Era común

(Redirección desde «Era Común»)

Os nomes era común (e. c.) e antes da era común (a. e. c.) son designacións alternativas ao emprego das expresións «despois de Cristo» (d. C.) e «antes de Cristo» (a. C.), respectivamente. Nalgunhas ocasións, en lugar de e. c. pódese atopar a abreviación e. v. (en latín, era vulgaris: ‘era común’).[1] Existen moitos documentos en case todas as linguas onde non se utiliza a abreviatura d. C. nin e. c. (quizais considerada superflua), directamente inscríbese o número da data da era actual, aínda que se usa a.  C. ou ben a. e.  c. se o suceso ocorreu denantes do ano 1.

Entre os maiores museos do mundo (como a Smithsonian Institution)[2] tamén se popularizou a utilización de «era común». Moitas guías de referencia de centros educativos e medios de comunicación social prescriben o uso de EC.[3] Mesmo guías de igrexas cristiás regulan devandito uso, como a Igrexa Episcopal nos Estados Unidos de América na diocese de Maryland.[4]

As designacións era común e antes da era común son usadas por científicos e académicos laicos (agnósticos ou ateos), ou seguidores dalgunha confesión, debido á súa neutralidade, posto que os termos «a. C.» e «d. C.» posúen un matiz relixioso.[5] Intelectuais que non subliñan o aspecto relixioso das datas en áreas de historia, arqueoloxía, socioloxía e antropoloxía, utilizaron en recentes décadas EC e AEC. Moitos escritores xudeus, musulmáns e outros prefiren a anotación como termo neutral, mentres algúns cristiáns interpretan erroneamente a abreviatura e. c. (‘era común’) como ‘era cristiá’.

Nas súas publicacións, as Testemuñas de Xehová usan exclusivamente "E. C." e "A. E. C.", e explican xeralmente nos pés de páxina que o mesmo se refire a ‘era común’ e ‘antes da era común’.[6] Isto en consideración da ampla difusión das súas publicacións incluíndo países non cristiáns, como tamén por motivos de interpretación relixiosa.[7]

En arqueoloxía adoita utilizarse a denominación «antes do presente» (AP) que por convención refírese ao presente do ano 1950. Un datado radiocarbónico cunha antigüidade de 4000 anos AP equivale aproximadamente á expresión 2000 AEC (2000 Antes da Era Común, que equivale a dicir ‘2000 antes de Cristo’).

Nosa era

editar

A denominación «nosa era» ―do mesmo xeito que «era común»― desígnase a través dela o mesmo período que computa os anos para partir do ano 1 (convencionalmente o ano do nacemento de Xesucristo) mais cunha visión universal que exclúe a parcialidade relixiosa.

Como alternativa á abreviatura «a. C.» (‘antes de Cristo’) proponse o uso do acrónimo ANE ou a abreviatura a. n. e. (‘antes da nosa era’). Por exemplo, segundo a súa lenda fundacional, Roma fundouse no 753 a. n. e.

Como alternativa á abreviatura d. C. (‘despois de Cristo’) proponse o uso do acrónimo NE ou a abreviatura n. e. (‘nosa era’). De acordo coas regras de escritura do idioma galego, as abreviaturas deben levar un espazo após cada punto.

  1. TheLema101. com Arquivado 09 de setembro de 2017 en Wayback Machine. (calendario telémico, en inglés). Consultado o 11 de abril de 2021.
  2. «World history standards» Arquivado 24 de abril de 2021 en Wayback Machine. (‘estándares na historia mundial’), artigo (en inglés) do 9 de setembro de 2006 no sitio web do Smithsonian Institute.
  3. «Ostracon guidelines» (regras de presentación de traballos para The Ostracon), Egyptian Study Society (Sociedade de Estudos Exipcios). Ligazón inaccesíbel por requirir inicio de sesión;
    Chass.ColoState-Pueblo.edu, 9 de setembro de 2006;
    Press.jhu.edu Arquivado 10 de febreiro de 2016 en Wayback Machine. (Regras de presentación de manuscritos);
    SagePub.com (American Journal of Philology [‘Revista estadounidense de filoloxía’], Journal for the Study of the Pseudepigrapha (‘Revista para o estudo dos pseudoepígrafos’). YorkU.ca (Canadian Journal of Cultural Studies Style Guide: guía de estilo da Revista Canadense de Estudos Culturais].
  4. ANG-MD.org Arquivado 29 de agosto de 2012 en Wayback Machine. (Maryland Church News Submission Guide & Style Manual, Maryland Church News, 2005-04-01).
  5. Fuentes Rodríguez, César: «Mundo gótico», páx. 11.
  6. Por exemplo: «Nesta publicación, no canto das abreviaturas tradicionais “d. de J. C.” e “a. de J. C.”, ou “d. C.” e “a. C.”, úsanse as abreviaturas máis exactas “E. C.” (era común) e “a. E. C.” (antes da era común)». «A Biblia... a Palabra de Deus, ou palabra do home?».
  7. "Dos nosos lectores (Como se datan os manuscritos antigos?) — BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower". wol.jw.org. Consultado o 11 de abril de 2021. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar