Abrir o menú principal

O escudo de armas de Benín foi introducido orixinalmente en 1964, e foi readoptado en 1990 despois de ser substituído en 1975. Na parte superior do emblema está o timbre nacional, que consiste de dous cornos con millo recheos de area. Baixo o timbre hai un escudo que contén as armas de Benín.

Escudo de Benín
Coat of arms of Benin.svg
Detalles
ArmigerBenín
Adoptado1990 (1964)
CristaDous cornos (cornucopias) con millo
EscudoEscudo dividido en catro cuadrantes: (1) Un castelo no estilo da etnia somba, (2) Estrela de Benín, (3) Unha palmeira, (4) Un barco
AlicerceDous leopardos
DivisaFraternité, Justice, Travail
"Fraternidade, Xustiza, Traballo"

O escudo está dividido en catro cuarteis. O cuartel esquerdo superior contén un castelo no estilo da etnia somba, etnia representativa da historia de Benín. No cuartel superior dereito está a Estrela de Benín, a máxima condecoración da nación. Baixo a estrela hai un barco, que simboliza a chegada dos europeos a Benín. No cuartel inferior esquerdo hai unha palmeira.

O escudo é sostido por unha parella de leopardos, o animal nacional de Benín. Baixo o escudo está o lema de Benín en lingua francesa: Fraternité, Justice, Travail, que significa «Fraternidade, Xustiza, Traballo».

Escudos históricosEditar

Véxase taménEditar