Dedo maior
Dedo medio, dedo do medio, maior[1] ou pai de todos[2] é un dedo quirodáctilo situado na rexión central da man, entre o dedo índice e o anular.
Dedo maior | |
---|---|
![]() | |
Dedo maior | |
Latín | digitus medius |
Como xesto obsceno editar
Na cultura occidental este xesto popular é utilizado para ofender. Na Grecia Antiga o dedo medio estendido coñecíase como κατάπυγον (katapugon, de kata -κατά-, "para baixo" e pugē -πυγή- "nádegas") e as primeiras referencias deste dedo estendido para insultar outra persoa aparecen na comedia grega antiga, onde o termo katapugon tamén significaba "un home (ou unha muller, katapugaina) que se somete a penetración anal.
Este dedo tamén aparece nomeado como impudicus digitus (dedo atrevido) en antigos escritos romanos e ese uso probabelmente se xeneralizou en moitas culturas debido á influencia xeográfica do Imperio Romano e a civilización greco-romana. Outra posíbel orixe dese xesto pode encontrarse no século I no Mediterráneo, onde estender o dedo foi un dos moitos métodos usados para desviar a ameaza sempre presente do mal de ollo.
Notas
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para maior.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pai.