Sprent Dabwido

político de Nauru

Sprent Jared Dabwido, nado en Nauru o 16 de setembro de 1972 e finado en Armidale, Nova Gales do Sur, o 8 de maio de 2019, foi un político nauruano, presidente de Nauru desde o 15 de novembro de 2011 até o 11 de xuño de 2013.[1]

Sprent Dabwido
Nacemento16 de setembro de 1972
Lugar de nacementoYaren
Falecemento8 de maio de 2019
Lugar de falecementoArmidale
Causanasopharynx carcinoma
NacionalidadeNauru
Ocupaciónpolítico e halterófilo
PremiosOrder of Friendship
Na rede
WikiTree: Dabwido-1
editar datos en Wikidata ]

Era o segundo fillo do exparlamentario Audi Dabwido, quen traballara no primeiro Parlamento de Nauru de 1968.

Traxectoria editar

Foi elixido como parlamentario nas eleccións xerais de 2004, derrotando a Nimrod Botelanga para gañar as eleccións de Meneng. Reelixido posteriormente en 2007 e 2008, foi membro da facción parlamentaria de Marcus Stephen, e nomeado ministro de Telecomunicacións no goberno de Stephen. Anunciou a introdución dos teléfonos móbiles en Nauru en 2009.

Stephen dimitiu de presidento o 10 de novembro de 2011 e foi substituído por Freddie Pitcher. Na reunión do parlamento do 15 de novembro Dabwido anunciou que se unía á oposición. Presentou unha moción de censura contra Freddie Pitcher, que prosperou, sendo elixido presidente por nove votos a favor e oito en contra.[2]

Dabwido non se presentou á reelección, e foi substituído por Baron Waqa tras as eleccións parlamentarias de 2013.[3]

Notas editar

  1. Armbruster, Stefan (8 de maio de 2019). "Former Nauru president Sprent Dabwido dies aged 46". SBS News (en inglés). Consultado o 8 de maio de 2019. 
  2. The changing faces of Nauru's leadership crisis Brisbane Times. 19 de novembro de 2011. Consultado o 11 xuño de 2012.
  3. https://archive.today/20130616004001/au.news.yahoo.com/latest/a/-/latest/17554592/baron-waqa-named-as-new-nauru-president/