Abrir o menú principal
Parella de luvas, 1603-1625 V&A Museum no.1506&A-1882

Unha luva é unha peza de vestiario para cubrir a man. Polo xeral, as luvas cobren cada dedo por sepado. Hai dous tipos peculiares de luva:

  • a manopla, que só ten cobertura independente para o dedo polgar.
  • a mitena, luva sen dedos ou cortada a medio dedo.

Os materiais de confección varían segundo a función e poden incluír algodón, la, pel ou látex, entre outros.

Índice

EtimoloxíaEditar

O substantivo luva deriva do termo da lingua gótica lofa que significaba 'palma da man'.[1]

HistoriaEditar

As referencies escritas das luvas datan da Grecia antiga, onde eran vestidas para protexer as mans na navegación e na guerra.[2] Igualmente, os pobos xermánicos aparecen retratados con luvas para protexerse do frío.

Na Idade Media comezaron a asociarse coa elegancia e o luxo, xa que o portador podía levar teas caras e amosar pel sen marcas, a diferenza dos traballadores manuais de clase baixa. As mulleres incorporaron luvas máis afíns ós seus ornamentos cara ó século XIII,[3] os deseños complicáronse, e tamén se engadiron fíos de materiais preciosos e xoias, especialmente a realeza.

A finais da Idade Moderna nacen as luvas de traballo, como os de xardinaría, que continuaron usándose en ámbitos profesionais e deportivos.

NotasEditar

  1. "Luva". Portal das Palabras. Consultado o 10 de xaneiro do 2016. 
  2. The History of Herodotus by Herodotus, Volume VI, a classics.mit.edu
  3. "Gloves." Encyclopædia Britannica Eleventh Edition

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

BibliografíaEditar

  • ROCAMORA, Manuel; TOMÀS, Pilar. Museo de Indumentaria. Colección Rocamora. Ayuntamiento de Barcelona. Delegación de Servicios de Cultura. Museos de Arte, Barcelona, 1970, p. 221
  • MARTÍN ROS, Rosa M., Guantes episcopales a: RODRÍGUEZ BERNIS, Sofía (ed.). El Quijote en sus trajes. Secretaría General Técnica, Subdirección General de Publicaciones, Información y Documentación, Madrid, 2005, p. 164