Seguridade

O termo seguridade (do latín securĭtāte) ou seguranza[1] refírese a unha acción que non presenta risco ou a prevención del. Tamén pode representar confianza cara a alguén ou algo.[2]

Coma prevención de riscosEditar

Referíndose á seguridade como prevención de riscos podémonos referir a varios tipos, por exemplo:

LaboralEditar

 
Traballador cumprindo coas medidas de seguridade laboral.

A seguridade laboral ten como obxectivo evitar os riscos no traballo mediante medidas de protección como cascos, luvas, sinais de advertencia etc.[3]

SocialEditar

Artigo principal: Seguridade social.

A seguridade social consiste nun conxunto de políticas sociais cuxo fin é amparar e asistir o cidadán e a súa familia en situacións como a vellez, a doenza e o desemprego.[4]

En InternetEditar

A seguridade en Internet refírese á protección dos teus datos nun sitio web. Para que calquera persoa que entre nun sitio web saiba o uso dos seus datos os sitios web están obrigados a ter unha política de privacidade e a avisar aos que entren no sitio web deses términos mediante un banner.[5]

Coma probabilidadeEditar

A seguridade coma probabilidade refírese a ter claro algo, por exemplo, a resposta a unha pregunta.

Coma confianzaEditar

Artigo principal: Confianza.

A seguridade coma confianza refírese á crenza en que unha persoa ou grupo será capaz e desexará actuar de xeito adecuado nunha determinada situación. Tamén se pode referir a crer que a calidade dun produto será satisfactoria.[6]

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para seguranza.
  2. "Definición de seguridade". Digalego. Consultado o 1 de xullo de 2020. 
  3. "Seguridad laboral". Preventiam (en castelán). Consultado o 1 de xullo de 2020. 
  4. "Seguridad Social - Qué es: definición y concepto". Economipedia (en castelán). Consultado o 1 de xullo de 2020. 
  5. "¿Qué es la seguridad en internet?". GCF Global (en castelán). Consultado o 1 de xullo de 2020. 
  6. "Definición de confianza". Digalego. Consultado o 1 de xullo de 2020. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar