Lagos, Nixeria
Coordenadas: 6°27′11″N 3°23′45″L / 6.45306, -3.39583
Lagos (en yoruba: Èkó) é unha cidade de Nixeria, capital do país ata que en 1976 foi trasladada a Abuja. Sitúase nunha lagoa preto do golfo da Guinea, no suroeste do país, estendéndose sobre illas e terra firme unidos por pontes. Cunha poboación de máis de 21 millóns de persoas (2015) e a cidade máis poboada do país e a segunda de África, só por detrás de O Cairo. É ademais a segunda cidade con maior crecemento demográfico de África e a sétima do mundo.
Lagos | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Vista da cidade. | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Estado | Estado de Lagos | ||
Área de Goberno | Illa de Lagos Lagos continental | ||
Xeografía | |||
Superficie | 999,6 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 12,090,000 hab. (2013) | ||
Densidade | 22,009 hab/km2 | ||
Outros datos | |||
Alcalde | Babatunde Fashola | ||
Páxina web de Lagos |
HistoriaEditar
A rexión onde agora se localiza Lagos, metrópole de Nixeria, foi en tempos anteriores a colonización europea territorio de asentamento de pobos Awori, yorubas que fuxían de guerras tribais no interior. Dispuxéronse en diversas aldeas preto da costa, tantos nas illas como na terra firme que rodeaba unha lagoa costeira. Os que se estableceron na illa que hoxe chamamos Lagos[1], chamarona Eko. Comezou unha dinastía de reis (oba) que chega ceremonialmente ata hoxe. Tiñan un palacio e a poboación situábase en Isale Eko (debaixo, ao sur de Eko).
En 1472 fixeron a primeira aparición nas súas augas os portugueses que lle deron o nome actual, na honra da cidade homónima do Algarve. O magnífico porto natural no que se localiza fixo do lugar unha destacada praza do comercio de escravos dende o século XVI ata o XIX: Primeiro, dende 1595, coma guarnición defensiva do Reino de Dahomei (Benín), e cando este declinou no século XVIII, Lagos foi de facto un reino independente. En 1760 comezou o desenvolvemento portuario que o converteu nun dos portos máis importantes da zona cara ao final do século polos problemas bélicos nos portos de Benín.
En 1851 foi tomada polos británicos que tiñan abolido a escravitude no 1807.
En 1914 foi declarada capital do protectorado de Nixeria. Creceu exponencialmente durante os sesenta (pasou de medio a máis dun millón de habitantes) antes da Guerra de Biafra[2][3].
En 1976 decidiuse transferir a capital de Nixeria a Abuxa o que oficialmente sucedeu en 1991. De calquera forma, o centro do país en todos os ámbitos segue a ser a cidade de Lagos. Pasa por ser unha das urbes de crecemento maior e máis caótico da actualidade e, de seguir así, unha das megalópoles do futuro, pero con gravísimos problemas que a converterán nun monstro urbano. Tiña 5 195 247 habitantes no censo de 1991 e estímanse 8 789 120 h., en 2005, sendo paradigma do caos urbano debido ao déficit de infraestruturas e servizos para tal inxente cantidade de poboación.[4].
Administración e demografíaEditar
A área metropolitana de Lagos alberga 16 das 20 Áreas de Goberno Local do Estado de Lagos, ao mesmo tempo que contén o 88% da poboación dese estado. Segundo o censo do ano 2006 Lagos Metropolitana ten unha poboación de 7 937 932 habitantes, cifra amplamente superada na actualidade cos 12 millóns de habitantes da capital.
Este grande aumento no censo converte a Lagos nunha das cidades do mundo con maior crecemento demográfico, aumentando a súa área metropolitana en 275.000 persoas por ano.
Lagos é a segunda cidade máis poboada de África, só superada por O Cairo, en Exipto, ocupa tamén o posto 29º do mundo.
LGAs | Área (en km²) |
População (Censo 2006) |
Densidade (hab./km²) |
Agege | 11,2 | 459.939 | 41.071 |
Ajeromi-Ifelodun | 12,3 | 684.105 | 55.474 |
Alimosho | 185,2 | 1 277 714 | 6.899 |
Amuwo-Odofin | 134,6 | 318.166 | 2.364 |
Apapa (Local do principal porto de Lagos) |
26,7 | 217.362 | 8.153 |
Eti-Osa [5] | 192,3 | 287.785 | 1.496 |
Ifako-Ijaiye | 26,6 | 427.878 | 16.078 |
Ikeja | 46,2 | 313.196 | 6.785 |
Kosofe | 81,4 | 665.393 | 8.174 |
Illa de Lagos (centro histórico e comercial) |
8,7 | 209.437 | 24.182 |
Lagos Continental | 19,5 | 317.720 | 16.322 |
Mushin | 17,5 | 633.009 | 36.213 |
Ojo | 158,2 | 598.071 | 3.781 |
Oshodi-Isolo | 44,8 | 621.509 | 13.886 |
Somolu | 11,6 | 402.673 | 34.862 |
Surulere | 23,0 | 503.975 | 21.912 |
Lagos Metropolitana | 999,6 | 7 937 932 | 7.941 |
Evolución demográfica de Lagos. | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1901 | 1911 | 1921 | 1931 | 1939 | 1952 | 1963 | 1971 | 1982 | 1987 | 1991 | 2006 | 2008 | |||||||
37.000 | 73.766 | 99.690 | 126.108 | 158.500 | 272.000 | 665.000 | 1 200 000 | 1 404 000 | 3 800 000 | 5 195 247 | 7 937 932 | 9 494 085 |
DeporteEditar
Ao igual que no resto do país na cidade o deporte máis popular é o fútbol, tendo na cidade a súa sede a Asociación de Fútbol de Nixeria (NFA). A Selección de fútbol de Nixeria xogaba os seus partidos como local no Estadio Surelere de Lagos, ata o ano 2003, cando se inaugurou o Estadio Abuya[6] na capital do país, e onde xoga agora a selección nacional[7].
En canto a clubs é a sede do Bridge Boys FC e do First Bank FC, que xogan na segunda división do país.
Obas (Reis) da historia de LagosEditar
- Ashipa (1600-1630)
- Rei Ado (1630–1669)
- Rei Gabaro (1669–1704)
- Rei Akinsemoyin (1704–1749)
- Eletu Kekere (1749)
- Rei Ologun Kutere (1749–1775)
- Adele Ajosun (1775-1780 e 1832-1834)
- Eshilokun (1780–1819)
- Oba Idewu Ojulari (1819–1832)
- Rei Oluwole (1836–1841)
- Rei Akintoye (1841-1845 e 1851-1853)
- Oba Kosoko (1845–1851)
- Rei Dosunmu the great(1853–1885)
- Oba Oyekan (1885–1900)
- Oba Esugbayi Eleko (1901-1925 e 1932)
- Oba Ibikunle Akitoye (1925–1928)
- Oba Sanusi Olusi (1928–1931)
- Oba Falolu (1932–1949)
- Oba Adeniji Adele (1949–1964)
- Oba Adeyinka Oyekan II (1965–2003)
- Oba Rilwan Akiolu (2003-ata a actualidade)
Cidades irmandadasEditar
Galería de imaxesEditar
NotasEditar
- ↑ Mapa de Lagos.
- ↑ http://www.directionsmag.com/images/newsletter/2005/11_17/fig5_lg.jpg
- ↑ http://www.unesco.org/csi/act/lagos/drains2map2.jpg
- ↑ "Imaxe do tráfico de Lagos". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 20 de setembro de 2013.
- ↑ Centro de negócio de Lagos e lugar das comunidades de Victoria Island e Ikoyi, antigamente a residencia do goberno federal nixeriano
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2016. Consultado o 17 de xaneiro de 2014.
- ↑ http://www.rsssf.com/tablesn/nig-intres.html
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Lagos, Nixeria |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Lagos |