Fútbol australiano

deporte en equipo

O fútbol australiano é unha combinación de fútbol gaélico e rugby [Cómpre referencia]. Xógase cunha pelota ovalada, nun gran campo tamén ovalado. É o deporte nacional de Australia.

Partido de fútbol australiano.
Fútbol Australiano Feminino
Balón oficial

Regras editar

En cada equipo xogan 18 xogadores. Hai catro postes en cada extremo do campo, dous na liña de meta, separados por unha distancia de 6,4 metros, e outros dous exteriores 6,4 metros máis atrás.

Os goles (6 puntos) conséguense facendo pasar a pelota limpamente entre os postes da portería. Os tantos traseiros (1 punto) obtéñense facendo pasar a pelota entre un poste de gol e un traseiro.

As principais técnicas son patear e tomar a pelota coas mans. Os xogadores poden golpear a pelota, pero non pasala. Un xogador pode correr coa pelota na man sempre que a bote no chan polo menos unha vez cada 10 metros. Un xogador tamén pode ser placado e se o xogador placado non da a pelota ao equipo contrario antes de 5 segundos, o equipo do placador, ten dado un penal. Polo demais, hai moi poucas regras.

Campionato Mundial editar

O campionato mundial comprende 12 seleccións nacionais. Xogouse nos anos 2002, 2005 e volverase a xogar no ano 2008. As nacións participantes son:

Licenzas editar

  • Australia: 539.526 persoas.
  • Resto do Mundo: 30.000 persoas.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar