Territorio Británico de Ultramar

(Redirección desde «Territorios Británicos de Ultramar»)

Os catorce Territorios Británicos de Ultramar (British Overseas Territory (BOT), en inglés) son territorios baixo a xurisdición e soberanía do Reino Unido. Con todo, estas colonias non forman parte do Reino Unido, como é o caso de Gran Bretaña e Irlanda do Norte.[1][2] Son aquelas partes do antigo Imperio Británico que non optaron pola independencia ou votaron para seguir sendo territorios británicos. A maior parte dos territorios habitados son internamente autónomos, o Reino Unido mantén a responsabilidade da defensa e as relacións exteriores. O resto están deshabitados ou teñen unha poboación transitoria de persoal militar ou científicos. Comparten a monarca británica (Isabel II) como xefe de Estado.

     Territorios británicos de ultramar.     Reino Unido.     Dependencias da Coroa.

O termo "territorio británico de ultramar" foi presentado pola Lei de territorios británicos de ultramar de 2002, substituíndo o termo dependencia británica, introducido pola Lei de nacionalidade británica de 1981. Antes do 1 de xaneiro de 1983, os territorios chamábanse oficialmente Colonias da Coroa Británica. Séguese utilizando o título de Colonia da Coroa para as Illas Malvinas e o Territorio Antártico Británico. Coa excepción do Territorio Antártico Británico e Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur (que hospedan só a funcionarios e persoal da estación de investigación) e o Territorio Británico do Océano Índico (utilizado como base militar ), os territorios manteñen poboacións civís permanentes. A residencia permanente dos case 7.000 civís que viven nas zonas de soberanía de Akrotiri e Dhekelia limítase aos cidadáns da República de Chipre.

En conxunto, os territorios abarcan unha poboación de ao redor de 250.000 persoas e unha superficie duns 1.727.570 km². A gran maioría distos, 1.700.000 km², constitúen o Territorio Antártico Británico.[3][4] O Reino Unido participa no Tratado Antártico[5] e, como parte dun acordo mutuo, o territorio Antártico británico é recoñecido por catro das outras nacións soberanas que fan demandas do territorio antártico.

Historia e características

editar

Aínda que as dependencias da Coroa de Jersey, Guernsey e a Illa de Man tamén están baixo a soberanía da monarquía británica, están nunha relación constitucional diferente co Reino Unido.[6][7] Os territorios británicos de ultramar e as dependencias da Coroa son en si mesmos distintos dos Reinos da Commonwealth, un grupo de 15 países independentes (e o Reino Unido), que teñen ao rei Carlos III como o seu monarca reinante, e distintos da Commonwealth, unha asociación voluntaria de 53 países na súa maioría con vínculos históricos co Imperio británico (que tamén inclúe todos os reinos da Commonwealth).

A súa Maxestade a Raíña Isabel II é raíña destes territorios, como raíña do Reino Unido, a diferenza dos reinos da Commonwealth onde é raíña deses mesmos países (exm. Raíña do Canadá, Raíña de Australia...)

Hoxe en día os territorios dependentes non son administrados directamente polo Reino Unido senón que teñen o seu propio goberno que as administra, e o Reino Unido encárgase da súa protección, das relacións exteriores e asuntos de negocios.

O Parlamento Británico non ten representación destes territorios e foron rexeitadas propostas para incluílos como parte do Reino Unido.

O actual ministro responsable dos territorios é Alok Sharma MP, do Ministerio de Asuntos Exteriores. Xibraltar e a zonas de soberanía, con todo, son responsabilidade do Ministro de Europa, David Lidington MP, mentres que as Illas Malvinas son responsabilidade de Alan Duncan MP, tamén do Ministerio de Asuntos Exteriores.[8][9][10]

Cada territorio ten un gobernador elixido polo monarca do Reino Unido, que traballa como representante do «Goberno da súa Maxestade». Os gobernadores encárganse e teñen o poder da seguridade no territorio e da representación entre o territorio e o Goberno Británico; tamén disolven a lexislatura e actúan para facer cumprir as leis, dependendo do nivel de poder adoitan ser máis simbólicos ou teñen maior relevancia. Todos os gobernadores adoitan proceder do Reino Unido.

Os catorce territorios británico de ultramar son:[11]

Bandeira Escudo Nome Localización Lema Area Poboación Capital
 
 
Akrotiri e Dhekelia (Akrotiri and Dhekelia) Chipre, Mar Mediterráneo 255 km²[12] 7.700 (chipriotas)
8.000 non-permanente (persoal militar do Reino Unido e as súas familias)
Episkopi Cantonment
 
 
Anguila Caribe, océano Atlántico norte Strength and Endurance 91 km²[13] 13.500[14] The Valley
 
 
Bermudas (Bermuda) Océano Atlántico Norte Quo fata ferunt (latín: "Whither the Fates carry [us]") 54 km²[15] 64.000 (2007 estimada)[16] Hamilton
 
 
Territorio Antártico Británico (British Antarctic Territory). Antártida Research and discovery 1.709.400 km²[13] 0
50 non-permanente no inverno, sobre 400 no verano (persoal científico)[17]
Rothera (base principal)
 
 
Territorio Británico do Océano Índico (British Indian Ocean territory) Océano Índico In tutela nostra Limuria (latín: "Limuria is in our charge") 46 km²[18] 0
3.000 non-permanente (persoal militar e contratado do Reino Unico e dos EEUU)[19]
Diego García (base)
 
 
Illas Virxes Británicas (British Virgin Islands) Caribe, Océano Atlántico Norte Vigilate (latín: "Be watchful") 153 km²[20] 27.000 (2005 estimada)[20] Road Town
  Illas Caimán (Cayman Islands) Caribe, Océano Atlántico Norte He hath founded it upon the seas 264 km²[21] 54.878 [21] George Town
 
 
Illas Malvinas (Falkland Islands) Océano Atlántico Sur Desire the right 12.173 km²[15] 2.955 (censo 2006)[22] Stanley
 
 
Xibraltar Península Ibérica, Europa Nulli expugnabilis hosti (latín: "No enemy shall expel us") 6´5 km²[23] 28.800 (2005)[24] Xibraltar
 
 
Montserrat Caribe, Océano Atlántico Norte A people of excellence, moulded by nature, nurtured by God 101 km²[25] 4.655 (2006 estimate)[25] Plymouth (abandonada pola erupción do volcán, de facto a capital é Brades)
 
 
Illas Pitcairn (Pitcairn Islands) Océano Pacífico 43 km²
(all islands)[26]
56 (2013) Adamstown
 
 
Santa Helena, Ascensión e Tristan da Cunha (Saint Helena, Ascension and Tristan da Cunha). Océano Atlántico Sur Loyal and Unshakeable (Santa Helena) 420 km² 4.255 (Santa Helena; censo 2008)[27] Jamestown
 
 
880 (Ascension; estimada)[28]
1.000 non-permanente (Ascension; persoal militar do Reino Unido)[28]
 
 
Our faith is our strength (Tristan da Cunha) 300 (Tristan da Cunha; estimada)[28]
9 non-permanente (Tristan da Cunha; persoal meteorolóxico)
5.530 (total; estimado)
 
 
Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur (South Georgia and South Sandwich Islands) Océano Atlántico Sur Leo terram propriam protegat (latín: "Let the lion protect his own land") 4066 km²[29] 0
99 non-permanente (Persoal oficial e científico)[30]
King Edward Point
 
 
Turks e Caicos (Turks and Caicos Islands) Lucayan Archipelago, Océano Atlántico Norte "Beautiful by nature, clean by choice" 430 km²[31] 32.000 (censo 2006 estimado)[31] Cockburn Town
Total 1.727.570 km² c. 250.000

Os territorios das Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur e as Illas Malvinas están reclamdos pola Arxentina, o Territorio Antártico Británico pola Arxentina e Chile, Xibraltar por España e o Territorio Británico do Océano Índico por Mauricio e Seychelles.

Galería de imaxes

editar
  1. "Supporting the Overseas Territories". UK Government. Consultado o 8 November 2014. Hai 14 territorios de ultramar, que manteñen unha relación constitucional co Reino Unido. .... A maioría dos territorios son en gran parte autónomos, cada un coa súa propia constitución e o seu propio goberno, que aproba as leis locais. Malia que a relación ten as súas raíces en catro séculos de historia compartida, a relación do goberno do Reino Unido cos seus territorios a día de hoxe é moderna, baseada nos beneficios e responsabilidades mutuas. As bases desta relación son de asociación, valores compartidos e o dereito dos habitantes de cada territorio para elixir libremente se siguen sendo un territorio británico de ultramar ou de buscar unha alternativa de futuro. 
  2. "What is the British Constitution: The Primary Structures of the British State". The Constitution Society. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 15 November 2014. O Reino Unido tamén xestiona unha serie de territorios que, mentres que na súa maioría teñen as súas propias formas de goberno, teñen a Raíña como o seu xefe de Estado, e baséanse no Reino Unido para a defensa e a seguridade, Asuntos exteriores e de representación a nivel internacional. Non forman parte do Reino Unido, pero teñen unha relación constitucional ambigua co Reino Unido. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2013. Consultado o 08 de agosto de 2016. 
  4. "CIA – The World Factbook 2002 – South Georgia and the South Sandwich Islands". Faqs.org. Consultado o 8 de decembro de 2010. 
  5. "CIA – The World Factbook". Cia.gov. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2018. Consultado o 28 de abril de 2013. 
  6. "States of Guernsey: About Guernsey". Gov.gg. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2010. Consultado o 8 de decembro de 2010. 
  7. "Government – Isle of Man Public Services". Gov.im. Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2010. Consultado o 8 de decembro de 2010. 
  8. "New O.T. Minister for Cayman". Cayman 27. 6 de setembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2013. Consultado o 28 de abril de 2013. 
  9. "UPDATE: Foreign Office reveals Boston MP’s responsibilities after reshuffle appointment – Local". Boston Standard. 6 September 2012. Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2013. Consultado o 28 de abril de 2013. 
  10. "Falklands and Latin America affairs responsibility of Minister of State Hugo Swire – MercoPress". En.mercopress.com. Consultado o 28 de abril de 2013. 
  11. "[ARCHIVED CONTENT] UK Overseas Territories Foreign & Commonwealth Office". Collections.europarchive.org. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2012. Consultado o 8 December 2010. 
  12. "SBA Cyprus". Jncc.gov.uk. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2018. Consultado o 8 de decembro de 2010. 
  13. 13,0 13,1 "British Antarctic Territory". Jncc.gov.uk. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2010. Consultado o 8 de decembro de 2010. 
  14. "Commonwealth Secretariat – Anguilla". Thecommonwealth.org. Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2010. Consultado o 8 de decembro de 2010. 
  15. 15,0 15,1 "UNdata | record view | Surface area in km2". United Nations. 4 de novembro de 2009. Consultado o 8 de decembro de 2010. 
  16. "Bermuda". Jncc.gov.uk. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2018. Consultado o 8 de decembro de 2010. 
  17. "Commonwealth Secretariat – British Antarctic Territory". Thecommonwealth.org. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2011. Consultado o 8 de decembro de 2010. 
  18. "British Indian Ocean Territory". Jncc.gov.uk. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2018. Consultado o 8 de decembro de 2010. 
  19. "Commonwealth Secretariat – British Indian Ocean Territory". Thecommonwealth.org. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2011. Consultado o 8 de decembro de 2010. 
  20. 20,0 20,1 "British Virgin Islands (BVI)". Jncc.gov.uk. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2010. Consultado o 8 de decembro de 2010. 
  21. 21,0 21,1 "The World Factbook: Cayman Islands". CIA. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2016. Consultado o 10 de decembro de 2011. 
  22. "Commonwealth Secretariat – Falkland Islands". Thecommonwealth.org. 14 de xuño de 1982. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2011. Consultado o 8 de decembro de 2010. 
  23. "Gibraltar". Jncc.gov.uk. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2010. Consultado o 8 de decembro de 2010. 
  24. "Commonwealth Secretariat – Gibraltar". Thecommonwealth.org. 7 de novembro de 2002. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2010. Consultado o 8 de decembro de 2010. 
  25. 25,0 25,1 "Montserrat". Jncc.gov.uk. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2010. Consultado o 8 de decembro de 2010. 
  26. "Pitcairn Island". Jncc.gov.uk. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2018. Consultado o 8 de decembro de 2010. 
  27. "UN Statistics – St Helena census 2008" (PDF). United Nations. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de xuño de 2014. Consultado o 4 de xaneiro de 2011. 
  28. 28,0 28,1 28,2 "St Helena, Ascension, Tristan da Cunha profiles". BBC. 16 de marzo de 2016. Consultado o 25 de xuño de 2016. 
  29. Vital Statistics – SOUTH GEORGIA AND THE SOUTH SANDWICH ISLANDS Arquivado 31 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine.. 22 de xaneiro de 1993. CIA WORLD FACTBOOK 1992 via the Libraries of the Univ. of Missouri-St. Louis.
  30. "Population of Grytviken, South Georgia and the South Sandwich Islands". Population.mongabay.com. 31 de marzo de 2009. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2011. Consultado o 8 de decembro de 2010. 
  31. 31,0 31,1 "Turks and Caicos Islands". Jncc.gov.uk. 1 de novembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2010. Consultado o 8 de decembro de 2010. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar