Melanesia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Nome co que se coñece a unha parte de Oceanía. Melanesia (procedente do grego μέλας melas (negro), e νῆσος nesos (illa)) é unha rexión que se estende desde Papúa Nova Guinea no ecuador ata Nova Caledonia no trópico, comprende os arquipélagos de Bismarck, Salomón, Novas Hébridas e Fidxi. Habitan a rexión máis de 2 millóns de persoas.
(en) Melanesia | |||||
Tipo | rexión xeográfica grupo rexión cultural | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Oceanía insular Oceanía | ||||
Situado na entidade xeográfica | Oceanía insular | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Composto por | |||||
Características | |||||
Atravesa | Fidxi, Illas Salomón, Papúa Nova Guinea, Vanuatu, Francia e Indonesia | ||||
Historia e características
editarO termo foi usado por primeira vez por Jules Dumont d´Urville en 1832 para denominar a un grupo de illas étnica e xeograficamente distinto dos de Polinesia e Micronesia. Con todo, actualmente a súa clasificación racial considérase inadecuada, debido a que non reflicte a diversidade cultural, lingüística e xenética de Melanesia. Ademais, este termo engloba a dous grupos distintos, os austranesios e os papúas.
As nacións de Fidxi, Papúa Nova Guinea, Salomón (baixo dominio de Papúa Nova Guinea), Vanuatu e Nova Caledonia (baixo soberanía francesa) utilizan o termo para describirse a si mesmas, porque reflicte o seu pasado colonial común e a súa situación rexional presente. As zonas citadas forman o núcleo da Melanesia moderna. Con todo, algunhas illas adxacentes noutros países adóitanse considerar como parte periférica de Melanesia.
Illas
editarAs seguintes illas e grupos considéranse tradicionalmente parte de Melanesia:
- Arquipélago Bismarck.
- Fidxi.
- Nova Caledonia.
- Nova Guinea.
- Molucas.
- Illas Salomón.
- Illas Trobriand.
- Illas do estreito de Torres.
- Vanuatu.
Illas relacionadas
editarOutras illas cuxa poboación nativa non é totalmente melanesia, senón que ten devanceiros diversos son:
Algunhas illas ao oeste de Nova Guinea como Halmahera, Alor e Pantar poden considerarse parte de Melanesia, aínda que este termo non se usa na zona.