Dedo

órgano de manipulación nas mans dos humanos e outros primates

Os dedos son as extremidades dos membros dos mamíferos mais tamén se dá este nome a algunhas articulacións dos apéndices de moitos artrópodos e doutros pequenos animais.

Dedo índice

Nos mamíferos, o número básico de dedos en cada membro é de cinco, mais moitas especies perderon algúns deles no decurso da evolución. Así, os perisodáctilos, por exemplo, teñen un número impar de dedos (os cabalos e outros équidos teñen un único dedo e os rinocerontes teñen tres), mentres que os artiodáctilos (vaca, ovella, porco) teñen un número par.

Por outro lado, a malformación da man ou do pode dar orixe a un número de dedos diferente do normal:

  • a polidactilia é o caso en que se forman dedos supernumerarios
  • a microdactilia é o caso en que se forman menos dedos do normal
  • a sindactilia é o caso en que aparecen os dedos unidos, quer pola pel (caso en que poden ser separados por cirurxía), quer pola fusión de dous ou máis ósos.

Os dedos están formados por dous ou tres ósos, chamados falanxes. As extremidades exteriores dos dedos están protexidas por unllas, que no home é unha lámina superior e noutros animais poden ter a forma de garras ou pezuños.

Dedos da man editar

 
Artigo principal: Dedo da man.

Os dedos da man humana foron un salto evolutivo, pois permitiu a estes animais a utilización de instrumentos, cos cales poden máis facilmente defenderse e modificar o medio ambiente (Edgar Morin, no seu O paradigma perdido refírese á dialéctica "pé-man-cerebro").

Os dedos móvense (novamente, con excepción do polgar, no ser humano) por acción de tendóns ligados a músculos no antebrazo e doutros pequenos músculos que ligan as falanxes. O polgar movese por acción dos músculos flexores e rotadores, que se encontran na palma da man, unidos ao primeiro metacarpiano.

Nomenclatura editar

 
Este é o miudiño,
este é o seu sobriño,
este o maior de todos,
este o furabolos
e este o matapiollos.

A pel da parte interna dos dedos ten na última falanxe unha elevada concentración de terminais nerviosas, constituíndose no centro do sentido do tacto; isto permite, por exemplo, a lectura en braille. Alén diso, esta pel ten unha textura especializada para a prensión, que dá orixe ás impresións dixitais.

Dedas editar

 
Dedas dunha muller.
Artigo principal: Deda.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar