Cotonou

Coordenadas: 6°22′N 2°26′L / 6.367, -2.433

Cotonou, anteriormente Kotonu,[1] é a meirande cidade e o centro económico de Benín, mais a capital é Porto Novo.

Cotonou
Cotonouskyline.jpg
Vista do porto da cidade
Localización
Cotonou en Benín
Cotonou
Cotonou
PaísBenín Benín
DepartamentoDepartamento Litoral
Xeografía
Altitude51 msnm
Superficie79 km²
Demografía
Poboación779.314 hab. (2012)
Densidade9.900 hab/km²
Outros datos
AlcaldeNicéphore Soglo (2008–2014)
Páxina oficial de Cotonou

A poboación oficial era de 761.137 habitantes no 2006. Porén, algunhas estimacións indican que pode ser superior a 1,2 millóns. A poboación na década de 1960 era de só 70.000 persoas. A área urbana está a medrar principalmente cara o oeste. A cidade está localizada ó sueste do país, entre o Océano Atlántico e o Lago Nokoué.[2]

Ademais de ser a maior cidade de Benín, é a sede de moitos dos servizos diplomáticos e do goberno. A cidade ten un gran porto, un aeroporto e unha liña de tren que conecta con Parakou.

NotasEditar

  1. "Dahomey" na Encyclopædia Britannica, 11th ed., Vol. 7. 1911.
  2. GNS: Country Files Arquivado 23 de agosto de 2012 en Wayback Machine.. Earth-info.nga.mil. Consultado o 15 de xuño de 2011.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar