Illas Caimán
Coordenadas: 19°30′N 80°30′O / 19.500, -80.500
As Illas Caimán (en inglés, Cayman Islands) son un territorio do Reino Unido nas chamadas Indias Occidentais (Caribe), composto por 3 illas: Grand Cayman, Cayman Brac, e Little Cayman.
Illas Caimán | |||
---|---|---|---|
Cayman Islands | |||
| |||
Lema: He hath founded it upon the seas (galego: Fundouno sobre os mares) | |||
Himno: [["God Save the Queen" (oficial) Himno local: "Beloved Isle Cayman"]] | |||
Capital • Poboación | George Town | ||
Cidade máis poboada | George Town | ||
Linguas oficiais | Inglés | ||
Forma de goberno | Dependencia do Reino Unido | ||
Monarca Gobernador Primeiro ministro | Isabel II Anwar Choudhury Alden McLaughlin | ||
Independencia de Xamaica | 1963 | ||
Superficie | Posto 216º | ||
• Total | 264 km² | ||
• % auga | 1,6% | ||
Fronteiras | 0 km | ||
Poboación | Posto 212º | ||
• Total (2019) | 64 420[1] hab. | ||
• Densidade | 244 hab./km² | ||
PIB (nominal) | |||
Moeda | Dólar das Caimán | ||
IDH | 0,790 (69º) – Alto | ||
Fuso horario | UTC -5 | ||
• Horario de verán | Non aplica | ||
Dominio de Internet | .KY | ||
Prefixo telefónico | +1-345 | ||
Prefixo radiofónico | n/d | ||
Código ISO | KY | ||
HistoriaEditar
As illas descrubiunas Cristóbal Colón o 10 de maio de 1503 na súa cuarta e última viaxe a América. España cedeunas, xunto coa veciña Xamaica, a Gran Bretaña en 1670 baixo o Tratado de Madrid. As illas e máis a Xamaica gobernáronse como unha única colonia ata 1963 cando se separaron administrativamente.
XeografíaEditar
As Illas Caimán localízanse na parte occidental do mar Caribe, a uns 240 quilómetros ao sur de Cuba e a uns 290 quilómetros ao noroeste de Xamaica. O arquipélago componse principalmente de tres illas: Gran Caimán, Caimán Brac, e Caimán Menor, sendo Gran Caimán a máis extensa cun área de 197 km². As dúas outras illas, Caimán Brac e Caimán Menor, situadas 145 quilómetros ao leste de Gran Caimán, teñen unha extensión de 36 km² e 26 km² respectivamente.
Non salientan accidentes xeográficos nas illas, a excepción do cantil "The Bluff" en Cayman Brac, que se eleva a máis de 40 metros sobre o nivel do mar, sendo o punto máis alto da illa.
DemografíaEditar
En xullo de 2000 contabilízanse nas Illas Caimán 34.763 habitantes, dos cales algo máis da metade son nacidos nas illas. O 60% da poboación é de raza mixta, e o 40% restante divídese a partes iguais entre os caucásicos e os descendentes de africanos. A poboación considérase case exclusivamente cristiá, cunha gran porcentaxe de anglicanos e de prebisterianos.
A maior parte dos habitantes das illas reside na illa Gran Caimán, mentres que en Caimán Brac só viven uns 2.000 e en Caimán Menor uns 200. Aproximadamente un cuarto da poboación caimana abandonou o país debido á chegada do furacán Iván.
A capital e cidade máis poboada das illas é George Town, localizada na costa leste de Gran Caimán.
EconomíaEditar
As Illas Caimán son un paraíso fiscal. Así, moitas empresas teñen a súa sede nas illas, aproveitando a non existencia de impostos directos. A outra actividade económica de importancia é o turismo debido ás paisaxes de súas praias. O nivel de vida de seus habitantes é un dos máis altos do Caribe.
NotasEditar
- ↑ "The Economics and Statistics Office". Government of the Cayman Islands. Consultado o 3 de abril de 2019.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illas Caimán |
BibliografíaEditar
- Boultbee, Paul G. (1996). Cayman Islands. Oxford: ABC-Clio Press. ISBN 9781851092406. OCLC 35170772.
- "History of the Cayman Islands". Caribbean Magazine. Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2011. Consultado o 15 de agosto de 2019.
- "Cayman Islands". 2005 CIA World Factbook. Consultado o 4 July 2005. Originally from the CIA World Factbook 2000.
- Michael Craton and the New History Committee (2003). Founded upon the Seas: A History of the Cayman Islands and Their People. Kingston, Jamaica: Ian Randle Publishers. ISBN 0-9729358-3-5.
- "Non-Self-Governing Territories listed by General Assembly in 2002". United Nations Special Committee of 24 on Decolonization. Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2008. Consultado o 4 July 2005.
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Goberno das Illas Caimán (en inglés)
- Cayman Islands Department of Tourism
- Cayman Islands Travel Guide
- Wikimedia Atlas de Cayman Islands.
- Cayman Islands Film Commission
- Cayman Islands no The World Factbook.
- Cayman Islands from UCB Libraries GovPubs.
- Illas Caimán en Curlie (en inglés)
- Cayman National Cultural Foundation