Benín
Coordenadas: 6°28′N 2°36′L / 6.467, -2.600
Benín[1] (en francés: Bénin), oficialmente República de Benín (en francés: République du Bénin) e antigamente Dahomey, é un país de África Occidental. Limita ó oeste con Togo, ó leste por Nixeria e ó norte por Burkina Faso e Níxer. A maioría da poboación vive na súa reducida liña costeira no golfo de Benín, parte do golfo da Guinea, na zona máis ó norte do Océano Atlántico tropical.[2] A capital de Benín é Porto Novo, pero a sede do goberno está en Cotonou, a meirande cidade e o centro económico do país. Benín abrangue unha área de aproximadamente 115 000 km², cunha poboación aproximada de 9,98 millóns. Benín é unha nación tropical da África subsahariana moi dependente da agricultura.[3]
República de Benín | |||
---|---|---|---|
République du Bénin | |||
| |||
| |||
![]() | |||
Lema: Fraternité, Justice, Travail (francés: «Fraternidade, Xustiza, Traballo») | |||
Capital • Poboación | Porto Novo1 238 199 (2006) | ||
Cidade máis poboada | Cotonou | ||
Linguas oficiais | Francés | ||
Forma de goberno | República democrática presidencial | ||
Presidente Presidente da Asemblea Nacional | Patrice Talon Louis Vlavonou | ||
Independencia de Francia | 1 de agosto de 1960 | ||
Superficie | Posto 101º | ||
• Total | 112 620 km² | ||
• % auga | 1,8% | ||
Fronteiras | 1989 km | ||
Costas | 121 km | ||
Poboación | Posto 94º | ||
• Total (2005 est.) | 7 649 360 hab. | ||
• Densidade | 60 hab./km² | ||
PIB (nominal) | |||
• Total | n/d | ||
• per cápita | n/d | ||
PIB (PPA) | Posto 142º | ||
• Total (2005) | 8 534 millóns US$ | ||
• per cápita | 1 147 US$ | ||
Moeda | Franco CFA (XOF ) | ||
IDH (2007) | 0,437 (163º) – Baixo | ||
Xentilicio | Beninés, beninesa[1] | ||
Fuso horario | UTC+1 | ||
• Horario de verán | Non aplica | ||
Dominio de Internet | .bj | ||
Prefixo telefónico | +229 | ||
Prefixo radiofónico | TYA-TYZ | ||
Código ISO | 204 / BEN / BJ | ||
Membro de: ONU, UA | |||
A lingua oficial de Benín é o francés. Porén, as linguas indíxenas como o fon e o yoruba son faladas de xeito común. O meirande grupo relixioso é o catolicismo, seguido de preto polo islam, o vodú e o protestantismo. Benín é membro das Nacións Unidas, da Unión Africana, da Organización para a Cooperación Islámica, da Zona de Paz e Cooperación do Atlántico Sur, da Francophonie, da Comunidade dos Estados do Sahel-Sáhara e da Autoridade da Conca do Níxer.[4]
Dende o século XVII até o XIX, as principais entidades políticas na área foron o Reino de Dahomey xunto coa cidade estado de Porto Novo e unha grande área con moitas tribos diferentes no norte. Esta rexión era chamada a Costa dos escravos a comezos do século XVII por mor do gran número de escravos que eran levados cara ao Novo Mundo polo comercio atlántico. Despois da abolición da escravitude, Francia tomou o país e renomeouno como Dahomey Francés. En 1960, Dahomey acadou a independencia plena de Francia, e viviu un período tumultuoso con varios gobernos democráticos, golpes de estado e gobernos militares.
Un estado marxista-leninista chamado República Popular de Benín existiu entre 1975 e 1990. En 1991, foi substituído pola actual República multipartidista.[5]
Historia Editar
Benín formou parte do antigo reino africano do Dahomey, que mantivo comercio de escravos con Portugal despois do século XV. En 1872 a rexión comezou a ser colonizadas polos franceses, e en 1899 tornouse parte da África Occidental Francesa.
O 1 de agosto de 1960 o país acadou a súa independencia de Francia. O seu primeiro presidente foi Coutoucou Hubert Maga. En 1972 un golpe de estado implantou un goberno de esquerda, e en 1975 o nome do país foi mudado para Benín.
En 1990 o ditador Mathieu Kérékou permitiu eleccións multipartidistas despois de 17 anos de goberno marxista. En 1996, Kérékou envolveu o seu elixido presidente, mais a oposición democrática gañou os comicios lexislativos de marzo de 1999.
Goberno e política Editar
O presidente da república é xefe de Estado e tamén xefe do goberno. Pola constitución de 1990, é elixido por un período de 5 anos. O Parlamento ten 83 membros, elixidos por un período de 4 anos.
Organización político-administrativa Editar
- Artigo principal: Organización territorial de Benín.
Durante décadas, Benín dividiuse en seis departamentos ou provincias, en 1999 cada unha dividiuse en dúas. As provincias están divididas en 77 comunas.
As doce provincias son:
- Alibori*.
- Atakora.
- Atlantique.
- Borgou.
- Collines*.
- Donga*.
- Kouffo*.
- Littoral*.
- Mono.
- Ouémé.
- Plateau*.
- Zou.
- Formado en 1999.
Xeografía Editar
- Artigo principal: Xeografía de Benín.
Estendido entre o río Níxer ao norte e a baía de Benín ao sur, a altitude de Benín é case a mesma en todo o país. A maior parte da poboación vive nas chairas costeiras do sur, onde se sitúan as cidades máis grandes de Benín como Porto-Novo e Cotonou. O sector norte do país está formado por sabanas e zonas montañosas semiáridas.
O clima de Benín é cálido e húmido, con relativamente máis choiva que outros países do oeste de África, hai dúas estacións de choiva (abril-xullo e setembro-novembro).
Ecoloxía Editar
WWF divide o territorio de Benín entre catro ecorrexións:
- Sabana sudanesa occidental, no centro e norte do país.
- Mosaico de selva e sabana da Guinea, en sur.
- Selva guineana oriental, nas montañas do noroeste.
- Selva de terras baixas de Nixeria, no sueste.
Economía Editar
- Artigo principal: Economía de Benín.
A economía de Benín segue sendo subdesenvolvida e dependente da agricultura de subsistencia, produción de algodón e intercambio rexional. Hai petróleo, ouro, mármore e pedra calcaria -pero explotado por estranxeiros, permitindo a saída do capital. Desde 1988 xérase electricidade na represa de Nangbeto, sobre o río Mono.
O nivel de produción subiu un 5% nos últimos seis anos, pero o rápido crecemento da poboación compensou este logro. A inflación baixou durante os últimos anos. Co fin de aumentar o seu crecemento, Benín planea atraer máis investidores estranxeiros, salientar o turismo, facilitar o desenvolvemento de novos sistemas de procesamento de comida e produtos agrícolas, e fomentar nova información e tecnoloxía en comunicacións.
Demografía Editar
Un 70% da poboación segue as crenzas tribais. O nivel de alfabetización é do 40% aproximadamente. Fóra das cidades os servizos de saúde son escasos. As principais cidades son Cotonou, Abomey-Calavi, Porto-Novo, Djougou, Parakou , Bohicon e Kandi, as únicas do país que superan os 100.000 habitantes. A poboación de orixe europea está formada por 5500 persoas (0,1% da poboación total do país). O idioma oficial é o francés. A esperanza de vida é de 53 anos. A media de fillos por muller é de 5,20.
Notas Editar
- ↑ 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para beninés. Consultado o 30-12-2013.
- ↑ R. H. Hughes, J. S. Hughes. A directory of African wetlands, p. 301. IUCN, 1992. ISBN 2-88032-949-3
- ↑ "Food and Agriculture Organization of the United Nations" Arquivado 24 de outubro de 2012 en Wayback Machine.. United Nations, June 29th, 2010
- ↑ "Benin – International Cooperation". Nation Encyclopedia (2010-06-29).
- ↑ Ibp Usa. Global Logistics Assessments Reports Handbook: Strategic Transportation and Customs Information for Selected Countries, p. 85. Int'l Business Publications, 2008. ISBN 0-7397-6603-1
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Benín |