 
  16. "Nauru's Parliament elects former human rights lawyer Lionel Aingimea as President" (en inglés). 27 de agosto de 2019. Consultado o 30 de agosto de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar