Yaren
Coordenadas: 0°32′52″S 166°55′15″O / -0.54778, -166.92083
Yaren (anteriormente chamada Makwa) é un distrito de Nauru. Posto que en Nauru non hai presenza de núcleos urbanos ben definidos, este distrito transformouse na capital non oficial do país, xa que nel atópase o centro do goberno.
Yaren | |
---|---|
![]() | |
Parlamento de Nauru | |
Localización | |
País | ![]() |
Distrito | Yaren |
Xeografía | |
Altitude | 0 - 46 msnm |
Superficie | 1´5 km² |
Demografía | |
Poboación | 747 hab. (2011) |
Densidade | 498 hab/km² |
DescriciónEditar
Yaren é unha pequena localidade localizada na costa suroccidental de Nauru. Yaren é o principal centro administrativo do país, onde se atopa o parlamento do país, a sede de goberno e o seu tribunal supremo. Nas súas proximidades hai un aeroporto internacional que é o único vínculo da illa co mundo, dado que o seu único porto está dedicado á atracada de cargueiros que transportan o fosfato de Nauru, a súa principal fonte de riqueza. En Yaren hai ao redor de 1 100 habitantes. É un clima tropical, con estacións de choiva definidas e temperaturas altas durante todo o ano.
Sitios de intereseEditar
- O parlamento
- As oficinas administrativas
- A estación de policía
- O aeroporto internacional e o terminal aéreo